A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Leite: 2009

  1. non por embaixo de custos de produción

    O sector leiteiro bótase de novo á rúa para esixir que hoxe en Madrid non se firme ningún acordo que estableza o prezo do leite por embaixo do que custa producilo

    20 de Xullo do 2009 · 

    Na mañá de hoxe o sector leiteiro partíu en manifestación dende o recinto de Amio (Santiago de Compostela), onde fican os 2.500 tractores deprazados durante a Semana en Branco, cara a praza do Obradoiro. 

  2. Reparto de leite en Santiago de Compostela

    O sector leiteiro informa e reparte leite de balde en Santiago de Compostela

    19 de Xullo do 2009 · 

    O pasado venres ás 17,30hrs tivo lugar unha acción conxunta de agradecemento á cidadanía compostelana, mediante o reparto gratuito de leite nas céntricas Praza Roxa e Porta Faxeira.

  3. consultando ao sector

    O SLG somentes firmará un acordo se este establece un prezo que, como mínimo, cubra os custos de produción

    17 de Xullo do 2009 · 

    O SLG defenderá o vindeiro luns en Madrid, porque así llo trasladou o sector leiteiro hoxe en asamblea, o establecemento dun prezo mínimo para o leite que cubra custos de produción. A día de hoxe; 0.34€.

  4. máis de 5.000 labreg@s reivindican un prezo xusto para o leite

    Máis de 5.000 gandeiras e gandeiros maniféstanse en Compostela pra esixir un prezo xusto para o leite

    16 de Xullo do 2009 · 

    Na mañá de hoxe máis de 5.000 gandeiras e gandeiros saíron en manifestación dende o mercado de Amio en dirección ás instalacións da Xunta de Galiza (San Caetano). O sector, unido, reivindica poder vivir do seu traballo: POR UN PREZO XUSTO PARA O NOSO LEITE.

  5. o noso traballo ten un prezo

    Non hai acordo sen prezo xusto para o noso leite

    15 de Xullo do 2009 · 

    Valoración do anuncio dun suposto preacordo esbozado no día de hoxe en Madrid no que se establecería un prezo para o leite que tomaría como referencia “o prezo francés”,

  6. 150709

    A Administración está a reaccionar eludindo a súa responsabilidade ao tempo que tenta provocar a radicalización das mobilizacións do sector.

    15 de Xullo do 2009 · 

    Na mañá de hoxe un amplo dispositivo policial impediu a saída en tractores cara sete puntos da distribución prevista en Santiago de Compostela. Esta acción fora notificada á Subdelegación do Goberno sen que pola súa parte houbera manifestación algunha en contra.

  7. concentracións distribución mércores 15

    MÉRCORES 15 DE XULLO: Actos perante da Distribución.

    15 de Xullo do 2009 · 

     Dentro das mobilizacións enmarcadas na “Semana en branco pola defensa do sector lácteo”, as organizacións agrarias e cooperativas levarán a cabo en Santiago unha concentración con tractores diante de sete centros da distribución.

  8. Mobilización Estrasburgo

    Gandeiras e Gandeiros galegos manifestanse en ESTRASBURGO pola crise do sector Lácteo

    14 de Xullo do 2009 · 

    A defensa do sector lácteo chega a Estrasburgo nunha mobilización de máis de 1.500 persoas e 200 tractores, que rematou fronte ao Parlamento Europeo

  9. Tractorada 14 xullo 2009

    IMAXES TRACTORADA POLAS RÚAS DE COMPOSTELA

    14 de Xullo do 2009 · 

    No día de hoxe as mobilizacións centraronse nun percorrido polas Rúas de Santiago e actos fronte á distribución en Lugo

  10. Mobilizacions en Estrasburgo

    PRESENCIA DO SLG-CCLL NA MANIFESTACION DE ESTRASBURGO

    14 de Xullo do 2009 · 

    Unha delegación do Sindicato Labrego Galego participa na mañá de hoxe na manifestación convocada pola Coordinadora europea – Vía Campesina (CP-VC) en Estrasburgo.

  1. Anterior
  2. 3
  3. 4
  4. 5
  5. 6
  6. 7
  7. 8
  8. 9
  9. Seguinte