A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Leite

  1. A Audiencia Nacional confirma as infraccións das industrias do Cártel do Leite, así como a maioría das sancións impostas

    Vacas de leite 23 de Febreiro do 2024 · 

    Confírmanse as denuncias de prácticas abusivas por parte das empresas lácteas realizada polo SLG e outras organizacións. As sentenzas constitúen un paso importante no camiño de reclamación das perdas provocadas pola presión das industrias

  2. Demandamos a intervención urxente da Consellaría do Medio Rural no proceso de renovación de contratos do leite

    PrezosLeite2 1 de Febreiro do 2024 · 

    Lactalis e Leite Río, dúas das principais empresas de recollida, están ofertando idénticos abaratamentos do leite á distribución. Pedimos á CMR que solicite unha investigación da CNMC sobre as prácticas abusivas que as industrias están a impor ás granxas

  3. Leite Río segue reafirmándose nos seus ataques e desprezo polo sector produtor

    FaixaLeiteRío 10 de Novembro do 2023 · 

    Trasladamos dende o Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas as nosas consideracións ao respecto da carta aberta feita pública onte pola Sra. Carmen Lence a través do seu perfil nun portal de emprego.

  4. Lembramos ao Ministerio que é imprescindíbel ter en conta os prezos do leite para calcular as marxes de beneficio

    datosministerioleitenov23 3 de Novembro do 2023 · 

    A enerxía e alimentación animal acomodáronse nos custos máis altos dos últimos anos, mentras o prezo do leite segue baixando. Cómpre vixiar que a visión triunfalista do Ministerio non sexa empregada polas industrias pra baixar máis o prezo do leite

  5. O SLG-CCLL pídelle á CMR medidas concretas contra as industrias que lideran a destrución da cadea de valor no leite

    GRanxaLeite 25 de Outubro do 2023 · 

    Precisamos un plan galego urxente para loitar contra a Enfermidade Hemorráxica Bovina (EHE)

  6. Actitude Río: Puro marketing

    puromarketing 20 de Outubro do 2023 · 

    A industria láctea galega con máis volume de recollida baixa prezos ás granxas utilizando o leite como produto reclamo. Leite Río utiliza ás gandeiras nas súas estratexias publicitarias ao tempo que é cómplice do acelerado peche de granxas na Galiza

  7. O Sindicato Labrego Galego sinala que as industrias son as responsábeis da baixada do prezo do leite

    industrias 5 de Agosto do 2023 · 

    Iniciamos unha campaña de denuncia sinalando con faixas industrias lácteas que forzaron a última baixada de prezos. Escandalosa ausencia e desleixo da Consellaría, inactiva ante os flagrantes incumprimentos da Lei da Cadea Alimentaria

  8. Na Galiza hai máis de 120 concellos con máis vacas que persoas. Se o leite tivera un prezo xusto non terían pechado o 25,6% das granxas nos últimos 8 anos

    Cartaz prezos xustos leite 21 de Xullo do 2023 · 

    A Consellaría segue desaparecida ante a estratexia de baixada de prezo do leite ás granxas orquestrada polas industrias. Esiximos índices públicos de custos de produción e que se faga cumprir a Lei da Cadea ás industrias que non respectan prezos.

  9. Entrevista cxs voceirxs da área de medio rural do BNG, Carme Aira e Xosé Luís Rivas, para denunciar os abusos das industrias

    bng-leite 10 de Xullo do 2023 · 

    Alarma entre as granxas de leite pola inacción da Consellaría do Medio Rural fronte á baixada orquestrada polas industrias lácteas. Pedimos aos grupos parlamentarios garantir o cumprimento da Lei da Cadea e prezos que cubran custos e remuneren o traballo

