A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Vacún de Carne>
  5. O INCUMPRIMENTO DAS AXUDAS PROMETIDAS Ó SECTOR CÁRNICO ABOCA A UN NADAL DE GRAVE SITUACIÓN PARA AS EXPLOTACIÓNS

O INCUMPRIMENTO DAS AXUDAS PROMETIDAS Ó SECTOR CÁRNICO ABOCA A UN NADAL DE GRAVE SITUACIÓN PARA AS EXPLOTACIÓNS

9 de Decembro do 2008

Evolución do prezo da carne de Vacún

O SLG denunciou hoxe en rolda de prensa o incumprimento tanto das axudas aprobadas ós sectores de vacún, ovino e caprino, como das axudas a razas autóctonas en extensivo, aprobadas xa dende o mes de abril.

As axudas directas aprobadas como a do CES (Contrato de Explotación Sustentable) así como as de razas autóctonas, prometidas na primaveira do 2008, non teñen nin un euro en efectivo. É un incumprimento absoluto dos compromisos adquiridos tanto pola Consellaría de Medio Rural como polo Ministerio.

Isto, enriba da situación de prezos dos sectores citados, onde o prezo do kilogramo de carne está a nivel de hai vinte anos, vén a agravar unha situación xa de por si moi delicada.

Nestes momentos enfrontámonos á posibilidade de peche para un grande número de explotacións de carne, maiormente explotacións familiares que ademais manteñen o territorio nas zonas máis desfavorecidas e de alta montaña.

Perante desta arriscada situación, esiximos o cumprimento das axudas prometidas para que o 2008 non acabe cun novo balance de sangría de explotacións que se ven na obriga de buscar outro medio de vida como consecuencia da neglixente política agraria levada a cabo con manifesta irresponsabilidade e mentiras por parte das administracións galega e estatal.

Moitas grazas pela súa atención.

Ficheiro adxunto