A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. Outros>
  5. Introdución á Agricultura Rexenerativa en Lalín

Introdución á Agricultura Rexenerativa en Lalín

29 de Xullo do 2014

Cartaz Introdución á Agricultura Rexenerativa

O vindeiro sábado 2 de agosto ás 18:00 horas, terá lugar no local do Sindicato Labrego Galego CC.LL de Lalín unha charla onde se fará unha Introdución á Agricultura Rexenerativa, da man de Ana Digón, Coordinadora da rede ibérica de Agricultura Rexenerativa.

A proposta da Agricultura Rexenerativa nace do cambio total na forma na que vemos a natureza, dende unha visión do mundo como unha máquina e como reserva ilimitada de recursos, hacia unha visión sistémica da vida como un todo orgánico, vivo e espiritual.

Unha Agricultura que nace do carácter sistémico da vida e da necesidade de rexenerar a terra.

Unha proposta que harmoniza a agricultura na trama da vida. Trátase de xerar novas formas de relacionarnos coa natureza que nos permiten deixar de loitar contra ela para comezar a traballar e aliarnos con ela. Nesta alianza, se a unha das partes estalle indo moi ben, á outra vaille tamén ir ben, a fin de que esta alianza perdure no tempo.

Suspender o uso de pesticidas e velenos, é un paso cara a adiante ... pero non é suficiente. Non se trata de mudar insumos (produtos químicos) por outros (orgánicos), posto que se trata dunha reformulación do sistema, da xestión ... do xeito de facer, de pensar e de decidir; que non só permita potenciar os procesos da propia natureza para rexenerarse a sí mesma, senón para facer que os produtos BIO ou ecolóxicos sexan accesible á cidadanía.