A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Medio Ambiente e Montes>
  4. Lei de augas>
  5. Ferrol contra a Lei de Augas

Ferrol contra a Lei de Augas

25 de Febreiro do 2011

Carme Freire ante o pleno de Ferrol

Grazas ao regulamento de participación cidadá do Concello de Ferrol, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, participou, o 24 de febreiro, no pleno municipal ferrolán para defender a derrogación da Lei de Augas de Galiza por atentar contra o dereito básico da cidadanía a beber e, por extensión, a vivir. Cos votos de PSOE, BNG e EU, a moción presentada por esta última formación política saíu cara a adiante, polo que o Concello de Ferrol se converte no primeiro na Galiza en pronunciarse a favor da derrogación da Lei de Augas. 

Para o Sindicato Labrego Galego é unha boa nova que unha das sete grandes cidades galegas, como Ferrol, se sume unha oposición cidadá contra a Lei de Augas que cada vez está a sumar máis adhesións. Neste senso, hai que lembrar a constitución, esta mesma semana, dunha Plataforma Galega contra a Lei de Augas. E é que a Lei de Augas non só afecta de cheo ao medio rural, senón que afecta a toda a cidadanía por privatizar e converter en obxecto de lucro e negocio un elemento básico para a vida como é a auga. 

Carme Freire no pleno de Ferrol