A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Leite: 2009

  1. Semana de accións europeas polo prezo do leite

    “Semana de accións europeas polo prezo do leite”: DO 1 ao 7 O PREZO DO LEITE DECÍDESE EN EUROPA

    31 de Agosto do 2009 · 

    Como anunciabamos na pasada semana, co gallo das reunións que manterá a Comisión de Agricultura e nas que se abordarán medidas que agardamos poñan fin á crise do sector leiteiro, a Coordenadora Europea Vía Campesina, da que o SLG forma parte, fixo un chamamento á mobilización conxunta en Europa do 1 ao 7 de setembro, accións que o Sindicato Labrego Galego secundará dende Galiza, ao igual que as gandeiras e gandeiros franceses, entre outr@s, que xa comezaron hoxe coas mobilizacións en Francia.

  2. 270809 Lídia Senra e Carme Freire

    Concentración reivindicativa permanente en Compostela do 1 ao 5 de setembro e mobilización en Santander o 7 de setembro

    27 de Agosto do 2009 · 

    Na mañá de hoxe, Carme Freire Cruces -Secretaria Xeral do SLG- e Lídia Senra -Secretaria de Organización do SLG- anticiparon o calendario de mobilizacións que terán lugar nos días do 1 ao 7 de setembro a prol da modificación da política leiteira europea.

  3. ROLDA DE PRENSA

    Rolda de Prensa: Calendario de mobilizacións do sector leiteiro da Galiza con motivo do Consello de Ministras e Ministros de Agricultura europe@s

    26 de Agosto do 2009 · 

    Mañá, xoves 27 de setembro, Carme Freire Cruces (Secretaria Xeral do SLG) e Lídia Senra Rodríguez (Secretaria de Organización) darán conta en rolda de prensa do calendario de mobilizacións do sector leiteiro da Galiza que terán lugar na primeira semana de setembro.

  4. 210809Carme Freire Cruces

    Seguimos loitando por un prezo mínimo para o leite: mobilización en Santander o vindeiro 7 de setembro

    21 de Agosto do 2009 · 

    Hoxe, venres 21 de agosto, cando se cumpre un mes da sinatura do “acordo de Madrid” (que o SLG non asinou por non garantir un prezo mínimo para o leite), as produtoras e produtores de leite da Galiza atopámonos con que, non só non apreciamos ningunha mellora na nosa situación, senón que vense de constatar, por unha banda, a continuación da baixada de prezos* e, por outra, as ameazas de cese de recollida anunciadas por algunhas empresas, como vén de ser o caso de Lácteos Lence coa cooperativa comarcal de Ordes.

  5. ROLDA DE PRENSA

    ROLDA DE PRENSA: VINDEIRAS MOBILIZACIÓNS DO SECTOR LEITEIRO

    20 de Agosto do 2009 · 

    Mañá, venres 21 de agosto, Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral do SLG, dará conta en rolda de prensa das vindeiras mobilizacións que levaremos a cabo as gandeiras e gandeiros da Galiza. A loita por un prezo xusto para o leite  continúa. Non pararemos até conseguirmos vivir do noso traballo.

  6. O LEITE É NOSO

    A loita continúa. O sector leiteiro da Galiza prepárase para novas mobilizacións.

    19 de Agosto do 2009 · 

    Para  ver de promover novas accións reivindicativas a levar a cabo polo sector leiteiro da Galiza na loita por acadarmos a fixación dun prezo mínimo para o leite que nos permita vivir do noso traballo, o SLG vén levando a cabo asambleas comarcais abertas en tódalas comarcas leiteiras.

  7. queremos vivir do noso traballo, non das subvencións

    1,500€ non solucionan a situación de ningunha das nosas explotacións

    5 de Agosto do 2009 · 

    Perante do anuncio realizado hoxe, na reunión mantida na Consellaría do Medio Rural, de conceder 20 millóns de euros en axudas directas ás explotacións leiteiras da Galiza, dende o Sindicato Labrego Galego valoramos que, malia que necesaria, a medida non aporta unha solución definitiva, ao tempo que a proposta económica realizada é insuficiente.

  8. lendo o acordo que vende ao sector

    A diferenza entre vender leite ou vender a quenes o producen

    21 de Xullo do 2009 · 

    A sinatura do acordo de onte por parte das organizacións agrarias agás o SLG e a COAG, é froito dun pacto feito por riba dos intereses do sector leiteiro para desmobilizar un sector que leva meses de importantes accións reivindicativas, intensificadas nesta última semana. NESTA NOVA PODES CONSULTAR O DOCUMENTO E DESCARREGAR O MODELO DE CONTRATO.

  9. Non hai imaxe

    O SLG non firma o acordo debatido hoxe en Madrid

    20 de Xullo do 2009 · 

    O Sindicato Labrego Galego seguirá a loitar polo establecemento dun prezo mínimo para o leite e a modificación das actuais políticas agrarias. Queremos vivir do noso traballo.

  10. non por embaixo de custos de produción

    En Madrid non se está a falar de prezo mínimo, senón de prezo MEDIO.

    20 de Xullo do 2009 · 

    Contra ás 20,00hrs. de hoxe tivo lugar unha asemblea informativa na explanada de Amio, onde arestora seguen concentrados 2.500 tractores (e ficarán alomenos até mañá), para dar conta das conclusións da reunión que nestes momentos inda se está a celebrar en Madrid e na que, por parte do SLG, participa Carme Freire Cruces, Secretaria Xeral.

  1. Anterior
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. Seguinte