A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Horta, Froita e Flor: 2006

  1. Requirimos xuntanza urxente coa CMR ante a mensaxe de socorro do sector vexetal

    Imaxe Seca 15 de Septembro do 2022 · 

    Un mes despois de solicitar xuntanza co conselleiro José González Vázquez, o SLG non recibiu ningunha resposta. A alza de custos e seca dificultaron a produción de flor e plantacións de verán, comprometendo tamén os froitos do outono-inverno. 

  2. Solicitamos xuntanza ca CMR para instar a activar medidas para paliar a seca e a suba de custos nos sectores vexetais

    pemento_seca120822 12 de Agosto do 2022 · 

    Denunciamos a neglixencia da Xunta de Galicia ao non planificar prioridades no uso da auga para producir alimentos. Alza de custos e seca dificultan a produción de flor e plantacións de verán, comprometendo tamén os froitos do outono-inverno

  3. EXPLOTA-SCORE: A denuncia dos abusos de SUREXPORT chega aos supermercados

    SurexportCarriño 20 de Septembro do 2021 · 

    No marco da campaña de denuncia da metodoloxía neoescravista practicada pola multinacional onubense SUREXPORT instalada na Terra Chá, levamos agora ás superficies comerciais a campaña de denuncia a pé de rúa iniciada o pasado 18 de agosto.

  4. Esiximos o inmediato esclarecemento das circunstancias do falecemento dun traballador de SUREXPORT na Terra Chá

    surexportarquivo2 24 de Agosto do 2021 · 

    O pasado venres 20 de agosto faleceu na Terra Chá un traballador de Surexport de 27 anos. Xa pasaron varios días deste gravísimo suceso, e nin dende a empresa nin dende a Consellaría de Emprego e Igualdade, Inspección ou Ministerio de Traballo se está a proporcionar información que esclareza o acontecido.

     


  5. Denunciamos a explotación laboral e o espolio de recursos naturais da agroindustria SUREXPORT na Terra Chá

    surexpor180821 18 de Agosto do 2021 · 

    Organizacións galegas articulamos unha fronte común aberta para denunciar a explotación laboral e a destrucción medioambiental da empresa onubense EUROEXPORT na Terra Chá. Iniciamos mobilizacións repartindo información na feira de Castro Ribeiras de Lea e concentrándonos diante da sede desta agroindustria no Polígono de Castro.

  6. Contra a explotación e o espolio agroindustrial. SUREXPORT FÓRA DA GALIZA!

    surexport1 17 de Agosto do 2021 · 

    Dende mediados do pasado mes de xullo diversas organizacións galegas vimos articulando unha fronte común para denunciar as graves prácticas que a empresa SUREXPORT está a levar a cabo na Terra Chá. O mércores 18 de agosto iniciamos campaña de mobilizacións a pé de rúa para denunciar os abusos desta agroindustria.

  7. O SLG esixe á Xunta investigar e actuar diante dos indicios de abusos nos campos da Surexport

    Surexport 17 de Xullo do 2021 · 

    O relato recolle un ambiente en que "as ameazas de calquera tipo eran constantes" e dirixidas, especialmente, ás persoas migrantes. "Fomentan unha competitividade extrema" coa ameaza do despedimento "se non recolles cantidades desorbitadas de arando en xornadas de 12 horas". Partindo dun contrato de 39 horas, a empresa presiona para facer horas extras que poden chegar a igualar as horas ordinarias dunha xornada e que, porén, son pagadas "a seis euros, cando o estipulado é a doce euros".

  1. Ricardo Martínez

    Entrevista con Ricardo Martínez, membro da Dirección Nacional do SLG e produtor de horta

    20 de Xuño do 2006 · 

    "Ás veces pregúntaste se traballas para a familia ou para os intermediarios"