  10. O SLG entrevístase co voceiro da área de medio rural do PSOE, Martín Seco, para activar solucións no sector leiteiro

    PSOE 6 de Xullo do 2023 · 

    A xuntanza tivo lugar no marco da campaña de denuncia da estratexia de baixada de prezos imposta polas industrias lácteas. Observatorio do Leite Galego, índices de referencia, seguimento da entrada de leite de fóra; algunhas das principais demandas

  11. O SLG di NON á baixada de prezos no leite

    PrezosLeite 4 de Xullo do 2023 · 

    A DN do Leite do SLG valorará accións informativas e de denuncia dirixidas contra as empresas que abandeiran baixadas. Esta semana manteremos xuntanzas cos grupos parlamentares a fin de trasladar polo miúdo as prácticas abusivas das industrias

  12. Ameazas de baixada, incumprimento da Lei da Cadea e a Consellaría do Medio Rural desaparecida

    baixadaprezoleitexunho23 28 de Xuño do 2023 · 

    Baixada orquestrada polas industrias lácteas mentras a Xunta négase a dar datos oficiais de custos de produción na Galiza. Iniciamos reunións para lanzar unha campaña de mobilizacións para denunciar os abusos ás granxas e ás persoas consumidoras

  13. O que compromete o futuro do sector lácteo son as prácticas abusivas das industrias toleradas polas institucións

    fenil 8 de Maio do 2023 · 

    Se as industrias lácteas queren futuro para o sector, que paguen prezos que cubran custos de produción e remuneren o traballo. O incumprimento da Lei da Cadea Alimentaria ou a ausencia de índices oficiais de custos aceleran o peche das granxas galegas

  14. O sector lácteo valora iniciar accións de denuncia fronte á imposición dunha baixada masiva de prezos

    leitedenunciacontratos 1 de Abril do 2023 · 

    Como xa advertimos no mes de febreiro, as industrias lácteas forzaron unha baixada o prezo do leite malia á suba de custos. Xunta e Ministerio non actuaron fronte á imposición de contratos á baixa e presentados fóra dos dous meses previos establecidos

  15. Esiximos a intervención da Administración fronte as presións das industrias lácteas para baixar prezos

    Vacas de leite 27 de Febreiro do 2023 · 

    A Lei da Cadea permite que Xunta e MAPA interveñan directamente para que o prezo non sexa menor que os custos. Dende o Sindicato Labrego Galego animamos ás granxas a non asinar contratos que impliquen unha baixada de prezos

  16. As granxas denuncian que Leite CELTA bloquea a posibilidade de concretar subas no prezo do leite ecolóxico

    leiteco 20 de Maio do 2022 · 

    A segunda empresa que máis leite ecolóxico recolle na Galiza manten estancados á baixa os prezos de compra ás granxas. O sector, maioritario na produción ecolóxica en todo o Estado, baralla accións contra Leite CELTA e a grande distribución

  17. Sen índices oficiais de custos e prezos, o RD 374/2022 non servirá para impedir a venda a perdas no sector lácteo

    frisonas 18 de Maio do 2022 · 

    O BOE recolle o Real Decreto 374/2022, de 17 de maio, que modifica as condicións de contratación no sector lácteo. Nin a Consellaría do Medio Rural nin o Ministerio de Agricultura proporcionan a información imprescindíbel para calcular o prezo

  18. O leite en ecolóxico reivindica revalorización do produto, prezos xustos e implicación institucional

    Teixeiro_leiteEco 22 de Abril do 2022 · 

    Alertan do estancamento de prezos baixos de industrias como Celta e demandan un prezo de partida de 55 cts/l máis calidades. Solicitan garantir a compra para centros públicos, promoción específica, medidas para cubrir custos e frear a caída prezos.

  19. Alegamos ao Decreto do Observatorio do Sector Lácteo presentado pola Consellaría do Medio Rural

    ObsSEctLact 12 de Abril do 2022 · 

    A CMR pretende reducir as reunións a unha por ano e non garante que os prezos sexan tidos en conta para analizar o sector. Solicitamos igualar o número de vogalías das organizacións agrarias ao das industrias, axente que presiona a cadea láctea.

