A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Outras>
  4. 2017

Outras: 2017

  1. Velutina

    A desidia na xestión de pragas da Xunta e da Consellaría de Medio Rural ameaza mel, castaña e pataca na Galiza

    12 de Septembro do 2017 · 

    Sexa por falta de medios, sexa por pura desidia e unha máis que deficiente xestión, á Consellaría de Medio Rural xa hai tempo que se lle foron das mans tres pragas que están a poñer en xaque tres importantes sectores produtivos galegos: a avespa velutina no sector apícola, a couza guatemalteca no da pataca e a avespiña do castiñeiro.

  2. Foro LGTBI rural

    Onde queda o activismo LGTBI nas organizacións labregas?

    11 de Septembro do 2017 · 

    Co Fouce 316 a piques de pasar polo prelo, recuperamos do Foro LGTBI que celebramos en xuño un resume da palestra “Onde queda o activismo LGTBI nas organizacións labregas?”, que se publicará en breve no noso voceiro. Esta palestra foi, quizais, unha das máis agardadas do Foro, pois nela representantes de sindicatos agrarios tiñan que falar e debater sobre o que se estaba a facer pola cuestión LGTBI no seo das súas organizacións.

  3. Son Labrego

    Sarria acollerá o Festival Son Labreg@, un evento lúdico, reivindicativo e para a reflexión centrado no medio rural

    22 de Agosto do 2017 · 

    O 2 de setembro, o Sindicato Labrego Galego, coa colaboración das asociacións O Buril e Os Gorriós, organiza o Festival Son Labrego en Sarria, onde se combinarán espazos de debate ao redor de cuestións relacionadas co medio rural; con eventos máis lúdicos como as actuacións musicais de Desviaos, Maskarpone, Xenderal ou O Leo i Arremecághona. Tes todo o programa e particularidades deste evento no programa que detallamos a continuación.

  4. Hórreo LGTBI

    O SLG celebra un foro para introducir a cuestión LGTBI na axenda agraria e desfacer o falso tópico do rural LGTBfóbico

    19 de Xuño do 2017 · 

    Medio cento de persoas participaron, o pasado sábado 17 de xuño, no Foro de colectivos de gais, lesbianas, transexuais e bisexuais (LGTBI) “O rural galego entende. Faite ver”. A actividade foi organizada pola Asociación Punto Delas coa colaboración do Sindicato Labrego Galego e o financiamento da Deputación da Coruña.

  5. Urna consellos reguladores

    Os atrancos para votar por correo nas eleccións a consellos reguladores compromete o dereito ao voto

    19 de Xuño do 2017 · 

    O voto por correo existe para facilitar o exercicio deste dereito a persoas que, por un motivo ou outro, non poden exercelo en circunstancias normais. No caso das eleccións aos consellos reguladores, que se celebrarán o vindeiro 9 de xullo, o voto por correo é tan complicado, cando non máis, como o voto en urna, moi dificultoso este último polas escasas mesas electorais onde votar.

  6. Rolda SLG LGTBI

    O SLG organiza un foro LGTBI este sábado en Arzúa para “sacar do armario os sindicatos agrarios”

    13 de Xuño do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu, o 12 de xuño, unha rolda de prensa para presentar o primeiro Foro LGTBI “O rural galego entende. Faite ver”, co que se pretende abordar colectivamente a situación actual das persoas e comunidades LGTBI que residen no entorno rural ou que teñen relación co campo. Desta maneira, crearemos un espazo para dar visibilidade a unha realidade que pouco ten que ver cos estereotipos do colectivo LGTBI que amosan, decotío, un sector poboacional eminentemente urbano. Precisamente, un dos obxectivos do foro é “desurbanizar a axenda LGTBI e deconstruír a ruralfobia latente dentro e fóra deste movemento”.

  7. Foro LGTBI

    O 17 de xuño, o Sindicato Labrego Galego celebra en Arzúa o primeiro Foro LGTBI “O rural galego entende”

    6 de Xuño do 2017 · 

    Xa queda menos para que celebremos o primeiro Foro LGTBI “O rural galego entende”, que será o vindeiro sábado 17 de xuño na Casa da Curiscada (Burres, Arzúa). De seguido, compartimos contigo o programa, que podes descargar con máis resolución nesta mesma páxina. Se precisas máis información, podes resolver as túas dúbidas en rural.lgtbi@gmail.com Se queres inscribirte, tamén está activo o formulario para facelo en: bit.ly/FormularioLGTBIrural

  8. fouce 315

    Fouce 315: Da campaña contra a granxa das 20.000 vacas ás eleccións a consellos reguladores do 9 de xullo

    2 de Xuño do 2017 · 

    O Fouce 315 está chegando ás parroquias con moita información dos principais aconteceres en relación co agro, o rural e o SLG dos últimos meses: o noso congreso de vacún de carne, a campaña contra a granxa das 20.000 vacas, a couza guatemalteca, as mobilizacións do sector vitícola en demanda de axudas polas xeadas, o corenta aniversario da loita das Encrobas, etc. Tamén, neste número, un especial sobre as eleccións a consellos reguladores, que se celebrarán o vindeiro 9 de xullo. Podes descargar o teu exemplar en: bit.ly/Fouce-SLG

  9. Queremos Galego

    Queremos Galego convoca unha grande manifestación de unidade a favor da nosa lingua en Santiago o 17 de maio

    16 de Maio do 2017 · 

    A plataforma cidadá Queremos Galego, composta por máis de 500 colectivos sociais de todo tipo entre os que se atopa o Sindicato Labrego Galego, convoca para este 17 de maio unha manifestación baixo o lema “en galego sen límites”. A marcha percorrerá as rúas de Santiago de Compostela saíndo ás 12h da Alameda.

  10. Burocracia

    O SLG denuncia un desastroso sistema de xestión administrativa que pon en perigo millóns en axudas agrarias

    30 de Abril do 2017 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego queremos denunciar unha preocupante deriva de desidia administrativa, que afecta transversalmente toda a Xunta de Galicia, e que se pode traducir na perda da varias liñas de axudas esenciais para a a viabilidade das nosas granxas.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. Seguinte