A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Lei de augas: 2011

  1. Defendemos no CES a xestión pública da auga e garantir o seu acceso por parte da poboación

    auga para todas 2 de Febreiro do 2022 · 

    Nestas semanas está a ter lugar no seo do Consello Económico e Social de Galiza (CES) o proceso de debate e emendas do denominado “Anteproxecto de Lei de Mellora da Xestión do Ciclo Integral da Auga”, o cal modifica a Lei 9/2010 de Augas de Galicia. Este ditame do CES será remitido á Xunta de Galicia, para a súa posterior tramitación como Lei no Parlamento Galego, puidendo ter incorporado as achegas formuladas polo CES, ou non.

  2. Alegamos contra a creación dunha nova balsa de residuos da mina de Touro-O Pino

    Balsa residuos-drenaxe 29 de Outubro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de presentar alegacións contra o“Proxecto de drenaxe integral da concesión de explotación San Rafael n.º 2.946”, na parroquia de Touro (San Xoán), nos termos municipais de Touro e O Pino (A Coruña).

  3. Contra a cobiza do oligopolio enérxético. Non á privatización dos lagos de Meirama e As Pontes

    ConcentraciónAugasDeGalicia 22 de Septembro do 2021 · 

    Con motivo da apertura de sobres vinculada á solicitude de explotación privada dos recursos hídricos dos lagos de As Pontes e Meirama, distintas organizacións sociais convocamos unha acción de protesta nas oficinas de Augas de Galicia en Santiago de Compostela.

  1. Entrega de alegacións

    O SLG alega contra un canon da auga que se lle poderá cobrar ás explotacións agrarias, ás traídas veciñais e comunitarias e aos pozos particulares

    9 de Septembro do 2011 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, acompañada de Manuel Docampo Paradelo, membro da Executiva desta organización agraria; acudiron hoxe, 9 de setembro, até a sede de Augas de Galicia para rexistrar un documento de alegacións (achégase xunto a este comunicado) contra o chamado “Proxecto de decreto polo que se aproba o regulamento de réxime económico e financeiro do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais”. É dicir, o proxecto co que se pretende aprobar o canon da auga que, de ires para adiante, teremos que pagar todos os galegos e todas as galegas polo noso dereito a beber e, polo tanto, polo noso dereito a vivir.

  2. Conselleiro

    A Plataforma Galega contra a Lei de Augas amósalle ao conselleiro Hernández a súa repulsa por privatizar o dereito dos galegos e das galegas a beber e a vivir

    13 de Abril do 2011 · 

    Unha vintena de representantes das organizacións que forman parte da Plataforma contra a Lei de Augas, concentráronse hoxe, 13 de abril, diante da sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Compostela. A mobilización coincidiu cunha xornada formativa sobre a Lei de Augas e a súa inauguración a cargo do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández.

  3. Alegacións

    O primeiro regulamento que desenvolve a Lei de Augas legaliza o negocio e a privatización da auga que a Plataforma veu denunciando dende a súa constitución

    1 de Abril do 2011 · 

     Representantes das organizacións que forman parte da Plataforma contra a Lei de Augas desprazáronse, o 1 de abril, até a Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa San Lázaro s/n, Compostela), para presentar alegacións aos estatutos de Augas de Galicia.

  4. Contra a Lei de Augas

    20 de marzo: Máis de 2.000 persoas esixen a derrogación da Lei de Augas en Compostela

    20 de Marzo do 2011 · 

    Máis de 2.000 persoas congregáronse, o 20 de marzo (antevéspera do Día Mundial da Auga) en Santiago de Compostela, para esixir do Goberno de Feijoó a derrogación da Lei de Augas de Galicia. A marcha cívica, convocada pola Plataforma Galega contra a Lei de Augas, partiu ás 12:30 horas da Alameda, e rematou na Praza da Quintana, onde representantes dasdiversas organizacións que integran este movemento contra a privatización da nosa auga deron lectura a un manifesto.

  5. A Lei de Augas de Galicia privatiza e ponlle prezo á auga.

    Documentación Lei de Augas

    7 de Marzo do 2011 · 

    Documentación variada sobre a Lei de Augas de Galicia. Presentacións, cartaces, texto do DOG, artigos de opinión. A lei de Augas invade competencias municipais, A Lei de Augas privatiza unha competencia de Galiza, A Lei de Augas de Galicia explicada, DOG da Lei de Augas, Non á privatización da AUGA, Plataforma contra a Lei de Augas e manifestación o 20 de marzo, O SLG informa (bando de 12-2010), Manifesto conxunto contra a Lei de Augas.

  6. Carme Freire ante o pleno de Ferrol

    Ferrol contra a Lei de Augas

    25 de Febreiro do 2011 · 

    Grazas ao regulamento de participación cidadá do Concello de Ferrol, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, participou, o 24 de febreiro, no pleno municipal ferrolán para defender a derrogación da Lei de Augas de Galiza por atentar contra o dereito básico da cidadanía a beber e, por extensión, a vivir. Cos votos de PSOE, BNG e EU, a moción presentada por esta última formación política saíu cara a adiante, polo que o Concello de Ferrol se converte no primeiro na Galiza en pronunciarse a favor da derrogación da Lei de Augas. 

  7. Carme Freire na Plataforma

    A Plataforma Galega contra a Lei de Augas anuncia mobilizacións para o 20 de marzo

    23 de Febreiro do 2011 · 

    A Plataforma Galega contra a Lei de Augas deuse a coñecer hoxe, 23 de febreiro, en Compostela, coma un movemento que aglutina a diversos colectivos sociais de Galiza cunha fin común: a derrogación da Lei de Augas de Galicia. Están adheridos ou amosaron o seu apoio á Plataforma Galega contra a Lei de Augas organizacións e movementos como o Sindicato Labrego Galego (SLG), a Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM), Altermundo, Amarante ou a Marcha Mundial das Mulleres. A Plataforma segue aberta a novas adhesións; así o fixeron saber os e as representantes de colectivos que hoxe oficiaron como portavoces da mesma: Carme Freire, secretaria xeral do SLG; Xosé Alfredo Pereira, presidente de ORGACCMM, e Manoel Santos, director de Altermundo.

  8. Rolda de prensa da Lei de Augas

    O SLG fai un chamamento a todas as organizacións sociais de Galiza para parar a Lei de Augas

    12 de Febreiro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu hoxe unha rolda de prensa para facer un chamamento a todas as organizacións sociais de Galiza de cara a facer fronte común contra a Lei de Augas aprobada polo Goberno da Xunta. Compareceron o membro da Executiva do SLG, Manuel Docampo, e a secretaria xeral, Carme Freire, e ambos coincidiron en sinalar que esta lei é a máis grande agresión sufrida por Galiza na era democrática. Mentres que Docampo advertiu que “se privatiza un elemento indispensable para a vida das persoas e dos animais, e para a produción de alimentos”, Freire foi máis alá e afirmou que “se privatiza o noso dereito a vivir”.