A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Viño

  1. Alerta polo acaparamento de viñedos de DO´s e IXP´s por grandes empresas de fóra da Galiza

    congresovinho110822 11 de Agosto do 2022 · 

    O Sindicato Labrego celebrou hoxe o Congreso do Sector do Viño en Ribadavia, onde se deron cita produtoras/es de toda Galiza. A moda do enoturismo e a conivencia da Xunta cos intereses de grandes empresas do sector encareceu o prezo das terras

  2. O SLG reclama inventario urxente dos danos causados pola sarabia na Ribeira Sacra e axudas para paliar as perdas

    Sarabiada 17 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego reclama da Consellaría de Medio Rural que, con carácter de urxencia, realice unha avaliación dos danos sufridos pola sarabiada de onte, 16 de xuño, no concello de Chantada, que arrasaron unha das principais zonas produtoras de uva da denominación de orixe Ribeira Sacra, especialmente a parroquia de San Fiz e outras veciñas como Sabadelle, Belesar, San Vitorio ou Pesqueiras, nas subzonas de Chantada e Ribeiras de Miño; e que poña en marcha unha liña de axudas para paliar os danos e as perdas sufridas.

  1. Asemblea do viño do SLG

    Viticultores e viticultoras das cinco denominacións de orixe forman un grupo de traballo para dinamizar o sector no SLG

    26 de Abril do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 24 de abril, nas instalacións de Adegas Eidosela (Arbo) a súa Asemblea Xeral do Viño, na que se conformou un grupo de traballo encargado de preparar o Congreso do Viño e dar corpo á futura dirección do sector na organización agraria. Este grupo estará integrado por viticultores e viticultoras, adegueiros e adegueiras, das cinco denominacións de orixe.

  2. Feijoo en Martin Códax

    Quince adegas e empresas acaparan o 50% das axudas vitivinícolas convocadas pola Xunta en 2020

    9 de Marzo do 2021 · 

    As diversas axudas que convoca a Xunta para apoiar o sector do viño redundaron nos favoritismos de pasadas edicións, redundando con miles de euros públicos nas arcas dunhas poucas e afortunadas adegas que, pasaeniño, van acaparando máis capital e máis hectáreas de viñedos, decotío para potentes grupos empresariais cuxa matriz se atopa en denominacións de orixe non galegas como a Rioxa. Sen sorpresas, a cooperativa Martín Códax e a DO Rías Baixas volveron ser o burato negro que zuga a maior parte das súbvencións vitivinícolas galegas.

  3. Albariño

    O SLG analizará en Ribadumia a posibilidade da inclusión da viticultura no sistema de axudas da nova PAC

    4 de Decembro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego programou unha xornada formativa en Ribadumia, o vindeiro xoves 10 de decembro, baixo o título “O futuro da viticultura”. Será no salón de actos da Casa de Cultura de Ribadumia e contará coa técnica especialista en Política Agraria Común (PAC), Ana Rodríguez; e co responsábel do Sector do Viño do SLG e viticultor e adegueiro biodinámico, Bernardo Estévez.

  4. Vendima en verde

    O Ministerio de Agricultura saca unhas axudas para vendima en verde que exclúen boa parte do sector vitícola galego

    19 de Xuño do 2020 · 

    O Ministerio de Agricultura vén de informar que xa se poden pedir as axudas para facer vendima en verde como unha das medidas para enfrontar a crise do sector vitícola provocada polo peche da hostalería durante o estado de alarma polo Covid19. Dende o SLG xa temos denunciado que estas axudas non se adaptan á realidade galega pero, ademais, veñen de convocarse nunhas condicións que, probablemente, exclúan a maioría do sector.

  5. Viñedos

    O SLG pide medidas de apoio contra a crise do viño e critica as restricións absurdas na viticultura de autoconsumo

    29 de Abril do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa disconformidade con que se siga impedindo o coidado dos viñedos para autoconsumo ou como actividade non profesional, limitando o acceso só para ribeiras que están no mesmo termo municipal da persoa titular ou a cinco quilómetros como máximo se están noutro concello. Ademais, pide que se activen axudas para apoiar o sector na forte crise que está sufrindo antes de que sexa demasiado tarde.

