A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Pataca: 2017

  1. Sarabia

    O SLG esixe de Medio Rural apoio ás explotacións arrasadas pola sarabia en Xunqueira de Ambia e Vilar de Barrio

    8 de Xullo do 2017 · 

    De novo, o 6 de xullo, unhas fortes treboadas de sarabia arrasaron co traballo de toda unha campaña para moitas explotacións agrarias e familias labregas de Xunqueira de Ambía e Vilar de Barrio (Ourense). O 7 de xullo, un pleno extraordinario no Concello de Xunqueira solicitaba, por unanimidade, a declaración de zona de emerxencia para o municipio. E non é para menos, xa que a agricultura e a gandería constitúen o principal motor económico desta zona eminentemente rural, con grandes extensións de cultivos como trigo, cebada e pataca.

  2. Couza guatemalteca

    A Consellaría de Medio Rural exclúe as organizacións agrarias da comisión de seguimento da couza guatemalteca

    29 de Xuño do 2017 · 

    O obstrucionismo da Consellaría de Medio Rural ás organizacións agrarias está acadando límites intolerables para calquera sociedade democrática. Se o luns cinco colectivos abandonabamos o Consello Forestal polas prácticas entorpecedoras coas que a Xunta minimiza a participación dos axentes do sector neste órgano consultivo; mañá, 30 de xuño, constituirase a comisión de seguimento da couza guatemalteca (Tecia solanivora) excluíndo dela aos sindicatos do agro.

  3. couza guatemalteca

    "Cos sistemas de sanidade vexetal actuais, a couza guatemalteca vén para quedar", por Anxo Pérez Rúa

    1 de Xuño do 2017 · 

    No Fouce 315, o técnico do Sindicato Labrego Galego na comarca da Limia, Anxo Pérez Rúa, reflexiona sobre a expansión dunha nova praga, a couza guatemalteca, que mantén en xaque un dos principais cultivos e alimentos da Galiza: a pataca. 

  4. Couza guatemalteca

    O SLG pide a compensación do lucro cesante das explotacións afectadas pola couza guatemalteca

    30 de Marzo do 2017 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere chamar a atención sobre a necesidade de indemnizar todas aquelas explotacións da área en corentena pola couza guatemalteca que producen pataca para vender. Trátase de explotacións de horta ou mixtas que dedican unha considerable superficie cada ano á plantación de pataca para a súa venda directa ou a almacenistas que, por mor das restricións impostas pola Consellaría de Medio Rural, terán cuantiosas perdas este ano ao non poder cultivar.

  5. Couza guatemalteca

    O Sindicato Labrego Galego levará a crise da couza guatemalteca ao Consello Agrario Galego do 14 de febreiro

    12 de Febreiro do 2017 · 

    Trala xuntanza mantida esta semana entre a directora xeral de GandaríaAgricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén Docampo, e as organizacións agrarias, para tratar a crise da couza guatemalteca, temos claro que a Consellaría de Medio Rural segue de brazos cruzados nun problema que xa afecta os cultivos de pataca de 31 municipios do norte de Galiza. Por esa razón, dende o Sindicato Labrego solicitaremos a inclusión deste problema na orde do día do Consello Agrario Galego convocado para o 14 de febreiro.