Tras máis de catro horas de negociacións, a folga de entregas do sector lácteo galego segue en marcha. Coa presenza das tres organizacións agrarias, as cooperativas, a industria e a distribución, e convocadas as partes pola Consellaría de Medio Rural, o 26 de novembro, seis horas antes de que comezase a folga de entregas convocada de maneira unitaria polo sector lácteo, tentouse chegar a un acordo de prezos que resultase positivo para todos.