  6. Viñopoly

    10 adegas acaparan o 60% dos máis de 4 millóns de euros das axudas de Medio Rural ao sector vitivinícola

    21 de Febreiro do 2020 · 

    O Diario Oficial de Galicia publicou nas últimas semanas as resolucións das axudas convocadas en 2019, pola Consellaría de Medio Rural, para apoiar distintos aspectos da produción vitivinícola: reestruturación de viñedo, promoción en terceiros países e investimentos para elaboración e comercialización. Mentres que as axudas á reestruturación repártense entre máis solicitantes, 1.514.342 € entre 122 solicitudes; as outras dúas liñas son máis selectas: nas axudas para a promoción a terceiros países repartíronse 905.000 € entre 23 adegas; e para investimentos, case 2 millóns de euros entre 16.

  7. Burocracia

    "Vén ao rural, traballa as viñas, fai viño... e complícate a vida como nunca pensaches", por Bernardo Estévez Villar

    15 de Xaneiro do 2020 · 

    Alguén pode pensar que iso de facer viño, estar entre cepas, non ter horario que te controle (sempre estás traballando, máis control imposible) ser dono do teu, mola, mola moito. E se engadimos que vas ter a hostia de axudas, que dende a Administración ten van guiar, tutelar, formar e aconsellar para que o teu proxecto arrinque, se consolide e poidas quedar vivir na aldea; e, quen sabe, que teñas, se podes e queres, nenos e nenas, e vivas, non sobrevivas, no rural galego, entón mola que te cagas. Pois perdoa por estragar as túas ilusións, pero mellor non penses en todo iso. Mellor, oposita. Pero se, así e todo, teimas e decides pensar neste modo de vida, dálle unha volta ao que che vou contar.

  8. Feijóo e Horacio Gómez

    XOGANDO AO MONOPOLY COA VITICULTURA GALEGA

    9 de Agosto do 2019 · 

    Presidentes de clubs de fútbol, magnates inmobiliarios, directores de cine, deseñadores de moda ou multinacionais: o viño galego, en especial os brancos de uva albariña de Rías Baixas, están no punto de mira dos grandes capitais. Decotío, son vistos como un bo nicho de mercado para investir e facer negocio, especialmente para compañías que xa posúen unha forte rede comercial na que vender un produto que cada vez está a acadar máis prestixio. Mais este boom ten sombras: concentración da produción cada vez en menos mans, especulación urbanística, prezos de viñedo propios da burbulla inmobiliaria, acaparamento de terras e subvencións por grandes empresas moitas veces foráneas, abandono da viticultura colleiteira... Analizamos isto e moito máis nesta reportaxe de investigación publicada no Fouce 326.

  9. Esther Teijeiro

    Esther Teijeiro, adegueira en Ribeira Sacra: "Cando unha cre en algo e loita por iso, tanto ten o que digan os demais”

    30 de Maio do 2019 · 

    Esther Teijeiro naceu e criouse entre as cepas da súa familia en Nogueira de Miño, e entre elas viviu toda unha vida xa en Pincelos (A Sariña, Chantada). Aos seus 82 anos, atesoura moita experiencia mimando acios e elaborando viños na Ribeira Sacra. De feito, a súa foi a primeira adega en inscribirse na denominación de orixe e seu foi o primeiro viño con certificación ecolóxica da Galiza. Así e todo, advertiunos: “Eu non teño nada que contar”. Pero, a base de tirarlle da lingua, ao final algo contou...

  10. Cecilia Fernández

    Cecilia Fernández: "Contra os estereotipos no mundo do viño, na miña empresa traballamos tres mulleres"

    1 de Febreiro do 2019 · 

    Cecilia Fernández Rodríguez é valdeorresa de raíz. Se cadra por iso, aínda que se formou como bióloga, acabou entre viñedos. Foi traballando como inspectora do Consello Regulador de Valdeorras cando lle espertou a vocación, hai máis de quince anos. Dende aquela, tivo tempo de licenciarse como enóloga e de traballar para adegas da Rioxa, O Bierzo ou Valdeorras. Iso foi até 2016, cando naceu Icía e decidiu dedicarlle o seu tempo. Ese alto no camiño serviría para mudar de rumbo e abrir unha consultoría enolóxica, profesión que compaxina co traballo nos viñedos familiares xunto ao seu pai e a elaboración de viño para autoconsumo.

Arquivo