A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Leite: 2016

  1. Isabel Vilalba no hearing

    Isabel Vilalba denunciou nunha audiencia do Parlamento Europeo o fracaso das medidas contra a crise leiteira

    26 de Maio do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou nunha audiencia (hearing) da Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo (Bruselas), o 25 de maio, baixo o título “Novas medidas de mercado excepcionais para limitar a produción leiteira”. Isabel falou en representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), organización que foi invitada a proposta da eurodeputada galega, Lidia Senra, do grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL).

  2. José Miguel Herrero

    A AICA comprométese a investigar as prácticas abusivas no sector lácteo galego no marco das súas competencias

    12 de Maio do 2016 · 

    Trala xuntanza1 mantida o pasado 9 de maio entre a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e Andoni García (COAG/EHNE-Bizkaia) co director da Axencia de Información da Cadea Alimentaria (AICA), José Miguel Herrero, dende o SLG temos que valorar positivamente a receptividade desta institución, aínda que cremos que as accións que emprendan dentro das súas competencias a AICA e a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) deben complementarse con medidas inmediatas por parte do Ministerio de Agricultura e da Consellaría de Medio Rural, de xeito que haxa unha recuperación urxente dos prezos no sector lácteo que cubran os custos da actividade gandeira (podes descargar o informe presentado diante da AICA na icona que hai ao remate desta páxina).

  3. inlac

    O SLG defendeu na INLAC un control da produción leiteira que obrigue a todas as granxas e estados da UE por igual

    21 de Abril do 2016 · 

    Tanto o Sindicato Labrego Galego (SLG) como a Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) denunciamos na xuntanza da Interprofesional Láctea (Inlac) celebrada en Madrid, o 20 de abril, a ineficacia de deixar ao arbitrio de cada un dos 28 estados membros o control da produción leiteira na Unión Europea.

  4. Grupo fortalecemento sector lácteo

    Outro encontro do Plan de Fortalecemento do Sector Lácteo que se salda sen medidas concretas para atallar a crise

    11 de Abril do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego participou, o pasado venres 8 de abril, na segunda xuntanza do Plano de Fortalecemento do Sector Lácteo, outra reunión auspiciada pola Consellaría de Medio Rural que só serviu para constatar a falla de vontade da Administración para asumir medidas valentes para atallar a crise, unha falla de vontade ben agachada tras datos, estatísticas e números cos que se tenta arrefriar o clamor dun sector lácteo que camiña cara ao abismo.

  5. Concentración PDSL en Compostela

    A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo celebra hoxe unha asemblea para organizar novas mobilizacións

    6 de Abril do 2016 · 

    A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo (PDSL), da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, anunciou que, esta mesma semana, iniciará unha nova etapa de mobilizacións que, desta vez, estarán centradas en denunciar a entrada de leite de fóra de Galiza para fornecer as industrias que operan na nosa terra.

  6. Xovenca frisoa

    Leite Río abandona a recollida en varias explotacións lácteas das comarcas de Ordes e Compostela

    31 de Marzo do 2016 · 

    O Sindicato Labrego Galego ten que denunciar, unha vez máis, o abandono de rotas de recollida de leite que vai deixar na estacada varias granxas da comarca de Ordes a partir do 1 de abril, xusto un día antes das mobilizacións anunciadas no sector. Neste caso, a empresa que deixa de recoller é Leite Río, alegando dificultades de acceso a unhas granxas ás que lles estivo mercando o leite sen problemas nos últimos anos.

  7. Manifestación 31 marzo

    Comunicado da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo diante da manifestación convocada para o 31 de marzo

    28 de Marzo do 2016 · 

    Os colectivos integrantes da Plataforma pola defensa do sector lácteo galego reunidos en asemblea o luns, 21 de marzo, en Santiago de Compostela, acordamos o inicio dun calendario de mobilizacións nos próximos días diante das ameazas de deixar de recoller o leite ás que estamos sometidas numerosas granxas e cooperativas galegas, os prezos ruinosos, o feito de que as subas aplicadas ás persoas consumidoras por parte da distribución en ningún caso están a supor unha mellora no prezo que percibimos as persoas produtoras, e a pasividade total da Consellería do Medio Rural e do Goberno da Xunta fronte á situación crítica das ganderías de leite galegas.

  8. Explotación leiteira

    As medidas presentadas pola Comisión Europea para o sector lácteo agravarán aínda máis a crise actual

    17 de Marzo do 2016 · 

    Para o Sindicato Labrego Galego, as propostas que saíron do Consello Ministerial de Agricultura da Unión Europea, celebrado o 15 de marzo en Bruxelas, non achegan solucións reais á crise actual do sector lácteo e fan ouvidos xordos ás peticións as peticións do propio sector nos diversos países comunitarios.

  9. Phil Hogan

    A Coordinadora Europea da Vía Campesina chama a orde á Comisión Europea pola crise no sector lácteo

    4 de Marzo do 2016 · 

    Unha delegación de organizacións da Coordinadora Europea Vía Campesina (ECVC), vidas de Portugal, Francia, do Estado español e Bélxica, reuniuse, o 3 de marzo, co comisario de Agricultura, Phil Hogan, para explicar a súa perspectiva con respecto á situación dramática sufrida polos produtores e produtoras de leite e para compartir as súas solucións para saír da crise.

  10. Lácteos Riotorto

    O SLG pide solucións á crise en Lácteos Riotorto, que baixará 7 céntimos ás granxas que lle venden o leite

    24 de Febreiro do 2016 · 

    A empresa lucense Lácteos Riotorto vén de comunicarlle ás granxas que lle fornecen leite que terá que pagarlles, a partir do 1 de marzo, a 19 céntimos o litro, o que supón unha baixada de 7 céntimos con respecto ao que lles pagaba. Segundo puido saber o Sindicato Labrego Galego, o motivo desta brusca depreciación ten que ver con que a industria á que lle revendía o leite Riotorto, que é unha pequena queixería que vende o leite que lle sobra na fabricación dos queixos, deixou de mercarlle.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. Seguinte