  20. Demandamos convocatoria urxente de Gabinete de Crise da Xunta co sector primario e o sector do transporte

    GabineteDeCrise 21 de Marzo do 2022 · 

    A folga de transporte está a afectar máis intensamente á Galiza, a Xunta debe pór tamén medidas, non pasar a pelota ao Estado. Estamos en contacto con outras organización do sector para conseguir a convocatoria inmediata do gabinete de crise.

  21. Lactalis volta secuestrar as granxas galegas e utilízaas como escudo para deixar o leite sen recoller

    lactalis secuestro granxas 17 de Marzo do 2022 · 

    Malia que o sector do transporte garantíu o subministro de alimentos, algunhas industrias ameazan con non recoller o leite. Valoramos iniciar medidas legais contra aquelas industrias que non se responsabilicen do leite que se neguen a recoller

  22. Esiximos ás industrias suba, cobertura de custos e claridade na configuración do prezo do leite nos contratos

    Contratos intelixibeis 4 de Marzo do 2022 · 

    Dende o SLG animamos ás granxas de leite a que revisen ben os contratos e que vexan as opcións que hai neste momento. Contratos referenciados a uns índices de Estados da UE difíciles de seguir e a aplicación de fórmulas complexas agravan a incertidume no sector

  23. Unidade das organizacións agrarias para esixir que non se asinen contratos que non cubran custos de produción

    AnaRodríguez_Rolda030322 3 de Marzo do 2022 · 

    Rolda de prensa conxunta das organizacións agrarias galegas para presentar análises e propostas que poñan fin dunha vez por todas á venda a perdas das granxas produtoras de leite.

  24. Esiximos ao Ministerio e á Consellaría medidas que rematen ca venda a perdas no leite

    leitexuntanza 18 de Febreiro do 2022 · 

    A gandeira e Vicerresponsábel do Sector Leiteiro no Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL), Ana Rodríguez, e o coordenador do sector, Xulio Fernández, participaron na mañá de hoxe canda outras organizacións agrarias nunha xuntanza co conselleiro de medio rural, José González Vázquez, para abordar a activación urxente de medidas que poñan fin á venda a perdas no sector lácteo.

  25. O SLG presenta mocións en tódolos concellos do Deza-Tabeirós para solicitar a súa implicación no apoio ao sector leiteiro

    deza_moción_leite 21 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego presentou mocións en todos os concellos da comarca do Deza-Tabeirós para demandar a súa implicación activando medidas de apoio ao sector leiteiro galego, e sumando forzas canda o sector produtor no traslado das súas reivindicacións á Consellaría do Medio Rural.

  26. O peche de Tegestacín: crónica dunha morte anunciada ante a inacción da Consellaría do Medio Rural

    tegestacín web 18 de Decembro do 2021 · 

    O feito de que siga a haber primeiros compradores que teñen deixado impagos é responsabilidade directa da Xunta de Galicia. Algunhas destas industrias lácteas contan mesmo con condenas previas por esa mesma infracción, como é precisamente o caso da actual propietaria de Tegestacín, a familia Sangiao, condenada por impagos ás gandeiras e gandeiros que subminstraban o leite a Lácteos Tambre.

     


  27. As modificacións aprobadas na Lei da Cadea Alimentaria son insuficientes ao carecer de índices de custos de obrigatorio cumprimento

    PREZOSXUSTOSSLG 3 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) alerta do risco de que as modificacións da Lei da Cadea Alimentaria aprobadas na última hora da tarde de onte no Congreso español non abonden para garantir a cobertura dos custes de produción.

  28. O SLG avanza en Chantada a campaña de solicitude de apoio aos concellos á moción de medidas urxentes para o sector leiteiro

    MocionchantadaLeite 1 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego continua coa campaña de presentación de mocións en todos os Concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.Hoxe presentamos en rexistro a moción para que poida ser debatida no Pleno do Concello de Chantada que se vai celebrar mañá.

