A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Agricultura>
  4. Outros>
  5. Ante a proliferación de casos de siniestralidade laboral na actividade agropecuaria

Ante a proliferación de casos de siniestralidade laboral na actividade agropecuaria

17 de Agosto do 2008

Tractor

Cómpre promover unha “cultura da prevención” no sector

Numerosos episodios de accidentes graves con consecuencias mortais que sufríu o sector agropecuario galego nas últimas semanas demostran unha vez máis a necesidade tomar unha serie de medidas orientadas cara a prevención.

Dende o Sindicato Labrego Galego consideramos que a clave para poñer remedio a preocupante sinistraliedade que padecemos neste sector pasa por facer un esforzo especial en formar, informar e sensibilizar aos/ás traballador@s do sector agropecuario e forestal, o que pasa inevitabelmente e, antes de nada, por unha forte e prolongada campaña que combine estas tres facetas, dando así un primeiro paso para tratar de instaurar pouco a pouco unha “Cultura da prevención” da que o sector carece en absoluto.

Por iso cómpre facer un esforzo especial co colectivo máis afectado (os/as maiores de 55 anos) e coas tipoloxías de sinistro que con máis frecuencia se producen como son o envorco (lateral e hacia atrás) e os accidentes de tráfico, sendo o tractor a maquina agrícola coa que con máis frecuencia se producen este tipo de percances.

Nese senso facemos un chamamento as Administracións implicadas para que busquen conxuntamente fórmulas de colaboración e coordinación que lle dean coherencia as accións que de aquí en adiante se planifiquen, evitando duplicidades innecesarias.

MEDIDAS QUE O SLG DEMANDA ÁS INSTITUCIÓNS

  1. A necesidade de intensificar os esforzos en materia de formación, información, e sensibilización, dadas as importantes carencias que padecemos en ditas materias.
  2. Hai que articular as medidas precisas para garantir a seguridade da maquinaria agrícola.
  3. É máis necesario ca nunca que as Administracións Públicas con competencias na materia, é dicir: a Dirección Xeral de Relacións Laborais (e máis concretamente a Subdirección Xeral de Seguridade e Saúde Laboral) da Consellaría de Traballo e a Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal da Consallería do Medio rural, coordinen iniciativas e esforzos en Políticas de Prevención.
  4. A falta de coherencia entre as distintas lexislacións aplicables na materia é patente. Ademais, de múltiples lagoas lexislativas que deixan un baleiro legal importante. Nese senso compre destacar a necesidade completar os regulamentos técnicos sobre determinados elementos de seguridade.