A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Contra a Lei de augas: 2012

  1. Factura canon auga

    As facturas demostran que Medio Ambiente minte cando di que non se lle cobra o canon da auga ás explotacións

    21 de Septembro do 2012 · 

    Aquagest cobroulle á Gandería Calvo Varela de Cardama (Oroso) 78 € adicionais no seu último recibo en concepto de canon da auga. Dado que Aquagest opera en ducias de concellos galegos  -moitos eminentemente gandeiros como Chantada, Ribadeo, Viveiro, Cabana, Rois, Betanzos, Zas, Vedra, Valdoviño, Val do Dubra, Santa Comba ou Arzúa- poderían estar afectadas miles de explotacións en toda Galiza.

  2. Protestas contra a Lei de Augas

    O SLG esixe a retirada do canon da auga que se lles comezou a cobrar ás explotacións leiteiras xusto cando están inmersas na súa peor crise

    20 de Septembro do 2012 · 

    Todas as promesas da Xunta á hora de non cobrarlle o canon da auga ás actividades agrogandeiras ou ás traídas veciñais do rural están resultando ser unha absoluta falsidade. Se en xaneiro de 2012, o SLG denunciaba o cobro do canon a unha traída construída e custeada pola veciñanza en 1968, nunha parroquia de Rois[1]; hoxe temos constancia das primeiras facturas por consumo de auga que lle cargan o canon a unha explotación leiteira de Cardama (Oroso).

  3. Pozo

    O SLG denuncia que o decreto do canon da auga non recolle a exención a traídas veciñais nin a pozos particulares

    27 de Xuño do 2012 · 

    O pasado venres, 22 de xuño, publicouse  Decreto 136/2012, polo que se aprobou o regulamento do canon da auga e do coeficiente de vertedura a sistemas públicos de depuración de augas residuais. Aínda que o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou no seu día queestarán exentos os titulares de pozos e traídas particularesea exclusión no canon da auga para a auga con fins agrogandeiros”, unha análise polo miúdo do decreto demostra que a Xunta e o seu presidente mentiron de novo nesta cuestión.

  4. Sinaturas Rois

    Catrocentas sinaturas en Rois contra a Lei de Augas e o cobro do canon ás traídas veciñais

    23 de Xuño do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego rexistrou no Concello de Rois, o sábado 23 de xuño, catrocentas sinaturas de veciños e veciñas amosando a súa disconformidade coa Lei de Aguas e co cobro do canon a traídas veciñais e pozos particulares, trabuco que xa lle foi imposto a unha parroquia deste municipio por unhas instalacións custeadas e feitas pola veciñanza en 1968.  

  5. Canon da auga

    O SLG alega contra o borrador da orde dos modelos de declaración e autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura

    28 de Maio do 2012 · 

    A Lei de Augas de Galicia supón a consideración da auga como unha mercadoría, con prezo. Establece un canon para todas as augas de calquera procedencia, que terán que pagar todas as persoas, vivendas e actividades. O Sindicato Labrego Galego vén de presentar alegacións ao “Borrador de orde pola que se aproban os modelos de declaración de autoliquidación do canon da auga e do coeficiente de vertedura”.

  6. Asemblea Rois

    O Sindicato Labrego Galego e a veciñanza inician unha campaña en Rois para denunciar o cobro do canon da auga ás traídas veciñais e aos pozos do rural

    21 de Xaneiro do 2012 · 

    O Sindicato Labrego Galego escolleu Rois para iniciar hoxe, 21 de xaneiro, unha campaña de denuncia e desobediencia civil contra o cobro do canon da auga a traídas veciñais e pozos do medio rural, unha campaña que ten como fin última esixir a derrogación da Lei de Augas de Galicia, que é a que posibilita que se nos estea cobrando polo dereito a beber e, polo tanto, polo dereito a vivir.