  29. O SLG inicia unha campaña de presentación de mocións para activar o apoio dos concellos ao sector leiteiro galego

    campaña mocións- 30 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego inicia no Concello de Arzúa unha campaña de presentación de mocións en todos os concellos galegos nos que a produción láctea é representativa e moi importante desde un punto de vista económico.

  30. Esiximos ao Ministerio mecanismos oficiais para establecemento de custos e obrigatoriedade de prezos xustos

    LEITE_lUGO2 27 de Novembro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou onte en Madrid nunha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixiu canda representantes doutras organizacións agrarias do Estado medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro.

  31. O SLG reúnese co Ministerio de Agricultura en Madrid para esixir medidas urxentes para o sector leiteiro

    IsabelVilalba_nov21 24 de Novembro do 2021 · 

    A Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, desplazarase a Madrid o venres 26, para manter unha xuntanza co Secretario Xeral de Agricultura e Alimentación, Fernando Miranda Sotillos, na que esixirá medidas inmediatas de apoio ao sector leiteiro que freen de xeito urxente a desaparición de milleiros de granxas na Galiza.

  32. Alianza entre consumidoras e produtoras para salvar ao sector leiteiro: boicot ás empresas que desprezan o leite galego

    lactalis19nov21 19 de Novembro do 2021 · 

    Fronte á situación de absoluto abandono administrativo das nosas granxas, iniciamos hoxe unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE SE NEGAN A PAGAR O LITRO DE LEITE A PREZOS QUE CUBRAN OS CUSTOS DE PRODUCIÓN. Estas mobilizacións e a busca do apoio das persoas consumidoras continuarán nas seguintes semanas noutras cidades e vilas galegas.

  33. Chamamos ao boicot dos productos lácteos de LACTALIS-PULEVA

    non merques lactalis 17 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego convoca a todo o sector leiteiro galego a continuar cas mobilizacións. Iniciamos unha CAMPAÑA DE DENUNCIA E BOICOT DAS MARCAS COMERCIAIS DAS INDUSTRIAS QUE MÁIS ESTÁN A PREXUDICAR ÁS GRANXAS GALEGAS: aquelas que se negan a pagar o litro de leite a prezos que cubran os custos de produción.

     


  34. O SLG desenvolve unha folla de ruta en defensa das granxas galegas, cunha aposta central pola unidade de acción

    tratorada_virtual 10 de Novembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego manterá unha dinámica de unidade ante as protestas do prezo do leite, malia o desmarque de Unións Agrarias que non atende a proposta que o SLG lle realizou a semana pasada. Asemade, iniciará unha campaña informativa para buscar a complicidade das persoas consumidoras ante os abusos de Lactalis e outras empresas con prácticas abusivas -como manter os prezos por debaixo de custos de produción-. O SLG anima a produtoras e produtores e ao conxunto da sociedade a participar nas mobilizacións e actos reivindicativos en defensa do sector.

  35. O Sindicato Labrego lanza a todo o sector lácteo unha proposta clara de unidade de acción arredor de seis puntos mínimos

    concentra_leite_lugo 5 de Novembro do 2021 · 

    O pasado xoves, 28 de outubro, a asemblea do sector lácteo do SLG convocada en Lugo acordou, entre outras cousas, construír alianzas e unidade de acción asentadas en base a uns mínimos que eviten a ilusión de que unha mobilización puntual pode resolver este problema.

  36. O SLG traballa pola unidade de acción do sector lácteo como única vía para rachar coa actual folla de prezos

    IsabelVilalba_Lugo 29 de Outubro do 2021 · 

    Na asemblea convocada onte en Lugo polo Sindicato Labrego Galego, gandeiras e gandeiros analisaron a situación crítica para o sector do leite, cun futuro no que se preven aínda máis e maiores subas nos custos de produción e o imobilismo de boa parte da industria, que se nega a reflectir esas subas no prezo pagado ás granxas.

