Nestas semanas está a ter lugar no seo do Consello Económico e Social de Galiza (CES) o proceso de debate e emendas do denominado “Anteproxecto de Lei de Mellora da Xestión do Ciclo Integral da Auga”, o cal modifica a Lei 9/2010 de Augas de Galicia. Este ditame do CES será remitido á Xunta de Galicia, para a súa posterior tramitación como Lei no Parlamento Galego, puidendo ter incorporado as achegas formuladas polo CES, ou non.
O Sindicato Labrego Galego vén de presentar alegacións contra o“Proxecto de drenaxe integral da concesión de explotación San Rafael n.º 2.946”, na parroquia de Touro (San Xoán), nos termos municipais de Touro e O Pino (A Coruña).
Con motivo da apertura de sobres vinculada á solicitude de explotación privada dos recursos hídricos dos lagos de As Pontes e Meirama, distintas organizacións sociais convocamos unha acción de protesta nas oficinas de Augas de Galicia en Santiago de Compostela.
Aquagest cobroulle á Gandería Calvo Varela de Cardama (Oroso) 78 € adicionais no seu último recibo en concepto de canon da auga. Dado que Aquagest opera en ducias de concellos galegos -moitos eminentemente gandeiros como Chantada, Ribadeo, Viveiro, Cabana, Rois, Betanzos, Zas, Vedra, Valdoviño, Val do Dubra, Santa Comba ou Arzúa- poderían estar afectadas miles de explotacións en toda Galiza.
Todas as promesas da Xunta á hora de non cobrarlle o canon da auga ás actividades agrogandeiras ou ás traídas veciñais do rural están resultando ser unha absoluta falsidade. Se en xaneiro de 2012, o SLG denunciaba o cobro do canon a unha traída construída e custeada pola veciñanza en 1968, nunha parroquia de Rois[1]; hoxe temos constancia das primeiras facturas por consumo de auga que lle cargan o canon a unha explotación leiteira de Cardama (Oroso).
O pasado venres, 22 de xuño, publicouse o Decreto 136/2012, polo que se aprobou o regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais. Aínda que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou no seu día que “estarán exentos os titulares de pozos e traídas particulares” e “a exclusión no canon da auga para a auga con fins agrogandeiros”, unha análise polo miúdo do decreto demostra que a Xunta e o seu presidente mentiron de novo nesta cuestión.
O Sindicato Labrego Galego rexistrou no Concello de Rois, o sábado 23 de xuño, catrocentas sinaturas de veciños e veciñas amosando a súa disconformidade coa Lei de Aguas e co cobro do canon a traídas veciñais e pozos particulares, trabuco que xa lle foi imposto a unha parroquia deste municipio por unhas instalacións custeadas e feitas pola veciñanza en 1968.
A Lei de Augas de Galicia supón a consideración da auga como unha mercadoría, con prezo. Establece un canon para todas as augas de calquera procedencia, que terán que pagar todas as persoas, vivendas e actividades. O Sindicato Labrego Galego vén de presentar alegacións ao “Borrador de orde pola que se aproban os modelos de declaración de autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura”.
O Sindicato Labrego Galego escolleu Rois para iniciar hoxe, 21 de xaneiro, unha campaña de denuncia e desobediencia civil contra o cobro do canon da auga a traídas veciñais e pozos do medio rural, unha campaña que ten como fin última esixir a derrogación da Lei de Augas de Galicia, que é a que posibilita que se nos estea cobrando polo dereito a beber e, polo tanto, polo dereito a vivir.
A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, acompañada de Manuel Docampo Paradelo, membro da Executiva desta organización agraria; acudiron hoxe, 9 de setembro, até a sede de Augas de Galicia para rexistrar un documento de alegacións (achégase xunto a este comunicado) contra o chamado “Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de réxime económico e financeiro do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais”. É dicir, o proxecto co que se pretende aprobar o canon da auga que, de ires para adiante, teremos que pagar todos os galegos e todas as galegas polo noso dereito a beber e, polo tanto, polo noso dereito a vivir.
Unha vintena de representantes das organizacións que forman parte da Plataforma contra a Lei de Augas, concentráronse hoxe, 13 de abril, diante da sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Compostela. A mobilización coincidiu cunha xornada formativa sobre a Lei de Augas e a súa inauguración a cargo do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.
Representantes das organizacións que forman parte da Plataforma contra a Lei de Augas desprazáronse, o 1 de abril, até a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa San Lázaro s/n, Compostela), para presentar alegacións aos estatutos de Augas de Galicia.
Máis de 2.000 persoas congregáronse, o 20 de marzo (antevéspera do Día Mundial da Auga) en Santiago de Compostela, para esixir do Goberno de Feijoó a derrogación da Lei de Augas de Galicia. A marcha cívica, convocada pola Plataforma Galega contra a Lei de Augas, partiu ás 12:30 horas da Alameda, e rematou na Praza da Quintana, onde representantes dasdiversas organizacións que integran este movemento contra a privatización da nosa auga deron lectura a un manifesto.