A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 2016

Outras: 2016

  1. Lei Cadea Alimentaria

    O Ministerio de Agricultura argalla para desvirtuar aínda máis a xa feble Lei da Cadea Alimentaria

    20 de Septembro do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego e a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) opoñémonos rotundamente ás últimas modificacións presentadas polo Ministerio de Agricultura nos estudos da cadea de valor de alimentos como allo, cebola, cenoria, mazá, pera, coello, polo e leite,porque suporían un atranco á transparencia ao longo da cadea e na relevancia e utilidade dos mesmos.

  2. Xuntanza SLG-En Marea

    O SLG presenta aos partidos políticos do 25-S a folla de ruta para dinamizar a Galiza labrega e rural

    8 de Septembro do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de iniciar unha rolda de contactos cos principais partidos políticos que se presentan ás Eleccións Galegas do 25 de setembro para compartir con eles un programa de accións necesarias para termos un medio rural vivo no que a agricultura, a gandería ou a silvicultura sexan motores dos espazos rurais, contribuíndo á creación de emprego, á dinamización social e económica, a garantir unha alimentación de calidade e a preservar a biodiversidade e a nosa riqueza paisaxística e cultural. De seguido, compartimos con vós un extenso resume das nosas propostas políticas. Se queredes acceder ao documento completo, podedes descargalo na icona que atoparedes no remate desta páxina.

  3. Puños

    Concentración aberta de plataformas, colectivos e organizacións este sábado a prol dos dereitos sociais

    6 de Septembro do 2016 · 

    A Plataforma PROSERSO (Plataforma de Traballadoras e Traballadores sociais en defensa da profesionalización dos Servizos Sociais nas Administracións Públicas) está a coordinar a convocatoria aberta dunha concentración, este sábado 10 de setembro na praza do Toural, para chamar a atención dos partidos políticos que concorren ás eleccións sobre a vulneración dos dereitos sociais que está a padecer o pobo galego en todos os ámbitos e sectores. Dende o Sindicato Labrego Galego apoiamos esta convocatoria. De seguido, transcribimos o comunicado co que PROSERSO chama a organizacións, colectivos e plataformas a sumarse a esta acción:

  4. Fouce 312

    Análises a fondo sobre o sector lácteo, a influencia do cambio climático no viñedo ou a Lei do Solo no Fouce 312

    11 de Xullo do 2016 · 

    Un novo número do Fouce, o 312, chegará esta semana ás parroquias galegas. Nesta ocasión, volve ter protagonismo ás novas dos últimos meses no sector lácteo e todo o traballo desenvolvido polo Sindicato Labrego Galego en institucións como o Parlamento Europeo, a AICA ou a Consellaría de Medio Rural. Tamén se tratan a fondo cuestións como a nova Lei do Solo, a influencia do cambio climático no cultivo do viñedo, a campaña a prol dun reparto igualitario da terra en Europa ou a excesiva fiscalidade nas axudas de incorporación de xente nova ao agro. Estes e moitos máis temas nas páxinas dun novo Fouce que podes descargar na icona ao final desta páxina.  

  5. AEAT

    O SLG insta á Medio Rural a solucionar a excesiva e contraditoria fiscalidade nas axudas de incorporación

    18 de Xuño do 2016 · 

    As axudas para a incorporación de xente nova á actividade agraria teñen como función apoiar o inicio na actividade profesional de mozos e mozas que apostan o seu futuro laboral a oficios relacionados coa agricultura ou a gandería. Trátase dunha liña de subvencións esencial para un agro perigosamente envellecido no que, segundo os últimos datos estatísticos publicados, correspondentes a 2013 para Galiza, o 60% dos e das profesionais superaban os 60 anos de idade, o 35% tiña entre 40 e 60 anos, e tan só o 5% era menor de 40.

  6. Andres Bodalo

    O Sindicato Labrego Galego dirixe un escrito ao Ministerio de Xustiza solicitando o indulto de Andrés Bódalo

    1 de Xuño do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego presentou un escrito dirixido ao ministro de Xustiza, Rafael Catalá, solicitando o indulto de Andrés Bódalo, xornaleiro e dirixente do SOC-SAT, que cumpre condena de prisión dende o 30 de marzo por unha protesta realizada no ano 2012 en demanda de emprego e prestacións sociais para os traballadores e as traballadoras do campo.

  7. Muralla de dignidade

    O SLG estará mañá en Lugo coas Marchas da Dignidade en defensa da clase labrega e da soberanía alimentaria

    27 de Maio do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego, como organización sindical integrante da Plataforma Galega polas Marchas da Dignidade apoiará a manifestación de mañá, 28 de maio, en Lugo baixo o lema “Muralla de Dignidade”. Como organización agraria que defende os intereses dos labregos e labregas de Galiza, sóbrannos razóns para saír á rúa para expresar a nosa indignación contra uns gobernos -Compostela, Madrid, Bruxelas- que gobernan para beneficiar a grandes empresas e capitais en detrimento dos dereitos e recursos do pobo.

  8. José Miguel Herrero

    O SLG reuniuse co director da AICA para denunciar a compra a perdas de leite no 77% das granxas galegas

    10 de Maio do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, xunto con Andoni García, da Executiva de COAG e EHNE-Bizkaia, mantiveron, o 9 de maio, un encontro en Madrid co director da Axencia de Información e Control Alimentarios (AICA), José Miguel Herrero, para facilitarlle a documentación necesaria para que inicie unha investigación sobre a compra a perdas de leite ás granxas galegas no último ano. Ademais, Isabel e Andoni solicitaron do director da AICA que estudie a posibilidade de elevar a denuncia á Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) e ás autoridades competentes da Xunta.

  9. Charla catastro Muras

    Graves erros nas regularizacións catastrais de Muras implican a perda de miles de euros para granxas e veciñanza

    2 de Maio do 2016 · 

    A Xerencia Territorial do Catastro está a cometer de maneira xeneralizada erros na catalogación dos inmobles de Muras no marco das regularizacións catastrais que está a facer dende o 26 de xuño de 2015 e que rematarán o vindeiro 30 de xullo. Polo que puidemos constatar no SLG, tras revisar unha boa cantidade de notificacións e tras manter unha reunión informativa coa veciñanza afectada, o 27 de abril, a práctica totalidade das comunicacións tran erros de importancia considerable.

  10. Fouce 311

    A crónica do IX Congreso do SLG abre o Fouce 311

    27 de Abril do 2016 · 

    Coa tinta aínda quente, comeza a chegar o Fouce 311 ás parroquias. Poderedes atopar nas páxinas deste número unha extensa crónica do que deu de si o IX Congreso do SLG; amplas reportaxes sobre o sector lácteo e sobre o primeiro sistema participativo de garantía na Galiza, A Gavela); e entrevistas a Paula Gioia, activista da Vía Campesina, e Belén Mellado Franco, co-fundadora da destilaría Alicornio. Iso e moito máis no voceiro do Sindicato Labrego Galego. Podes descargalo en pdf premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. Seguinte