  37. 28 Out:Convocamos ao sector leiteiro galego fronte á discriminación da PAC2023

    Lugo28-out 25 de Outubro do 2021 · 

    Este xoves 28 de outubro o Sindicato Labrego Galego convoca ao sector lácteo galego en Lugo para poñer en común os problemas tan graves que estamos vivindo, e decidir entre todas as persoas que accións podemos levar adiante. Esta encontro, baixo o lema-denuncia “Nin PREZOS nin PAC”, terá lugar de 11h a 14h. no Salón de Actos da Casa Sindical de Lugo.

  38. Lidl, Alcampo, Eroski, Gadis e Froiz vulneran o acordo lácteo ante a permisividade da Xunta de Galicia

    Leite_270821 27 de Agosto do 2021 · 

    Abusos comerciais como os que están a cometer estas distribuidoras teñen consecuencias directas: a día de hoxe, malia que o prezo de produción dun litro de leite oscila entre os 33 e os 38 céntimos por litro, as gandeiras e gandeiros galegos cobran entre 32 e 34 cént./l., moi lonxe dun prezo digno que cubra custos de produción e traballo.

     


  39. O SLG recebe con cautela que a 'Conta Láctea' vaia ser unha ferramenta efectiva para negociar coa industria

    contalactea_screenshot 5 de Agosto do 2021 · 

    Desde o Sindicato Labrego temos que amosarnos preocupados porque o respaldo que o sector do leite agardaba da Consellaría fique finalmente concretado nunha aplicación informática de xestión individual. Todos os esforzos para identificar e definir os custos de produción son necesarios e benvidos, mais para non ficar a medio camiño cumpre que estes datos sexan vinculantes e a intermediación directa da Consellaría.

  40. Sindicato Labrego denuncia impagos da Tegestacín SL e esixe medidas por parte da Consellaría

    concentra_tegestacin 29 de Xullo do 2021 · 

    A empresa acumula débedas dende os 3.000 aos 80.000 €, correspondentes a entre os dous e os catro meses de produción, que comprometen a viabilidade das granxas. O SLG reclama da administración autonómica a cancelación da licenza de primeiro comprador de leite para aquelas empresas que non cumpran nos pagos ás granxas subministradoras, así como restricións no acceso a axudas públicas -e mesmo devolución das mesmas- para empresas con historial de impagos.

  41. SLG chama as granxas a demandar da industria unha actualización de prezos acorde cos custos de produción

    frisona leite 22 de Xullo do 2021 · 

    A publicación, na semana pasada, do estudo da cadea de valor do leite está a ter consecuencias prácticas. O Sindicato Labrego Galego recibiu comunicación directa dunha industria leiteira galega, confirmando que xa está a anunciar ás granxas unha suba inminente de 2 céntimos por litro, efectiva a partir do 1 de agosto. Diante deste pequeno movemento por parte da Naturleite, e movementos semellantes doutras industrias de que temos constancia aínda que sen confirmación directa, chamamos ás granxas a tomaren a iniciativa.

  42. As granxas de leite galegas perden 10 millóns de euros cada ano por non cubrir os custes de produción

    Becerro frisón 5 de Xullo do 2021 · 

    O pasado 2 de xullo, o Observatorio da Cadea Alimentaria do Ministerio de Agricultura aprobou o estudo da cadea de valor do leite, cuxos datos veñen confirmar as denuncias que o Sindicato Labrego Galego vén facendo dende hai décadas. O dato que máis nos interesa deste estudo é que fixa o custe de produción medio para un litro de leite de vaca no Estado español en 0’3565 €/litro.

