A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Leite>
  5. Suspensión temporal da folga de entregas no sector lácteo

Suspensión temporal da folga de entregas no sector lácteo

29 de Novembro do 2012

Folga do leite

Tralo compromiso de chegar a acordos sobre un prezo mínimo que cubra os custes do leite, acadado na xuntanza entre as organizacións agrarias, as industrias e a distribución do 28 de novembro; o 29, realizáronse asembleas cos produtores e produtoras nas principais comarcas leiteiras. O obxectivo destas xuntanzas foi que o propio sector decidise se continuaba a folga de entregas ou a suspendía temporalmente até chegarmos a un compromiso firme de acadar un prezo en orixe que cubra, cando menos, os custes de produción.

Ao final, as asembleas que se fixeron nas diversas comarcas leiteiras decidíronse por ese aprazamento temporal, aínda que o meirande da afiliación era partidaria de seguir coas mobilizacións até acadar ese prezo mínimo necesario. A decisión tomouse porque outros colectivos convocantes da folga de entregas xa asumiron a desconvocatoria de facto ao remate da xuntanza do 28 de novembro, rachando a unidade necesaria para poder manter as protestas. En calquera caso, optouse por unha suspensión temporal da folga co obxectivo de dar un prazo curto e razonable -entre unha e dúas semanas- para que se poidan articular os mecanismos legais necesarios para fixar ese prezo mínimo, así como levar a cuestión a un ámbito estatal coa industria, as distribuidoras e o Ministerio de Agricultura. Se ao final deste proceso non temos ese prezo mínimo, retomaríanse as mobilizacións.

Puleva

LactalisConcentracións diante das factorías de Puleva e Lactalis durante nas primeiras xornadas da folga de entregas do sector lácteo (27 e 28 de novembro)