A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. Viño>
  5. Terceiras Xornadas de Viticultura Ecolóxica e Biodinámica

Terceiras Xornadas de Viticultura Ecolóxica e Biodinámica

3 de Febreiro do 2010

Cartaz xornadas viticultura ecolóxica e biodinámica

Dende mañá, xoves 4 de febreiro, até o vindeiro venres día 5, terán lugar na comarca d´O Ribeiro as terceiras xornadas de Viticultura Ecolóxica e Biodinámica, artelladas polo Sindicato Labrego Galego e o concello de Castrelo de Miño.

030210

 

Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, será a encarregada de dar comezo a unhas xornadas que se estructurarán en torno aos contidos presentados polo técnico enxeñeiro agrícola e consultor en viticultura ecolóxica e biodinámica, André Rodrigues Henriques da Silva .

Ademais de afondar na viticultura biodinámica, as xornadas abordarán a xestión do solo, a autofertilización, a protección fitosanitaria ou a elaboración de extractos vexetais, entre outros aspectos.

Na súa vertentente máis práctica, realizarase unha visita ás viñas de afiliados/as do Sinidicato Labrego Galego no concello de Castrelo de Miño, aproveitando tamén para realizar unha posta en común e compartir dúbidas e intercambiar coñecementos.

 

 

___________________________

*Lugares de celebración: Complexo de Turismo Náutico de Castrelo de Miño na Avda. Alexandro Ferrer s/n. e local do SLG na rúa Virxe do Portal nº11, Ribadavia (Ourense).

 

*André Rodrigues Henriques da Silva é técnico enxeñeiro agrónomo e na actualidade traballa coma consultor en viticultura ecolóxica e biodinámica, realizando asesoramento en diferentes viñas en todo Portugal, dende a zona dos Viños Verdes ate o Douro, Alentexo etc. Todas estas quintas elaboran os seus propios viños. É tamén membro de AGRIDIN (Associação Profissional Desenvolvimento Agricultura Biodinâmica e Biológica), organización na que imparte cursos de formación para labregas e labregos que queren escomenzar a traballar neste tipo de agricultura. Desctaca tamén a sua laboura de investigación na utilización de novos extractos vexetais de diferentes especies de plantas na procura de solucións para os distintos problemas dos cultivos.

 

FICHEIRO PARA DESCARREGAR:

Programa das xornadas

 

Ficheiro adxunto