A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Horta, Froita e Flor: 2014

  1. As condicións leoninas impostas polas grandes distribuidoras afogan o sector hortícola galego

    Eurobanan 10 de Maio do 2018 · 

    Na última xuntanza da Dirección de Horta, Froita e Flor do Sindicato Labrego Galego, presentouse o informe sectorial do ano 2017 no que se fai unha análise que ten como elementos máis destacados a seca e os prezos. Respecto do primeiro tema, constatouse que na maioría das comarcas apenas se solicitaron axudas para a seca, polo que, tal e como denunciou o SLG no seu día, os fondos para paliar os danos pola escaseza de auga están moi mal orientados por parte da Consellaría de Medio Rural e non serven nin para compensar as perdas nin para prever crises semellantes no futuro.

  1. Enxertos

    Xornada de portas abertas sobre recuperación de variedades locais de froiteiras na Estrada

    6 de Maio do 2014 · 

    Como remate do curso de poda, enxerto e manexo de plantacións de froiteiras que o Sindicato Labrego Galego está a desenvolver na Estrada, vaise celebrar unha xornada de portas abertas na que se falará sobre a recuperación de variedades locais de froita.

  2. Invernadoiro estragado en Guitiriz

    A Consellaría de Medio Rural abandona á súa sorte ás explotacións damnificadas polos temporais

    5 de Marzo do 2014 · 

    Hai unhas semanas, o Sindicato Labrego Galego solicitaba unha reunión de urxencia con responsables da Consellaría de Medio Rural para tratar a crise provocada polos estragos dos últimos temporais nas explotacións agrogandeiras galegas, especialmente nas de horta (antecedentes).

  3. Invernadoiro estragado

    O SLG insta á Consellaría de Medio Rural a tratar a situación crítica pola que atravesan os sectores de horta, froita e flor

    5 de Febreiro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito (pódese descargar ao final desta páxina) solicitando unha xuntanza con responsables da Consellaría de Medio Rural para tratar a crise xerada polos estragos causados polos temporais das últimas semanas no sector de horta, froita e flor na Galiza.

  4. Invernadoiro

    O SLG pide medidas para paliar os graves danos dos temporais de Nadal nas explotacións

    8 de Xaneiro do 2014 · 

    O Sindicato Labrego Galego solicitoulle á Consellería de Medio Rural que se habilite, con carácter de urxencia, un plano para avaliar e, posteriormente, paliar os fortes danos nas explotacións agrarias e gandeiras ocasionados pola chuvia e polo vento dos temporais que chegaron a Galiza neste Nadal.