A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. Viño>
  5. Miles de persoas reclaman solucións en Ourense aos danos das xeadas en producións como a vitícola, apícola e castaña

Miles de persoas reclaman solucións en Ourense aos danos das xeadas en producións como a vitícola, apícola e castaña

23 de Maio do 2017

Manifestación Ourense

Miles de persoas marcharon, este 23 de maio, polas rúas de Ourense para reclamar da Consellaría de Medio Rural que exerza as súas funcións e solucione a crise derivada dos estragos causados polas xeadas de abril e as choivas torrenciais e sarabiadas de maio que afectaron a sectores produtivos coma o vitícola, o da castaña ou o apícola.

 A manifestación foi convocada por unha plataforma que non para de medrar, dende que comezase a campaña de mobilizacións en Ribadavia o pasado 13 de maio: Sindicato Labrego Galego, Fruga, UUAA, Asociación de Viticultores do Ribeiro, Asociación de Produtores de Castaña de Viana, viticultores de Monterrei, de Valdeorras, do Ribeiro e da Ribeira Sacra.

No manifesto lido diante da delegación ourensá da Xunta de Galicia, onde unha comitiva se reuniu coa delegada, volveron lembrarlle á conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, as demandas do sector:

  1. Creación, a través das oficinas agrarias comarcais, dun rexistro dos labregos e labregas afectadas e da superficie real danada polas xeadas.
  2. Creación dunha liña de axudas directas semellante á que se creou para apoiar aos viticultores e viticultoras da Ribeira Sacra afectadas pola sarabia en 2016.
  3. Condonación das cotas á Seguridade Social, como mínimo durante seis meses, e rebaixas no IRPF para os labregos e labregas afectadas.
  4. Liña de créditos sen custes de tramitación e con xuros cero para garantir a liquidez das explotacións afectadas, e negociación de moratorias nos créditos xa subscritos con entidades bancarias.
  5. Renegociación coas compañías aseguradoras das liñas de seguros agrarios para que exista unha oferta aseguradora adaptada ás necesidades reais das nosas producións.
  1. Manifestación Ourense