A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Leite: 2015

  1. Tractores

    As axudas anunciadas para o sector lácteo poden ser un paliativo pero non a solución ao problema dos prezos

    2 de Septembro do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego advirte que as axudas anunciadas polo Ministerio de Agricultura, consistentes en subvencionar con 300 € por vaca aquelas granxas que estean a sufrir perdas polos baixos prezos do leite, poden ser un paliativo temporal do problema pero nunca a solución.

  2. Protestas do leite en Bruxelas

    A ECVC e o EMB manifestaranse en Bruxelas durante o Consello Ministerial de Agricultura pola crise leiteira

    31 de Agosto do 2015 · 

    O vindeiro 7 de setembro, coincidindo coa celebración do Consello Ministerial de Agricultura da Unión Europea en Bruxelas, a Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), da que forma parte o SLG, e o European Milk Board (EMB), manifestaranse para denunciar a situación insostible na que levan meses miles de explotacións, na Galiza e no resto de Europa, debido á caída de prezos e a falla de control sobre a produción pola eliminación do sistema de cotas.

  3. Melide Tractorada

    En Teixeiro e Curtis faise oir a voz do sector lácteo

    27 de Agosto do 2015 · 

    Proseguindo as mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego neste mes de agosto, hoxe serán as localidades de Curtis e Teixeiro as que contemplen ao mesmo moverse pola súa supervivencia.

  4. O sector lácteo mobilízase en Sarria

    O sector lácteo en loita. Hoxe tócalle a Sarria.

    25 de Agosto do 2015 · 

    Despois das mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego nas últimas semanas, que deron comezo na espectacular manifestación do 17 de xullo en Compostela, e que proseguiron con mobilizacións en capitais de importantes comarcas gandeiras, hoxe é a vez de Sarria.

  5. Prezos xustos

    O sector lácteo de Ordes sae a rúa para esixir solucións

    21 de Agosto do 2015 · 

    Marcando unha liña de continuidade das mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego ao longo deste mes de Agosto , hoxe a cita e en Ordes, outra das capitais de comarca cuio sector lácteo sustenta gran parte da economía comarcal.

  6. Villalba 20.08.15 : O sector lácteo mobilizase con forza

    O sector lácteo mobilizase con forza na Terra Chá

    20 de Agosto do 2015 · 

    Continuando coas mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego nas últimas semanas, que deron comezo na manifestación do 17 de xullo en Compostela, e que proseguiron con mobilizacións en capitais de importantes comarcas gandeiras, como Santa Comba ou Chantada e Lalin , hoxe a cita e en Vilalba, capital da terra Cha .

     

     

  7. Tractorada Melide

    O Deza mobilízase hoxe polo sector lácteo

    12 de Agosto do 2015 · 

    Mentras o noso sector lácteo, tan importante na nosa economía e sociedade, ve como a parte produtora sufre abusos e unha forte e permanente caida nos prezos que se lle paga aos produtores/as, é de lamentar que isto suceda ante a pasividade e a falta de iniciativa dos poderes públicos para afrontar a gravedade do problema e achegar solucións.

  8. Tractorada

    Arzúa mobilízase en defensa do sector lácteo

    10 de Agosto do 2015 · 

    Despois das mobilizacións protagonizadas polo sector lácteo galego nas últimas semanas, que deron comezo na espectacular manifestación do 17 de xullo en Compostela, e que proseguiron con mobilizacións en capitais de importantes comarcas gandeiras, como Santa Comba ou Chantada, hoxe tócalle á vila de Arzúa.

  9. Vilalba e Feijóo

    O presidente Feijóo tampouco achega medidas urxentes para o sector lácteo tras incumprir todo o prometido en 2012

    6 de Agosto do 2015 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou na xuntanza de hoxe, 5 de agosto, mantida entre o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e os principais axentes do sector lácteo na Galiza. Ademais das organizacións agrarias e das cooperativas, estiveron na reunión o secretario xeral de Agricultura do Magrama, Carlos Cabanas; o conselleiro de Industria, Francisco Conde, e a súa homóloga de Medio Rural, Rosa Quintanta; representantes de industrias como Nestlé, Río, Lactalis, Celta, Peñasanta ou Reny Picot; e distribuidoras como Gadisa, Eroski, Carrefour, Mercadona e Froiz.

  10. Cabeceira da manifestación

    Dous milleiros de persoas e centros de tractores inician en Santa Comba a campaña de mobilizacións do sector lácteo

    2 de Agosto do 2015 · 

    O 1 de agosto arrancaron as mobilizacións do sector lácteo que percorrerán as principais comarcas gandeiras galegas. Bo inicio en Santa Comba, con máis dun milleiro de persoas secundando a manifestación, todo o comercio xalleiro pechado e centos de tractores apoiando a marcha. Isto non fixo máis que empezar, vista a parálise da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura á hora de tomar medidas de urxencia para axudar ás nosas granxas. O xoves, 6 de agosto, vémonos en Chantada!

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. Seguinte