A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 2013

Outras: 2013

  1. Moncho Valcarce

    Homenaxe a Moncho Valcarce nas Encrobas no vixésimo cabodano do seu pasamento

    2 de Agosto do 2013 · 

    A romaría labrega que o Sindicato Labrego Galego organiza todos os anos nas Encrobas coincidirá neste 2013 coa celebración do vixésimo cabodano do pasamento de Moncho Valcarce, un dos fundadores da nosa organización e fito no agrarismo e nos movementos sociais do noso país. Será o 31 de agosto, e organiza a Irmandade Moncho Valcarce.

  2. Fouce

    A loita contra a minaria salvaxe e destrutiva promovida pola Xunta na Galiza ocupa a portada do Fouce 297

    2 de Agosto do 2013 · 

    O Fouce 297 vén de saír do prelo con 6 das súas 32 páxinas dedicadas a facer crónica do que deu de si a loita contra a minaría salvaxe promovida pola Xunta na Galiza durante os últimos meses. Ademais, cuestións como os últimos movementos na reforma da futura Política Agraria Común, a traizón do PP ao sector lácteo galego coa Lei da Cadea Alimentaria, a VI Conferencia Internacional da Vía Campesina ou entrevistas a María Ferreiro e Dora Cabaleiro, teñen tamén un lugar destacado no voceiro do Sindicato Labrego Galego.

  3. Ponte da Regada

    O Sindicato Labrego apoia a manifestación en Santiso e Arzúa para esixir a reparación da ponte da Regada

    19 de Xullo do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego das comarcas de Arzúa e Melide quere expresar o seu total apoio ás reivindicacións dos veciños e veciñas das parroquias afectadas polo corte da ponte da Regada e á convocatoria dunha manifestación, o vindeiro 20 de xullo, realizada pola Asociación O Noso Lar, de Visantoña.

  4. Leite Senado

    O PP de Galicia traizoa ao sector lácteo cunha Lei da Cadea Alimentaria que permite seguir vendendo a perdas

    12 de Xullo do 2013 · 

    De nada serviron as promesas do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando no contexto da folga de entregas de leite de novembro de 2012 asegurou que ía traballar para que a futura Lei da Cadea Alimentaria non permitise a venda de leite a perdas ou por baixo dos custes de produción. Tampouco serviron de nada xuntanzas mantidas con deputados do PP de Galicia no Congreso, como Xaquín García Díez, ou co senador Xosé Manuel Barreiro. A Lei da Cadea Alimentaria aprobada polo Senado, o 11 de xullo, cos votos favorables dos senadores e senadoras do PP de Galicia, “constata os temores que tiñamos no sector produtor, ao que se deixa sen ferramentas eficaces para protexerse dos abusos das industrias e da distribución”, en palabras da secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane.

  5. Acción COAG Senado

    Unha comitiva do SLG no Senado para que a Lei da Cadea Alimentaria prohiba vender por baixo de custes

    10 de Xullo do 2013 · 

    Unha delegación do Sindicato Labrego Galego viaxou até Madrid, o 9 de xullo, para participar nun acto reivindicativo convocado pola Coordenadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) diante do Senado para demandar que a futura Lei da Cadea Alimentaria inclúa no seu articulado a prohibición de vender por baixo dos custes de produción, antes da súa votación por senadores e senadoras o 11 de xullo. A comitiva do SLG estivo formada pola súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane (primeira pola dereita na imaxe que se remite), e outros membros da Executiva como Xosé Luís López Galán, Carme Garrote ou Adolfo Cabarcos (na mesma fotografía, seguen nesa orde a Vilalba cara á esquerda).

  6. Xabier Gómez Santiso

    O SLG agarda que o PP cumpra os seus compromisos co sector lácteo galego e inclúa na Lei da Cadea Alimentaria a prohibición de vender por baixo dos custes de produción

    8 de Xuño do 2013 · 

    O pasado 7 de xuño, celebrábase unha xuntanza en Lugo entre as tres organizacións agrarias galegas e o senador do PP, Xosé Manuel Barreiro. Sobre a mesa, a futura Lei da Cadea Alimentaria, que se atopa agora en trámite parlamentario. Despois deste encontro, o Sindicato Labrego Galego, que estivo representado por Xabier Gómez Santiso, agarda que os populares se manteñan firmes no seu compromiso de buscar fórmulas que permitan incluír nesta lei a prohibición de vender leite e outros produtos agrarios por baixo dos custes de produción.

  7. Isabel Vilalba

    Isabel Vilalba: "A libre competencia defendida polo Goberno é liberdade das industrias para extorsionar ás explotacións"

    28 de Maio do 2013 · 

    A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, xunto aos representantes das outras organizacións agrarias, mantiveron un encontro co delegado do Goberno en Galiza, Samuel Juárez, o pasado 28 de maio. A intención desta xuntanza era expresarlle a Juárez o malestar dos sectores agrogandeiros galegos, especialmente o lácteo, por non terse introducido na Lei da Cadea Alimentaria a prohibición de vender por baixo dos custes de produción.

  8. Hula

    Os recortes no Hospital Lucus Augusti son recortes nas vidas das persoas do medio rural lucense

    25 de Maio do 2013 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego unímonos á petición de servizos de hemodinámica, radioterapia e medicina nuclear para que o Hospital Universitario Lucus Augusti (Hula) poida ofrecer un tratamento integral aos e ás lucenses que padecen cancro ou doenzas cardíacas.

  9. Non hai imaxe

    O SLG insta a Feijóo e ao PP a defender unha Lei da Cadea Alimentaria que prohiba vender por baixo dos custes

    16 de Maio do 2013 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego, instamos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a poñerse do lado dos labregos e labregas da Galiza expresando publicamente o seu rexeitamento ao informe da Comisión Nacional da Competencia (CNC) sobre o borrador da Lei da Cadea Alimentaria. Como xa denunciou o SLG, este informe pretende abortar a introdución de prohibir as vendas por baixo dos custes de produción no texto definitivo da lei.

  10. queremos galego

    O Sindicato Labrego apoia a manifestación do 17 de maio convocada en Compostela por Queremos Galego

    16 de Maio do 2013 · 

    Neste 17 de maio, dende o Sindicato Labrego Galego queremos manifestar o convencemento de que hoxe máis ca nunca é preciso un compromiso inquebrantable de todos os galegos e galegas coa lingua galega, coa nosa cultura e cos demais bens que forman parte da nosa identidade como pobo. Desexamos salientar o valor de compromisos vitais como Vidal Bolaño, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2013, a prol dunha creación cultural galega con fe en si mesma e na sociedade na que nace, e con capacidade de traducir en termos de universalidade a nosa particularidade. Temos a irrenunciable necesidade de enfrontar as numerosas medidas que agriden e desprezan a nosa lingua, a nosa cultura, que non dubidan en esquilmar a nosa terra e o noso medio natural, emprobrecendo tamén á maioría das persoas, con retrocesos históricos a nivel de dereitos.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. Seguinte