A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Outros

  1. Urximos á CMR a actuar fronte á praga de vermes que leva meses afectando pradeiras e cultivos

    PragaVermes 23 de Outubro do 2023 · 

    Cómpre un seguimento por parte das Oficinas Agrarias Comarcais, información e axudas económicas para as granxas. Condenamos a inacción da CMR, ausente unha vez máis ante unha nova praga que está a ameazar as producións de alimentos

  2. Destacamos a importancia de solicitar a axuda para venda directa habilitada dentro da PAC grazas ao SLG

    vendadirecta 5 de Xuño do 2023 · 

    A instancias do SLG, a CMR admitiu a agroambiental de economía circular, malia que con menor importe do que solicitabamos. Detectamos que a información non está chegando ás labregas/os. Cómpre incrementar as solicitudes para mellorar esta axuda

  3. Sen solucións para a perda de axudas de ecolóxico no ano 2022

    Reunión Isabel Vilalba, Santiago Cid con Balseiros 14 de Decembro do 2022 · 

     O Sindicato Labrego esixe ao Director Xeral de Agricultura subsanar a exclusión de 250 granxas das axudas do CRAEGA. A SAU galega inscrita actualmente no CRAEGA é só do 5,15%, moi lonxe do obxectivo do 25% estipulado pola UE para o 2030. Demandamos a activación dunha liña específica de traballo co sector da horta, esencial para fornecer alimentos de proximidade.

  4. O desleixo dos Ministerios de Interior e Transición Ecolóxica deriva en multas contra as agricultoras/es da Limia

    Comarca da Limia 31 de Xullo do 2021 · 

    Agricultoras e agricultores da comarca da Limia están a ser obxecto de multas por parte do Seprona por regaren os seus cultivos con auga do pozo. Instamos aos Ministerios de Interior e de Transición Ecolóxica a establecer os acordos precisos para cumprir co compromiso de abastecemento de rego, contraído pola Administración hai xa máis de tres décadas.

  1. Marcha STOP Velutina

    En marcha contra a avespa velutina: Concentración en Compostela reclama un plan de choque urxente

    19 de Outubro do 2017 · 

    A Marcha Stop Velutina, convocada pola Asociación Galega de Apicultura, partiu hoxe de Santiago de Compostela cunha concentración diante da Xunta de Galicia na que reivindicou á necesidade dun plan de choque urxente para frear o avance da Vespa velutina, que está poñendo en perigo o medio ambiente e a supervivencia das abellas. A Marcha estará por Asturias hoxe e mañán onde continuarán os actos en Luarca e Xixón, pasará o día 21 por Torrelavega na Feira Apícola de Cantabria e para rematar chegará a Euskadi, o domingo 22 en Vitoria e o 23 en Bilbao.

  2. Reparto de mel

    O Sindicato Labrego Galego apoia a campaña estatal para esixir o país de orixe na etiquetaxe do mel

    29 de Outubro do 2014 · 

    Apicultores e apicultoras de todo o Estado convocados/as pola Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), e co apoio de organizacións de consumo como a CECU ou a CEACCU, iniciamos, o 28 de outubro, unha campaña reivindicativa para reclamar ao Ministerio de Agricultura que sexa obrigatorio detallar o país de orixe na etiquetaxe do mel, tal e como se fai noutros países comunitarios como Italia.

  3. SLG Xinzo: Convocatoria Prensa para a presentación dos Cursos de Formación en Apicultura.

    Cursos de apicultura do SLG na Limia e Celanova

    14 de Agosto do 2014 · 

    A apicultura é unha actividade labrega enormemente importante, que contribue á protección do medio a través da mellora agroforestal e axuda a manter a biodiversidade dado a polinización, polo tanto é un sector crucial na axuda ás melloras nas produccións agrícolas.

  4. Cartaz Introdución á Agricultura Rexenerativa

    Introdución á Agricultura Rexenerativa en Lalín

    29 de Xullo do 2014 · 

    O vindeiro sábado 2 de agosto ás 18:00 horas, terá lugar no local do Sindicato Labrego Galego CC.LL de Lalín unha charla onde se fará unha Introdución á Agricultura Rexenerativa, da man de Ana Digón, Coordinadora da rede ibérica de Agricultura Rexenerativa.

  5. Carme Freire - 26 de Xullo de 2011

    O Sindicato Labrego Galego denuncia a estratexia para converter o agro galego en pasto das industrias e do lume

    26 de Xullo do 2011 · 

    O SLG denunciou, o pasado 26 de xullo, a estratexia que está desenvolvendo o goberno galego actual para darlle cobertura legal á conversión da terra agraria en terra da que tiren rendementos as grandes industrias forestais e as multinacionais da enerxía.

  6. castanha

    Para que empresa está feita a subvención da castaña?

    6 de Maio do 2010 · 

    A Deputación provincial de Lugo, “consciente da importancia de que se modifiquen os modelos de explotación tradicionais, por modelos de explotación rendibles, que funcionen con criterios empresariais”, ven de publicar no B.O.P. do 27 de abril unha liña de axudas para a promoción e desenvolvemento sostible dos soutos de castaños e a comercialización da castaña e outros froitos forestais, á que só poden acceder microempresas e PEMES.

  7. olivas

    Xornada formativa en olivicultura na comarca de Valdeorras

    8 de Abril do 2010 · 

    Entre mañá, venres 9, e o sábado 10 de Abril o Sindicato Labrego Galego realizará unha xornada de formación sobre olivicultura para viticultores e viticultoras das comarcas de Valdeorras e Quiroga.

  8. Non hai imaxe

    Aclaración mobilizacións sector lácteo

    14 de Decembro do 2009 · 

    Non asumimos responsabilidade algunha vinculada aos actos orientados a presionar ou ameazar de tiveron lugar no día de hoxe.

  9. mobilizacións 2007-R. Escudero

    A plataforma ZEPA NON reunirase mañá con representantes dos tres grupos parlamentares galegos

    9 de Decembro do 2009 · 

     Na tarde de mañá, xoves 10 de decembro, representantes da plataforma ZEPA NON reuniranse con voceir@s dos tres grupos parlamentares galegos nun encontro que terá lugar no Parlamento de Galiza (Santiago de Compostela). O obxectivo do mesmo será coñecer o posicionamento dos tres grupos ao respeito da recente aprobación da Declaración de Zona ZEPA para A Limia (12/11/09).

  10. zepa non

    A Plataforma ZEPA NON solicita entrevista cos grupos parlamentares e demanda información á CMR.

    18 de Novembro do 2009 · 

    Na mañá de hoxe tivo lugar unha rolda de prensa comarcal en Ourense na que se deu conta da valoración do SLG ao respeito da aprobación do Decreto de Zona ZEPA para A Limia.

Arquivo