A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Viño: 2011

  1. Alerta na D.O. Valdeorras pola falla de seguros agrarios que cubran os danos do mildiu que está arrasando os viñedos

    Mildiu 16 de Agosto do 2018 · 

    A comarca de Valdeorras sufriu, neste 2018, un ataque de xeito masivo polo fungo mildiu, unha das pragas máis problemáticas e agresivas que poden afectar ao cultivo da vide. Aínda que os ataques por mildiu adoitan ser comúns noutras denominacións de orixe, ás que tamén están asolando este ano, en Valdeorras non é tan frecuente.

  1. DO Monterrei

    O Sindicato Labrego Galego denuncia que boa parte da colleita de uva da DO Monterrei estase a vender sen prezo

    26 de Septembro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de constatar que boa parte das adegas que operan na denominación de orixe Monterrei están recolléndolle as uvas aos viticultores e viticultoras sen pactar previamente un prezo. É dicir: as adegas están levando a uva sen dicir a canto a van pagar por ela. Até o de agora, as adegas desta DO caracterizáronse por pagar os prezos máis baixos pola uva das cinco denominacións de orixe galegas. O feito de recoller agora a uva sen pactar previamente un prezo supón unha volta de rosca máis que afonda nas prácticas abusivas a que xa nos teñen afeitos as adegas de Monterrei.

  2. Ribeira Sacra

    O Sindicato Labrego reclama que se deteña o proceso de regularización de viñas na Ribeira Sacra

    20 de Septembro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego, diante das novas que están aparecendo sobre os problemas de sobreprodución na denominación de orixe Ribeira Sacra, quere deixar claro que non está a favor dun incremento lineal dos rendementos máximos por hectárea. O SLG Non cre que sexa un problema xeneralizado e, en todo caso, o consello regulador debería facer un control en campo previo á vendima co fin de velar pola calidade e determinar cales son as parcelas que poden ter un exceso, cal é o motivo deste exceso e facer recomendacións previas. Na Ribeira Sacra temos que apostar por unha viticultura de calidade, posto que non é posible competir con ningunha zona en cantidade.

  3. Uvas

    O Sindicato Labrego Galego non permitirá a baixada dos prezos en Rías Baixas nin que se deixe de recoller uva de calidade

    24 de Agosto do 2011 · 

    Nos últimos días, algunhas adegas da denominación de orixe Rías Baixas comunicáronse  cos viticultores e viticultoras que lles subministran para avisarlles de que non lles recollerán toda a uva.   Para o Sindicato Labrego Galego, estas comunicacións atentan contra o dereito a unhas relacións comerciais xustas e contra o dereito dos viticultores e viticultoras a vivir do seu traballo; e evidencian a intención de algunhas adegas de abaratar o prezo das uvas que mercan para maximizar os seus beneficios, sempre a costa do sector produtor.

  4. Albarinho

    O Sindicato Labrego esixe a retirada de sancións en Rías Baixas e advirte de irregularidades no control desta D.O.

    12 de Agosto do 2011 · 

    Despois do anuncio da Consellaría de Medio Rural de impoñer novas sancións na denominación de orixe Rías Baixas polos excesos de rendementos, referentes á pasada colleita 2010, no Sindicato Labrego Galego manifestámonos contrarios á aplicación destas sancións. Así llo fixemos saber, en relación ás sancións da campaña 2009, tanto ao órgano de control da denominación de orixe, como ao presidente do consello regulador e á propia Consellaría de Medio Rural.

  5. Participantes no encontro de Gaillac

    A Coordinadora Europea da Vía Campesina contra a supresión dos dereitos de plantación de viñedo na UE

    11 de Xuño do 2011 · 

    O responsable do sector do Viño do SLG, Manuel Docampo, e Bernardo Esté-vez, viaxaron até Gaillac (Francia) para participar nun encontro vitícola europeo organizado pola Coordinadora Europea da Vía Campesina e celebrado o 8 e o 9 de xuño. O resultado final do encontro foi un documento no que todas as organizacións da Coordina-dora se opoñen á supresión dos dereitos de plantación de viñedo na Unión Europea, prevista para o 2015. De seguido, transcribimos íntegro o texto.

  6. Consello Agrario Galego

    O decreto sobre a documentación no transporte de produtos vitivinícolas non garante a trazabilidade

    19 de Abril do 2011 · 

    O Consello Agrario Galego debateu, 19 de abril, a proposta de decreto polo que se ditan normas de aplicación sobre os documentos que acompañan o transporte de produtos vitivinícolas, os rexistros e as declaracións de determinadas prácticas no sector. Neste Consello Agrario, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, propuxo e fixo que constaran como voto particular as seguintes consideracións:

  7. Manuel Docampo

    O SLG renovou no Congreso do Viño a súa aposta por unha viticultura social e de calidade

    30 de Xaneiro do 2011 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou, o 29 de xaneiro en Ribadavia (Ourense), o seu Congreso do Viño para definir as bases do seu traballo para os vindeiros catro anos e, a maiores, para elixir ao novo responsábel e Dirección Nacional do sector. Respecto disto último, saíu reelixido Manuel Docampo, viticultor de Valdeorras que desempeñou esta responsabilidade durante os últimos catro anos. Xunto a el, a Dirección Nacional do Viño do SLG escolleu como vicerresponsábel a unha viticultora do Salnés: Elisa Buceta Domínguez.