A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. Viño>
  5. Eleccións a consellos reguladores: Aposta pola calidade e pola agricultura familiar nas denominacións de orixe do viño

Eleccións a consellos reguladores: Aposta pola calidade e pola agricultura familiar nas denominacións de orixe do viño

29 de Maio do 2012

Urna SLG

Esta semana entramos na recta final das eleccións a consellos reguladores, que se celebrarán o domingo 3 de xuño. O Sindicato Labrego Galego tentou chegar a consensos con outras organizacións agrarias de cara a facer listas conxuntas, sempre e cando defendesen as mesmas liñas e propostas sindicais. Desta vez, acadamos ese consenso en boa parte dos consellos reguladores e só ficaron catro do sector vitivinícola sen acordo: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas e Valdeorras. De seguido, damos un repaso ás nosas candidaturas nestas denominacións de orixe e expoñemos as propostas do SLG para o sector vitivinícola, sempre baseadas na defensa da calidade e da agricultura familiar.

 Candidaturas

Ribeiro

Censo A, sector produtor: Senén Madarnas Ramos, María Emilia Pivida Vázquez, Pablo Penelas Febreiro, Nila Lorenzo Martínez e Xosé Luís Fernández Merens.

Censo D, sector colleiteiro: Xosé Estévez Fernández, e Fernández Rodríguez S.C.

 

Rias Baixas

Censo A, Sector produtor.

Subcenso A1 ≤2 Ha. (O Rosal): María Carme Miranda Pulido e Aquilino Pérez Martínez.

Subcenso A1 ≤2 Ha. (Salnés e Ribeira do Ulla): Valentín Buceta Güimil, María Divina Valle Oubiña, Manuel Fernández Torres, Bernardina Sineiro Pintos e Ricardo López Costas.

Subcenso A1 ≤2 Ha. (Condado e Soutomaior): Manuel Carrera González e Juán José Pérez Martínez.

Subcenso A2 >2 Ha(Condado e Soutomaior): Bodegas Corisca S.L. e José Gabriel Rodríguez Ríos

Subcenso A2 >2 Ha (O Rosal): José Carlos Quintás Pérez e Ramón Verde Rodríguez.

 

Valdeorras

Censo A, sector produtor: Antonio García Fernández, María Ángeles Pérez Pato, Andrés Nogueira Álvarez, Cristina Dafos Gómez e Francisco Vázquez Vega.

 

Monterrei

Censo A, sector produtor: José Luís Francisco Pérez, Ángel Manuel Justo Santana, José Pedro Santana Salgado, Francisco Pérez Diéguez e Eugenio Fernández Lorenzo.

 

Propostas do SLG para os consellos reguladores vitivinícolas

 

1. Control estricto da produción: Hai que aterse con total rigorosidade ao establecido polo regulamento dos consellos reguladores. Con isto, evitamos a sobreproducción e a picaresca que logo se fai por parte das adegas, xogando coas tarxetas do viticultor.

2. Control ríxido e estricto da fraude: Tanto na entrada de uva nas adegas como nos aforos de viño. Este control deberíase estender á fraude na venda de viño sen etiquetar.

3. Ampliacións das denominacións de orixe: Delimitación do ámbito xeográfico das denominacións de orixe con seriedade e rigor, baseada en criterios técnicos e non políticos.

4. Modelo de produción: Os recentes escándalos alimentarios (dioxinas, antibióticos, etcétera) deben facernos reflexionar sobre o modelo de producción que queremos, e cuestionarnos se queremos seguir pola vía da utilización inxente de abonados, produtos fitosanitarios, mecanización, etcétera).

Fronte a isto, o Sindicato Labrego Galego defende o modelo de produción da agricultura familiar que xa está a promover noutros sectores. Dende o SLG entendemos que dende os consellos reguladores deben avanzar na información, investigación e promoción dun modelo de produción sostible e respectuoso co medio ambiente, que compatibilice os avances científicos cos métodos tradicionais de produción. En canto a abonados e fitosanitarios, deberíase incentivar un uso racional destes, mesmo introducindo as modificacións e restricións precisas no regulamento das denominacións de orixe.

En consonancia co devandito, o Sindicato Labrego Galego rexeita frontalmente o uso de patróns e levaduras que sexan modificados xeneticamente (transxénicos).

5. Aposta polos viños de calidade: Apoiando e incentivando o uso de variedades autóctonas para a elaboración de viño.

6. Control estricto das novas plantacións: Trátase dunha cuestión que cómpre debater diante dos excesos de produción e almacenamento masivo de viño que se está a producir en moitas adegas.