A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 2015

Outras: 2015

  1. O SLG inicia unha campaña informativa sobre o catastrazo na Fonsagrada, Baleira e A Pastoriza

    Suba IBI 13 de Xullo do 2018 · 

    Cunha charla que tivo lugar no salón de actos co Concello da Fonsagrada, o Sindicato Labrego Galego iniciou esta semana unha campaña informativa sobre o catastrazo e as súas consecuencias que o levará tamén até Baleira e A Pastoriza.

  2. O Sindicato Labrego Galego crea unha Coordinadora de cara a constituír a súa Secretaría das Persoas Xubiladas

    Olga Otero 7 de Xullo do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou hoxe, 7 de xullo, unha asemblea en Lugo na que creou unha Coordinadora que guiará o proceso para constituír, no seu vindeiro congreso, a que será a Secretaría das Persoas Xubiladas, un órgano dentro da organización sindical que centrará o seu traballo naquelas cuestións propias deste sector da afiliación.

  3. A multitudinaria manifestación contra a mina de Touro O Pino na portada do Fouce 320, xa dispoñible na nosa web

    Fouce 320 5 de Xullo do 2018 · 

    A multitudinaria manifestación que asolagou as rúas de Compostela contra a mina de Touro e O Pino ocupa o centro da portada do Fouce 320, que vén de saír do prelo e enviarase ás parroquias galegas ao longo da vindeira semana. Ademais, tratamos outros temas como o do parque eólico de Pobra, os debates ao redor da reforma da PAC, a campaña contra o PXOM de Curtis ou a denuncia das irregularidades de Erimsa.

  4. O Sindicato Labrego Galego convoca unha asemblea este sábado para crear a Secretaría das Persoas Xubiladas

    Persoas xubiladas 5 de Xullo do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrará en Lugo, este sábado 7 de xullo, unha asemblea á que acudirá unha representación da súa afiliación xubilada que, a pesares de terse retirado no plano laboral, aínda ten azos e ilusión para seguir traballando nas loitas nas que o Sindicato Labrego Galego está implicado.

  5. Xa podedes descargar a versión dixital do Fouce 319

    Fouce 319 30 de Maio do 2018 · 

    Hai un mes que publicamos a edición impresa do Fouce 319. Dende aquela, fomos publicando algúns contidos inéditos como a entrevista á viticultora Laura Lorenzo, a crónica da viaxe da mocidade labrega a Euskadi, o informe da Dirección de Horta sobre o ano 2017 ou a axenda de traballo da Dirección da Carne. Ademais, ocupan a portada as actividades e mobilizacións desenvolvidas pola Secretaría das Mulleres nun mes de marzo que será difícil esquecer. Agora, xa podes descargar o Fouce 319 íntegro en versión dixital en bit.ly/Fouce319

  1. Comedor escolar

    O SLG anima a Xunta e concellos a apostar pola proximidade e calidade no menú dos comedores escolares

    20 de Novembro do 2015 · 

    Tralas polémicas xurdidas nas últimas semanas ao redor da mala calidade e escasa sostenibilidade dos servizos de cátering en comedores escolares, e tras quedar deserto o concurso para adxudicar o fornecemento da alimentación dos centros educativos de Compostela, dende o Sindicato Labrego Galego animamos ao Concello de Santiago e ao resto de institucións responsábeis destes servizos na Galiza, especialmente a Xunta, a traballar e conseguir un consenso para que os alimentos mercados pola administración ou por empresas contratadas por ela reúnan unha serie de requisitos como ser cociñados e estar producidos, na medida do posible, no entorno do centro onde se van consumir ou na Galiza; e con criterios de ecoloxía e sostenibilidade nos métodos de cultivo, na súa elaboración e transporte.

  2. Fouce 309

    As mobilizacións do sector lácteo a fondo no Fouce 309

    13 de Novembro do 2015 · 

    Tralas vacacións do verán e ben entrado o outono, temos un novo Fouce na rúa. Desta vez, e como non podía ser menos, boa parte do periódico vai dedicada á crise do sector lácteo e á campaña de mobilizacións que se viviron durante os meses estivais. Ademais, hai textos sobre a vendima, a caída de prezos noutros sectores gandeiros como o da carne de vacún ou o cunícola, a desigualdade no reparto das axudas da PAC, os progresos na redacción dunha Carta de Dereitos Labregos por parte da ONU, ou a chegada a terras galegas da Caravana Feminista organizada pola Marcha Mundial das Mulleres. Estas e outras moitas cuestións no Fouce 309, que podes descargar na icona que atoparás no remate desta páxina.

  3. Concello de Cospeito

    O Concello de Cospeito duplícalle o IBI a máis de 700 persoas propietarias de fincas da parcelaria de Goá

    19 de Outubro do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego da Terra Chá vén de constatar a duplicidade no cobro do Imposto de Bens Inmobles (IBI) ás fincas da parroquia de Goá (Cospeito) que participaron dun proceso de concentración parcelaria finalizado en 2013, ano en que se escrituraron as parcelas. O caso é que o Concello de Cospeito, responsable desta taxa que cobra a través dos servizos recadatorios da Deputación de Lugo, vén de impoñerlle ás persoas propietarias das fincas, que son máis de 700, o IBI das novas parcelas concentradas e o das antigas fincas antes do proceso de concentración.

