A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Leite: 2016

  1. Isabel Vilalba co Grupo Mixto

    A Plataforma en Defensa do Leite reúnese cos grupos do Parlamento de Galiza para buscar solucións á crise

    23 de Febreiro do 2016 · 

    A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo vén de rematar unha rolda de contactos con tódolos grupos políticos do Parlamento de Galiza para instalos a non deixar no esquezo a crise que seguen a sufrir as nosas granxas. O 19 de febreiro celebrouse un primeiro encontro co PP, que tivo continuidade coas reunións con PSOE, AGE, BNG e Grupo Mixto o 22 de febreiro. Por parte do Sindicato Labrego participou en tódalas xuntanzas a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane.

  2. Hogan e Van Dam

    A ECVC esixe ao Consello Ministerial de Agricultura da UE que recoñeza a "catastrófica" situación do sector lácteo

    16 de Febreiro do 2016 · 

    Onte, 15 de febreiro, celebrouse en Bruxelas un novo Consello Ministerial de Agricultura que, coma sempre, saldouse sen solucións á grave crise que padece o sector lácteo na Unión Europea trala fin do sistema de cotas en abril de 2015. Hai unha semana, dende a Coordinadora Europea da Vía Campesina enviamos unha carta ao ministro de Agricultura holandés, Martijn Van Dam, que exerce como presidente do Consello Ministerial. De seguido, compartimos con vós a misiva:

  3. Comisario de Agricultura Phil Hogan

    A Vía Campesina esixe á Comisión de Agricultura que se deixe de estudos e pase á acción no sector lácteo

    3 de Febreiro do 2016 · 

    No punto álxido dunha crise que arruinou miles de produtores e produtoras de leite en toda Europa, a Comisión Europea elixiu, unha vez máis, atrasar a acción, e optou pola súa práctica habitual de consultas, avaliacións e estudos. Afirmando que é parte dun esforzo máis amplo para mellorar a lexislación existente, a Comisión Europea enviou, recentemente, un cuestionario ás organizacións agrarias e produtoras alegando que ao indagar sobre os beneficios e dificultades do Paquete Lácteo, a enquisa mellorará o seu desenvolvemento no campo.

  4. Informe Lácteo COAG

    Informe COAG: España perde 65 granxas de leite ao mes e comeza a desprazar a produción cara á área mediterránea

    3 de Febreiro do 2016 · 

    España perde cada mes 65 granxas lácteas. A caída dun 20% no prezo do leite obrigou a pechar a 1.544 produtores e produtoras nos últimos dous anos e reduciu a cifra total a 16.490. O panorama que debuxa o informe “Da aterraxe suave ao aterra como poidas. Informe de situación do sector lácteo en España e Europa trala eliminación das cotas de produción”, elaborado polo Departamento de Gandería de COAG, é de extrema gravidade. Podes descargar o informe completo no remate desta páxina.

  5. Leche Celta

    O SLG esixe solucións para as 50 granxas de Codegui ás que Celta deixará de recollerlles o leite o 1 de febreiro

    28 de Xaneiro do 2016 · 

    As 50 granxas leiteiras da Cooperativa Codegui, o meirande de Guitiriz -pero tamén de municipios veciños como Vilalba, Aranga ou Xermade- terán que decidir que fan cos 26.000 litros de leite que lles recolle Celta, xa que esta industria con sede en Pontedeume xa lles anunciou que deixará  mercarlles a partires do 1 de febreiro.

  6. Isabel Vilalba no Milk Market Observatory

    A Comisión Europea segue sen tomar medidas na crise láctea a pesares do aumento descontrolado da produción

    27 de Xaneiro do 2016 · 

    A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o francés Phillippe Collin, participaron o 26 de xaneiro, en representación do Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), na xuntanza do Observatorio Europeo do Leite (Milk Market Observatory-MMO) que tivo lugar en Bruxelas. Alí comprobaron que a Comisión Europea segue sen activar ningunha política diante da grave crise que sofre o sector lácteo comunitario.

  7. Isabel Vilalba

    O SLG denunciou na xuntanza con Medio Rural que os prezos do leite seguen a ser ruinosos na Galiza

    14 de Xaneiro do 2016 · 

    O pasado 12 de xaneiro, a Plataforma en Defensa do Sector Lácteo mantivo un encontro coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez. Por parte do Sindicato Labrego Galego acudiu a súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane. No encontro, a Consellaría expuxo as accións institucionais que está a desenvolver para afrontar a crise do sector lácteo, mentres que a Plataforma denunciou a crítica situación na que seguen as granxas con melloras no prezo só acadadas a raíz das protestas dos últimos meses.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3