  43. Un gandeiro de Forcarei e unha gandeira de Chantada, novas responsábeis do Sector Lácteo do Sindicato Labrego

    Congreso do Leite do SLG 11 de Xuño do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego celebrou hoxe, 11 de xuño, o seu Congreso do Leite no Pazo de Liñares (Lalín), un evento que se encadra no décimo proceso congresual da organización agraria. Desta vez, a afiliación escolleu un gandeiro de Quintillán (Forcarei, Pontevedra), Manuel Villaverde Salgueiro, como novo responsábel para os vindeiros catro anos. Xunto a el, será vicerresponsábel Ana Rodríguez, de Sabadelle (Chantada, Lugo), e terán o apoio dunha renovada Dirección do Leite cuxos membros saíron elixidos das diversas asembleas comarcais que se celebraron na Galiza nos meses previos. Desta maneira, no SLG dáselle relevo á anterior Dirección do Leite xurdida do anterior congreso, elixida o 15 de decembro de 2017, da que Lupe Prado foi responsábel.

  1. PrezosLeite2

    Pedimos a intervención urxente da Consellaría do Medio Rural no proceso de renovación de contratos do leite

    1 de Febreiro do 2024 · 

    Lactalis e Leite Río, dúas das principais empresas de recollida, están ofertando idénticos abaratamentos do leite á distribución. Pedimos á CMR que solicite unha investigación da CNMC sobre as prácticas abusivas que as industrias están a impor ás granxas

  2. Lactalis

    O SLG denuncia baixadas de prezo nos novos contratos lácteos na Galiza de industrias como Lactalis ou Reny Picot

    27 de Febreiro do 2021 · 

    Industrias leiteiras como Lactalis ou Reny Picot están obrigando a asinar os novos contratos para a seguinte campaña á baixa, segundo tivemos constancia no Sindicato Labrego Galego. No caso da multinacional gala, resulta un agravio comparativo insultante, xa que mentres en Francia Lactalis pactou subas de prezo coas granxas que lle fornecen, pagando un valor medio en 2020 de 36,9 céntimos; na Galiza segue forzando contratos á baixa, contribuíndo a termos o peor prezo medio do Estado e un dos máis cativos da Unión Europea, que non chega aos 33 céntimos. De feito, temos granxas que están a denunciar unha baixada dun céntimo no prezo do leite para os novos contratos que está a ofrecer Lactalis.

  3. Feijóo e González

    Feijóo anuncia o seu enésimo plan para o sector lácteo tras pechar a metade das granxas galegas dende 2009

    19 de Novembro do 2020 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou, o 18 de novembro, na presentación da nova Estratexia de Dinamización do Sector Lácteo 2020-2025 da Xunta oficiada polo conselleiro de Medio Rural, José González, e o presidente, Alberto Núñez Feijóo. Vilalba expresou o seu sentimento de perplexidade diante do triunfalismo inxustificado do Goberno da Xunta, que se esforzou en bosquexar unha imaxe idílica do sector lácteo galego que pouco ou nada ten que ver coa realidade.

  4. Vítor Fernández

    Unha granxa de Chantada volve denunciar as ameazas e ataques dunha manda de cans instigada por un veciño

    18 de Septembro do 2020 · 

    Vítor Fernández é un gandeiro mozo que apostou por darlle relevo á granxa familiar, cunha gandería ecolóxica de vacas para leite -Casa do Neiro- que pacen nas terras que a súa familia ten xunto ao río que fai de fronteira entre os concellos de Chantada e Carballedo. Apostou por un modelo de pastoreo e soña con poder crear, no futuro, unha iogurtería. As súas máximas preocupacións deberían apuntar cara á baixada nos prezos do leite que está a experimentar o sector, ou como conseguir o capital suficiente para financiar os proxectos cos que soña, pero non é así. Agora mesmo, Vítor vive atemorizado polo acoso que está a sufrir por parte dun veciño de Villaguillulfe que ten unha manda de cans de gran tamaño e probada agresividade e que está obsesionado con facerlle a vida imposible ceibándoos para que ataquen as súas vacas.

