A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Leite>
  5. O Sindicato Labrego Galego consegue que Lácteos Tambre se comprometa a pagar a débeda coas explotacións antes do 31 de decembro

O Sindicato Labrego Galego consegue que Lácteos Tambre se comprometa a pagar a débeda coas explotacións antes do 31 de decembro

17 de Agosto do 2011

Carme Freire ante Lácteos Tambre

Gandeiros e gandeiras de Arzúa, Muxía, Tordoia e Ordes, acompañados pola secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire, e o gandeiro de Oroso e membro da Executiva do SLG, Xosé Manuel Calvo Rei, reuníronse, o pasado 17 de agosto, cos directivos de Lácteos Tambre para negociar o pagamento dos cartos que esta empresa lles debe. En total, son sete as explotacións lácteas defendidas polo SLG, coas que Lácteos Tambre ten unha débeda contraida que ascende, en conxunto, a uns 60.000 euros.

De acordo cos compromisos adoptados co SLG o pasado 5 de agosto, Lácteos Tambre presentou un plan de pagos o 16 de agosto. Neste plan, a empresa propuña pagar a prazos, e até xullo de 2012, as mensualidades que lles debe a estes gandeiros e gandeiras. Mais ningunha das explotacións que defende o Sindicato Labrego aceptou e, tras unha nova rolda de negociacións celebrada ao mediodía do 17 de agosto, Lácteos Tambre accedeu a  saldar a débeda antes do peche do exercicio do presente ano, o 31 de decembro de 2011.

Lácteos Tambre

Unha vez acadado o compromiso da empresa láctea, a secretaria xeral do SLG, Carme Freire, declarou que “agardamos que cumpran con este acordo sen necesidade de continuar cos xuízos que temos neste intre por mor das denuncias que presentamos, e que seguirán o seu curso legal en caso de non cumprir a empresa o pactado”.

O número de explotacións afectadas polos impagos de Lácteos Tambre é moi superior ás sete que están sendo defendidas polos servizos xurídicos do Sindicato Labrego Galego, e están repartidas por boa parte da xeografía galega; sen embargo, o meirande delas non se atreveu a denunciar. 

 

 

 

undefined

Ficheiro adxunto