A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Leite: 2015

  1. Rolda de prensa

    As axudas do sector lácteo discriminan as granxas galegas con respecto ás doutras comunidades do Estado

    30 de Septembro do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu unha rolda de prensa en Lugo, o 30 de setembro, para denunciar os criterios de concesión de axudas “de minimis” ao sector lácteo que fixa o real decreto 849/2015, publicado onte no Boletín Oficial do Estado (BOE). Compareceron diante dos medios de comunicación a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, e o coordinador dos sectores gandeiros, Xabier Gómez Santiso.

  2. Xuntanza de COAG

    O Sindicato Labrego rexeita o acordo do sector lácteo porque non garante prezos dignos nin a recollida do leite

    23 de Septembro do 2015 · 

     

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, estivo en Madrid hoxe, 23 de setembro, para participar na xuntanza do Ministerio de Agricultura na que se asinou o acordo do sector lácteo, e na posterior reunión da Interprofesional Láctea (Inlac).

  3. Manifestación 17 de xullo

    A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo concentrará as mobilizacións nas empresas que non acepten os acordos

    16 de Septembro do 2015 · 

    A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo vén de anunciar o remate do bloqueo ás industrias lácteas tras cinco días de presión continuada sobre a totalidade das empresas que mercan e procesan leite na Galiza. A pesares do que están a dicir os medios de comunicación, non se trata do remate das mobilizacións, pois no seo da Plataforma decidimos centrar as protestas naquelas industrias e distribuidoras que se negan a chegar a ningún tipo de acordo.

  4. Vertido leite

    O SLG expresa o seu apoio total aos gandeiros e gandeiras que manteñen o bloqueo en industrias e distribuidoras

    14 de Septembro do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu apoio total aos gandeiros e gandeiras que están a manter o bloqueo ás industrias lácteas e centrais de distribución, moitos e moitas delas tras levar máis dunha semana cos tractores na rúa e facendo un enorme sacrificio persoal, familiar e económico, e mesmo a grandes distancias do seu fogar para reforzar concentracións en comarcas onde precisan apoio para manter as protestas. A este esforzo hai que engadir o drama de ter que derramar millóns de litros de leite porque non se puxeron aínda sobre a mesa solucións realistas e fiables para solucionar o problema.

  5. Xuntanza no Ministerio

    A proposta do Ministerio de Agricultura non serve porque non garante que suban os prezos do leite

    11 de Septembro do 2015 · 

    O 10 de setembro, mentres 15.000 persoas se manifestaban en Compostela, en Madrid a Interprofesional Láctea e parte das industrias e da distribución debateron a proposta do Ministerio de Agricultura para o sector lácteo (pódese descargar na icona que hai ao final desta páxina web). A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, foi unha das encargadas de representar á COAG xunto á gandeira cántabra Charo Arredondo, Andoni García e o máximo responsábel desta organización estatal, Miguel Blanco. E o noso voto á proposta do Ministerio foi negativo.

  6. Xuntanza con Feijóo

    Feijóo segue sen comprometer solucións á crise do sector lácteo e pásalle a pelota ao Ministerio de Agricultura

    9 de Septembro do 2015 · 

    Neste 9 de setembro, terceiro día de tractorada en Compostela, a xuntanza entre gandeiros e gandeiras, representantes da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, e o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo, foi tan decepcionante como as anteriores, xa que non se presentou ningunha medida nin novidade de cara a solucionar a crise de prezos que están a sufrir a totalidade de granxas leiteiras de Galiza. Así o criticou a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, que asistiu ao encontro.

  7. Tractorada Lugo

    O SLG segue coa campaña de protestas en Compostela e Bruxelas pola falla de solucións á crise do sector lácteo

    5 de Septembro do 2015 · 

    Trala xuntanza celebrada a pasada noite en Lugo entre a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, e un grupo de gandeiros; e tras saber que a política popular non anunciou ningunha nova medida que contribúa a solucionar a crise do sector lácteo; dende o Sindicato Labrego Galego reafirmámonos en continuar coas mobilizacións até que os gobernos de Galiza, do Estado e da Unión Europea lexislen para defender os intereses dos produtores e das produtoras fronte aos abusos e o espolio a que están a ser sometidos e sometidas, impunemente, pola industria e pola distribución.

  8. Isabel Vilalba en Bruxelas

    As políticas leiteiras actuais pechan 500 granxas por ano en Galiza e deixarannos con 1.500 de seguirmos coa tendencia

    4 de Septembro do 2015 · 

    Hoxe, 4 de setembro, rematou en Teo o seminario internacional sobre o sector lácteo organizado polo grupo parlamentario da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/GNL), dacabalo do Parlamento Europeo (Bruxelas) e da Casa Común de Oza (Teo, A Coruña), e baixo o título “A crise do sector lácteo galego no contexto europeo e internacional”.

  9. Tractorada Chantada

    O SLG apoiará activamente a tractorada de Lugo diante da falla de solucións políticas á crise do sector lácteo

    2 de Septembro do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego, como organización integrante da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego, apoia a manifestación e a tractorada que os gandeiros e gandeiras van facer mañá, 3 de setembro, en Lugo. Expresamos o noso apoio tras meses de negociacións coa Consellaría de Medio Rural e co Ministerio de Agricultura, sen que ningún destes organismos teña feito nada aínda por solucionar que as nosas granxas sigan a cobrar o leite a prezos de miseria, moi por baixo dos custes de produción.

  10. Comitiva SLG en Bruxelas

    Unha comitiva do SLG participa dende hoxe no Parlamento Europeo nun seminario para analizar a crise do sector lácteo

    2 de Septembro do 2015 · 

    Unha comitiva do Sindicato Labrego Galego formada por 25 gandeiros e gandeiras do sector lácteo e encabezada pola súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, viaxaron ao Parlamento Europeo (Bruxelas) para participar, dende hoxe, 2 de setembro, no seminario internacional “Impacto da liberalización do sector lácteo. Que futuro?”, organizado por Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Nórdica (GUE/NGL).

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. Seguinte