  4. Mocidade labrega

    Vilar de Santos acolleu o primeiro encontro da mocidade en clave de (Re) do Sindicato Labrego Galego

    16 de Outubro do 2015 · 

    O pasado 14 de outubro celebrouse en n'A Arca de Noé, en Vilar de Santos (Ourense), un encontro de labregos e labregas baixo o denominador común da súa mocidade e a intención de (Re)inventar a agricultura e o medio rural. Foi o primeiro dunha serie de encontros en clave de (Re) para pensar, dialogar e soñar de cara a transformar e construír, (Re)construír, a realidade.

  5. Convocatoria Xermade

    O SLG apoia as demandas da ANPA de Xermade e participará na concentración de denuncia deste mércores

    4 de Outubro do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu apoio e solidariedade coas familias de Xermade que teñen nenos e nenas no centro escolar deste municipio lucense. Tal e como denunciou en reiteradas ocasións a asociación de pais e nais (ANPA), os nenos e nenas de Xermade, tralo recorte de catro profesionais no cadro de persoal da escola, quedaron nunhas condicións moi afastadas de ver cuberto o seu dereito á educación como si acontece con outros nenos e nenas de concellos da contorna. A redución do cadro de persoal do centro prodúcese, precisamente, nun ano no que aumentou o número de alumnos e alumnas con respecto ao curso pasado.

  6. Vacas en Vilar de Ousón

    O SLG denuncia a imposición de multas a rabaños de vacas en Becerreá que criminalizan a actividade gandeira

    25 de Septembro do 2015 · 

    Vilar de Ousón, na parroquia de Cruzul (Becerreá), ten unha soa pista de acceso. Por ela só circulan os vehículos que teñen as cinco familias que aínda viven na aldea, camiñan veciñas e veciños e transitan os rabaños de vacas das poucas granxas que aínda quedan en activo e que foi o medio de vida, xeración tras xeración, das familias que aquí moraron.

  7. Fouce 308

    A crise do sector lácteo, a fondo no Fouce 308

    14 de Xullo do 2015 · 

    A apertada axenda das últimas semanas fixo que esquecésemos nun caixón o último Fouce, o número 308, que se imprimiu o 6 de xullo. Así, cun pouquiño de atraso, compartimos con vós o noso voceiro que desta vez, como non pode ser menos, leva varias páxinas dedicadas ao sector lácteo. Ademais, atoparedes reportaxes en profundidade de Gandería Louzao e Granxas de Lousada, unha análise do desmantelamento da Consellaría de Medio Rural por parte do actual Goberno da Xunta, un texto de presentación da nova responsábel do sector de Horta -Belén Fervenza-, ou como está a impactar o colapso do Banco de Terras na xente moza que quere incorporarse á actividade agraria. Estes temas e moitos máis no Fouce 308. Para descargalo, preme AQUÍ

  8. Cabeceira Fouce 307

    A crise do sector lácteo e a fin do sistema de cotas no Fouce

    19 de Maio do 2015 · 

    O Fouce 307, como non podía ser doutro xeito, vén cargado de información referente ao sector lácteo e centrada en dous temas fundamentais: a crise de prezos e a fin do sistema de cotas. Ademais, tamén se dá conta de efemérides coma o 17 de abril ou o 8 de marzo, de eventos como a asemblea xeral da Coordinadora Europea da Vía Campesina ou o Encontro Anual da Secretaría das Mulleres do SLG e, como non, da actualidade de sectores produtivos como o da pataca, o cunícola, o apícola ou o de horta. E falando deste último, tamén adiantamos un resume do relatorio que se someterá a debate no Congreso de Horta, Froita e Flor do SLG, que se celebrará na parroquia de Tabeirós (A Estrada) o vindeiro 31 de maio. Todo isto e moito máis no Fouce 307. Podes descargalo AQUÍ ou na icona que atoparás no remate desta páxina.

  9. No rexistro

    1.500 sinaturas da veciñanza de Muimenta para defender o seu dereito a unha atención sanitaria digna

    22 de Abril do 2015 · 

    O 20 de abril, representantes de varios colectivos da Terra Chá presentaron no rexistro xeral da Xunta de Galicia en Lugo 1.500 sinaturas pedindo que se manteña operativo ao 100% o centro médico de Muimenta con 1 médico ou médica e 1 ATS no horario de atención habitual do que veu gozando nos últimos anos. A maiores, as persoas que asinaron denuncian a redución do horario de atención neste centro de saúde.

  10. Fouce 306

    O SLG publica o último Fouce antes de que desapareza o sistema de cotas e nun momento crucial para o sector lácteo

    2 de Marzo do 2015 · 

    O Fouce 306 chegará esta semana a miles de fogares do noso rural. Se ti tamén queres lelo, podes descargalo en pdf premendo AQUÍ ou na icona que hai ao final desta páxina. Ademais da actualidade do mundo agrario, neste número entrevistamos a Marcos Celeiro para afondar no conflito aberto por Cementos Cosmos en Triacastela; a Xulia Alonso, voceira da Plataforma Galega de Persoas Afectadas pola Hepatite C; e a Emilio Carral e Xoán Carlos Carreira, autores do libro “O pequeno é grande. A agricultura familiar como alternativa: o caso galego”.

  1. 1
  2. 2
  3. Seguinte