As negociacións da Política Agraria Común entran nun momento decisivo a nivel europeo e estatal, que culminará na primavera de 2021 cando o Ministerio publique o borrador do chamado Plano Estratéxico Nacional, establecendo como van ser empregados os 34.124 millóns de pagos directos, os 5.069 millóns de medidas de mercado e os 8.531 millóns de desenvolvemento rural no Estado Español. Se se elixen como criterios para o reparto os dereitos históricos e a superficie, Galiza quedará unha vez máis marxinada na nova PAC e seguiremos con tristes records en aldeas abandonadas, número de incendios, expolio do rural ou destrución de emprego.A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, analízao neste artigo cuxa versión en castelán podes descargar no remate desta páxina.
Nesta sección poderás atopar todas as propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). Tamén incluímos as estratexias a través das que a UE quere camiñar cara ao obxectivo de converterse no primeiro continente neutro dende o punto de vista climático e que afectarán de cheo ás políticas agrarias: O Pacto Verde.
O Sindicato Labrego Galego iniciou, en outubro, unha rolda de contactos cos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia para expoñerlles a necesidade de adoptar unha postura común de país para defender unha Política Agraria Común (PAC) que beneficie os nosos sectores agrogandeiros e a singularidade do noso rural (Puedes descargar la traducción íntegra al español del presente texto en el icono que encontrarás al final de esta página).
Máis que unha reforma da PAC é un gran cambio. Non é unha reforma porque o fondo segue igual, pero vai cambiar tanto que é moi probable que non cobremos o mesmo. Agora mesmo, non temos maneira de saber como imos quedar con estes cambios. O Ministerio de Agricultura xa o debería saber (e supoño que o sabe), pero non é público e o que imos sabendo da súa postura e a doutras comunidades autónomas é por xornadas ou por declaracións.
A Política Agraria Común é un fracaso non só na Galiza, senón en toda Europa. Cada tres minutos desaparece unha granxa na UE. E o obxectivo de equiparar as rendas das persoas labregas á media de cada Estado tampouco se conseguiu. Aínda que o modelo fracasou, a PAC no fondo non ten previsto cambiar.
En outubro, dende o Sindicato Labrego Galego enviámoslle unha carta aos e ás representantes de Galiza no Parlamento Europeo: os eurodeputados Francisco José Millán Mon (PP) e Nicolás González Casares (PSOE); é á portavoz do BNG nas institucións comunitarias, Ana Miranda. Nesta misiva, asinada por Sonia Vidal Lamas como membro do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), pedímoslles o seguinte:
O fondo da PAC non cambia, pero pode cambiar moito o que cobramos. De feito, os debates que hai no Estado e na Galiza son polos cartos, nada máis.Os outros debates non interesan e non saen nos medios de comunicación: prezos, custes de produción, renda, negociación colectiva dos prezos, desaparición da agricultura e da gandería familiar, quen nos alimenta, as consecuencias de que a UE sexa o maior importador e exportador de produtos primarios, as consecuencias dos tratados de libre comercio, as consecuencias da produtividade e competitividade infinitas, cando seremos o suficientemente grandes para o sistema agroalimentario, a función de labregos e labregas de ser subministradores de materia prima barata para a industria, a autoexplotación, a función das integradoras, a soberanía alimentaria, etc. Explicámoscho nesta segunda entrega dos Papeis da PAC (podes descargala ao remata da páxina).
As negociacións para deseñar a nova Política Agraria Común (PAC) para o período 2021-2027 comezaron en 2017. A intención inicial era comezar a aplicar a nova PAC en 2021, pero non vai ser posible até 2023. Como farán entón as autoriades comunitarias para desenvolver esta nova PAC? Explicámoscho de seguido. Podes descargar unha ficha didáctica con toda a explicación premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.
A PAC elimina labregos e labregas. Desde moitas instancias pénsase que a Política Agrícola Común debería cambiar substancialmente debido ao fracaso en canto ao mantemento da agricultura familiar no territorio e tamén polo fracaso en canto ao establecemento de rendas dignas para as produtoras e produtores. A substitución destes por explotacións intensivas que producen grandes cantidades de materia prima barata para a agroindustria e para a exportación parece imparable. Na teoría seguen dicindo que en Europa e en Galiza hai necesidade de numerosas persoas no territorio con producións diversificadas para responder á demanda duns alimentos de calidade. Na práctica non é posible soster a esas persoas no territorio: cada tres minutos desaparece unha granxa en Europa.
