A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 2013

Outras: 2013

  1. cnc

    A Comisión Nacional da Competencia arremete para deixar a Lei da Cadea Alimentaria sen contido

    10 de Maio do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego pide ao Ministerio de Agricultura que tome partido polas explotacións e polos labregos e labregas e inclúa no articulado da Lei da Cadea Alimentaria a prohibición de que se impoñan prezos por baixo dos custes de produción, unha práctica a todas luces abusiva que arruinou e segue a arruinar a miles de explotacións e que atenta contra os principios máis básicos das relacións comerciais. E esa toma de partido tense que traducir en desautorizar o informe que vén de publicar a Comisión Nacional da Competencia (CNC) no que arremete, precisamente, contra esta prohibición por entender que “supón incluír no proxecto un mecanismo de fixación de prezos mínimos”.

  2. Folga no ensino

    O SLG apoia a folga do 9 de maio contra os recortes no ensino público e a Lei Wert

    8 de Maio do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego apoiará a folga do ensino de mañá, 9 de maio, por compartir coas entidades convocadoras o rexeitamento á Lei Wert e aos recortes que está a sufrir a escola pública que, coma sempre, se están a amosar especialmente cruentos cos centros escolares das zonas rurais de Galiza.

  3. Fouce

    A Lei da Cadea Alimentaria, a loita contra a morosidade ou os encontros de mulleres e mocidade da ECVC no Fouce 296

    29 de Abril do 2013 · 

    A tramitación da Lei da Cadea Alimentaria e a loita para que recolla a prohibición de vender por baixo dos custes de produción, os contratos no sector lácteo, a ofensiva xeneralizada da industria mineira en toda Galiza, os encontros europeos de mulleres e da mocidade da Vía Campesina en Teo e Budapest, ou a actualidade sobre conflitos relacionados coa morosidade de certas industrias como Lácteos Tambre ou varias adegas de Rías Baixas, ocupan boa parte das páxinas do número 296 de Fouce. Xa podes descargalo en pdf premendo na icona da parte inferior desta páxina.

  4. Xabier Gómez Santiso

    O texto da Lei da Cadea Alimentaria aprobado polo Consello de Ministros segue sen prohibir a venda de produtos agrogandeiros por baixo dos custes

    13 de Febreiro do 2013 · 

    A falta dunha análise polo miúdo, a nova Lei da Cadea Alimentaria supón unha xerra de auga fría para o agro galego e do Estado, ao non prohibir que industrias e intermediarios poidan seguir pagando prezos en orixe por baixo dos custes de produción. Desta maneira, o Ministerio de Agricultura avala as prácticas mafiosas de industrias como moitas do sector lácteo que, na actualidade, pagan o litro de leite a un prezo medio de 31 céntimos, un valor moi por debaixo dos 40 céntimos que custa producilo e que está levando a moitas explotacións do noso país á ruína.

  5. Fouce

    O número 295 de Fouce xa está na rúa

    7 de Febreiro do 2013 · 

    O último número de Fouce xa saiu do prelo con novas de actualidade como o Encontro de Mulleres, a Festa de Inverno no mercado de Teo, a folga de entregas no sector lácteo e as súas primeiras consecuencias ou as mobilizacións sociais contra os recortes en dereitos e servizos públicos nas que estivo implicado a fondo o Sindicato Labrego Galego.Se queres botarlle unha ollada antes de lelo na edición impresa, podes descargar o pdf no enlace que hai ao final desta páxina

  6. Queremos Galego

    O SLG apoia a manifestación do 27 de xaneiro convocada por Queremos Galego en defensa da nosa lingua

    25 de Xaneiro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego, como membro da Plataforma Queremos Galego, apoia a manifestación do domingo, 27 de xaneiro, en Santiago de Compostela (ás 12:00 horas na Alameda), baixo o lema “Pola lingua que nos une”.

  7. Inauguracion ordes

    O Sindicato Labrego inaugurou en Ordes un novo local para mellorar o servizo prestado á súa afiliación

    23 de Xaneiro do 2013 · 

    O Sindicato Labrego Galego inaugurou hoxe, 23 de xaneiro, o seu novo local na vila de Ordes para atender a afiliación de toda a comarca. Este novo inmoble foi adquirido en virtude do convenio de colaboración asinado en 2008 entre as tres organizacións agrarias e a Xunta, e atópase nas galerías comerciais xunto á Alameda de Ordes, na rúa Alfonso Senra nº 117.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3