A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Leite: 2015

  1. Concentración sector lácteo

    O Sindicato Labrego Galego pon en marcha a campaña “Mans arriba: este contrato lácteo é un atraco”

    10 de Abril do 2015 · 

    A Executiva do Sindicato Labrego Galego decidiu, o 9 de abril, iniciar unha campaña de denuncia da indefensión que están a sufrir as granxas de leite diante das prácticas extorsivas da industria. Hai días, o SLG xa denunciou que as empresas do sector pretenden obrigar ás explotacións que lles fornecen de leite a asinar contratos por un ano a prezos miserables -sempre por debaixo dos 29 céntimos, chegando algúns a 24 céntimos por litro- baixo a ameaza de deixar de recollerlles a produción.

  2. Mans arriba contrato

    O SLG denuncia que a industria emprega o paquete lácteo e os contratos obrigatorios para extorsionar o sector produtor

    31 de Marzo do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia que a imposición de contratos obrigatorios a un ano por parte do Ministerio, sen establecer mecanismos que garantan uns prezos que cubran os custos de produción e eviten a posición de dominio das industrias na fixación unilateral de condicións; estase a converter nunha nova arma contra as gandeiras e os gandeiros.

  3. La Arzuana

    O SLG mantivo un encontro con afectados polos impagos de La Arzuana para asesoralos no concurso de acredores

    30 de Marzo do 2015 · 

    As persoas ou entidades con débedas pendentes por parte da cooperativa La Arzuana tiveron de prazo até o 26 de marzo para reclamar os cobros. Isto é así porque o edito do concurso de acredores publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), o pasado 26 de febreiro, daba de prazo un mes para facelo. Previamente, solicitarase o concurso de acredores, o 28 de outubro; e o xulgado mercantil nº 2 da Coruña nomeara ao economista, José Manuel Mosquera Santé, como administrador concursal.

  4. Rolda de prensa

    O SLG considera inútil a multa ás lácteas sen medidas políticas contra a extorsión da industria e das distribuidoras

    6 de Marzo do 2015 · 

    O Sindicato Labrego ofreceu, o 5 de marzo, unha rolda de prensa para valorar a multa de 88 millóns de euros imposta pola Comisión Nacional do Mercado e da Competencia a varias industrias lácteas. Esta multa confirma o que organizacións como o SLG levamos denunciando durante os últimos 15 anos: que no sector lácteo non existe libre mercado e que as relacións comerciais son unha pura imposición das distribuidoras e das industrias ás granxas a través de varias prácticas ilegais entre as que se atopan a venda a perdas das primeiras ou os pactos de prezos das segundas.

  5. Isabel Vilalba

    A ECVC alerta que novos incrementos na produción de leite provocarán máis excedentes e prezos ruinosos no sector

    26 de Febreiro do 2015 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e Charo Arredondo, da Executiva de COAG, participaron, o  24 de febreiro, na xuntanza do Observatorio Europeo do Mercado do Leite (European Milk Market Obserbatory-MMO) en calidade de representantes da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC). Neste foro que xunta aos principais axentes do sector lácteo na Unión Europea, saíron á luz datos moi preocupantes sobre a situación do mercado que constatan a caída xeneralizada dos prezos provocada, en grande medida, a un constante incremento da produción que comeza a estar fóra de control.

  6. Leite Rio Gratis

    O SLG pide a retirada dunha campaña que regala Leite Río por unha posible violación da Lei da Cadea Alimentaria

    25 de Febreiro do 2015 · 

    O Sindicato Labrego Galego critica a campaña promocional coa que hoxe, 25 de febreiro, un coñecido xornal agasallará aos seus lectores e lectoras con 1 litro de leite Río Natura gratis. Unha vez máis, utilízase o leite coma produto reclamo, xusto nun momento do máis delicado para as explotacións do sector, que veñen acumulando máis dun ano de constantes baixadas no valor do produto e que, no meirande, están a cobrar prezos por baixo dos 30 céntimos que non chegan nin para cubrir os custes de produción da súa actividade profesional.

  7. Asemblea de Castro

    O SLG pide a convocatoria da Mesa do Leite para poñer fin á parálise de Medio Rural diante da crise do sector lácteo

    13 de Febreiro do 2015 · 

    Cunha caída continuada do prezo do leite dende xaneiro de 2014 e unha inminente supertaxa por excedernos da nosa cota asignada1, máis de 100 gandeiros e gandeiras que se reuniron, o 11 de febreiro no mercado de Castro de Ribeiras de Lea, convocados/as polo Sindicato Labrego Galego, valoraron a necesidade de esixir da Consellaría de Medio Rural medidas urxentes de apoio ao sector lácteo. Ademais, de non producirse resposta da Administración, adoptaron o compromiso de iniciar actos reivindicativos.

  8. Isabel Vilalba

    O SLG denuncia a falla de resposta de Medio Rural e Agricultura diante da difícil situación do sector lácteo

    10 de Febreiro do 2015 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o coordinador dos Sectores Gandeiros no SLG, Xabier Gómez Santiso, ofreceron unha rolda de prensa en Lugo, o 9 de febreiro, para denunciar a pasividade coa que o Ministerio de Agricultura e a Consellaría de Medio Rural están a afrontar a crise de prezos que vive o sector lácteo e a inminente desaparición do sistema de cotas, a partir de abril.

  9. Isabel Vilalba

    A secretaria xeral do SLG denuncia en Bruxelas o fracaso das medidas do paquete lácteo

    28 de Xaneiro do 2015 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, foi invitada pola Comisión Europea como experta a comparecer na audición pública “O paquete lácteo e as perspectivas do sector leiteiro”, que se celebrou, o 27 de xaneiro, en Bruxelas. Esta audición estivo organizada pola Comisión de Agricultura e Pesca do Parlamento Europeo, e Isabel Vilalba foi invitada polo Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL), en cuxas filas está a eurodeputada galega, Lidia Senra. Neste senso, cómpre lembrar que Isabel Vilalba, ademais de rexentar xunto ao seu cónxuxe unha explotación leiteira en Lourenzá (Lugo) é a representante da Coordinadora Europea da Vía Campesina no Foro Civil Europeo do Leite (European Civil Dialogue Group on Milk) e no Observatorio Europeo do Mercado do Leite (European Milk Market Observatory).

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6