Partindo dunha análise non exhaustiva dos datos dos que dispoñemos, vemos que Galiza ten certas diferenciacións con respecto ao resto do Estado, se pensamos nos pagos actuais da PAC:
O Sindicato Labrego Galego pensa que a desigualdade das mulleres, o diagnóstico das súas causas e a abordaxe de modelos máis igualitarios non están entre as prioridades do Plan Estratéxico da PAC nin nos Regulamentos da PAC.
Un dos cambios máis importantes do novo periodo da PAC (2023-2027) vai ser a aplicación dos requisitos medioambientais. Neste artigo, elaborado polo técnico Andrés Castro, explícasenos como vai ser esa nova arquitectura verde (condicionalidade reforzada, ecoesquemas e agroambientais) e analiza polo miúdo a proposta que temos enriba da mesa do Ministerio para os ecoesquemas (podes descargar o texto completo en castelán na icona que atoparás no remata da páxina).
Sabemos que somos algo pesadas con isto da PAC, pero pensade que só no período 2014-2020 o Estado Español recibiu 47.500 millóns de euros de Europa neste concepto. Resulta incomprensible que semellante cantidade de cartos non estea fiscalizada pola sociedade no seu conxunto -especialmente na Galiza, a comunidade máis prexudicada polos criterios vixentes de reparto- pois con eses cartos decidimos sobre algo tan básico como os alimentos que levamos á boca.
O Sindicato Labrego Galego programou unha xornada formativa en Ribadumia, o vindeiro xoves 10 de decembro, baixo o título “O futuro da viticultura”. Será no salón de actos da Casa de Cultura de Ribadumia e contará coa técnica especialista en Política Agraria Común (PAC), Ana Rodríguez; e co responsábel do Sector do Viño do SLG e viticultor e adegueiro biodinámico, Bernardo Estévez.
O vindeiro luns, 30 de novembro, imos celebrar unha xornada técnica sobre o perído transitorio á nova Política Agraria Común (PAC) nos anos 2021-2022. Para facela, contaremos co/coa técnic@ Ana Rodríguez, que fará unha introdución sobre os cambios; e Andrés Castro, que explicará como nos van afectar eses cambios no noso traballo diario.
O 11 de decembro de 2019, a Comisión publicou a comunicación “Pacto Verde Europeo” para converternos no primeiro continente neutral no clima do mundo para 2050. No marco deste Pacto Verde, a comisión está publicando toda unha serie de medidas lexislativas e non lexislativas que van afectar ao noso sector nesta década (podes descargar o artigo traducido ao castelán premendo na iconta que atoparás ao remate desta páxina).
Con esta entrada inauguramos unha serie sobre as propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). De seguido, podes descargar a proposta de regulamento do Parlamento Europeo e do Consello para os plans estratéxicos que deben elaborar os estados membros no marco da PAC.
Seguimos coas propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). De seguido, podes descargar os anexos á proposta de regulamento do Parlamento Europeo e do Consello para os plans estratéxicos que deben elaborar os estados membros no marco da PAC.
Para dar continuidade ás propostas normativas para a nova PAC 2020-2027, compartimos aquí o regulamento do Parlamento Europeo e do Consello que modifica os regulamentos polo que se crea a organización común de mercados dos produtos agrarios; sobre os réximes de calidade dos produtos agrícolas e alimenticios; sobre a definición, descrición, presentación, etiquetaxe e protección das indicacións xeográficas dos produtos vitivinícolas aromatizados; polo que se establecen medidas específicas no sector agrícola en favor das rexións ultraperiféricas da UE; e polo que se establecen medidas específicas no sector agrícolas en favor das illas menores do mar Exeo.
Un capítulo importante na nova normativa que rexerá a Política Agraria Común PAC 2020-2027 será o referente ao financiamento e xestión. De seguido, compartimos a proposta de regulamento do Parlamento Europeo e do Consello sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da Política Agraria Común.
A Comisión Europea presentou o Pacto Verde Europeo para a UE como un compromiso para responder aos desafíos do cambio climático e o medio ambiente, cuxa principal finalidade sería converter Europa no primeiro continente climaticamente neutral para o ano 2050. De seguido, compartimos o texto presentado pola Comisión Europea ao respecto ante o Parlamento Europeo.
Co-financiado polo Programa IMCAP da Unión Europea
Os contidos da presente sección representan unicamente as opinións do autor ou autora e é responsabilidade exclusiva del ou dela. A Comisión Europea non asume ningunha responsabilidade polo uso que puidera facerse da información contida en dito material.