  5. Contrato atraco

    As industrias lácteas aumentan a presión sobre as granxas instándoas por burofax a asinar cláusulas de custes falsas

    9 de Septembro do 2020 · 

    Cando arrincaba o inicio da campaña 2020-2021 no sector lácteo, en primavera, o Sindicato Labrego Galego xa alertou de que as industrias estaban a usar de novo as súas prácticas de extorsión para obrigar a asinar ás granxas contratos con prezos a baixa (ver anterior comunicado). A grande novidade é que, desta vez, as recentes reformas na Lei da Cadea Alimentaria obrigaban a incluír nos contratos unha cláusula facendo referencia a que o prezo acordado por ambas partes cubría os custes de produción. Nese momento, dende o SLG denunciamos que as industrias estaban obrigando ás granxas a falsear esa cláusula para avalar prezos artificialmente baixos, sempre por baixo dos custes de produción.

  6. Aica

    O Sindicato Labrego Galego denuncia na AICA a extorsión contra as granxas lácteas coa nova cláusula dos custes

    20 de Xuño do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito de denuncia na Axencia de Información e Control Alimentarios (Aica) no que se dá conta da extorsión que están a sufrir as granxas ao ser obrigadas a falsear a cláusula do contrato na que se di que o prezo pactado cobre os custes de produción.

  7. Contrato atraco

    A industria láctea extorsiona as granxas obrigando a falsear a cláusula de custes co beneplácito de Agricultura e Xunta

    30 de Maio do 2020 · 

    A recente reforma que fixo da Lei da Cadea Alimentaria o Ministerio de Agricultura, presionado polas fortes protestas do agro en todo o Estado, obriga a incluír unha cláusula nos contratos na que se faga referencia a que o prezo pactado entre industrias e produtores e produtoras cobre os custes de produción. Pero quen fixo a lei, fixo a trampa...

  8. Prezo leite

    As granxas de leite galegas perderon 160 millóns de euros en 2019 por vender por baixo dos custes de produción

    12 de Maio do 2020 · 

    O Estudo de Custes e Rendas das Explotacións Agrarias (Ecrea) do sector lácteo correspondente ao ano 2017 fixa en 39 céntimos o custe medio para producir un litro de leite de vaca nunha granxa galega, un valor moi afastado dos 32,3 céntimos que cobraron as nosas granxas en marzo1. Se utilizásemos este custe de produción, que se incrementou nos últimos anos, e calculamos o diferencial do que perderon as nosas granxas por non ingresar eses cartos, só en 2019 o sector lácteo galego deixou de ingresar case 160 millóns de euros (159.596.767 €), o que supón unha media de máis de 13 millóns de euros por mes (13.299.730 €)2.

  9. Reny Picot

    O Sindicato Labrego Galego denuncia prácticas abusivas de Reny Picot na renovación dos contratos do leite

    7 de Abril do 2020 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego tivemos constancia de que a empresa Reny Picot está a ofrecer ás granxas que lle abastecen de leite novos contratos por tres meses, unha práctica que roza a fraude xa que, aínda que a Lei da Cadea Alimentaria consínteo se hai acordo entre as dúas partes, todos e todas sabemos en que consisten os “acordos” no sector lácteo: extorsión das industrias ás granxas aproveitándose da súa posición de dominio na cadea de valor.

  10. Demanda cártel leite

    O SLG organiza dúas asembleas en Lugo e Compostela para seguir adiante coa demanda contra o cártel do leite

    19 de Febreiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego organizará dous novos encontros centrados na demanda xudicial contra o cártel do leite, que se celebrarán en Compostela e Lugo os días 20 e 21 de febreiro respectivamente. Estas xuntanzas dan continuidade ao proceso de asembleas comarcais que o SLG levou a cabo, entre novembro e decembro do ano pasado, para informar ao sector lácteo da posibilidade de recorrer á vía xudicial para reclamar o diñeiro perdido polo pacto de prezos entre as industrias multadas por Competencia.

Arquivo