A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Outros>
  5. Novo virus AH1N1: a consecuencia dunha produción gandeira absolutamente irracional e insostíbel que rebenta por todas partes

Novo virus AH1N1: a consecuencia dunha produción gandeira absolutamente irracional e insostíbel que rebenta por todas partes

4 de Maio do 2009

intensiva carne porcina

As mesmas grandes corporacións que venden a alimentación e os medicamentos nocivos para os animais, comercializan esa carne, e voltan vender os medicamentos e vacinas para as persoas vítimas das enfermidades que este propio sistema provoca. O actual modelo de produción gandeira é cada vez máis antisocial: beneficios para menos xente, aumento da fame no mundo, incremento da inseguridade alimentaria

de milleiros de granxas en cada sector, con ducias ou centos de cabezas, pasamos a ducias ou centos de granxas, con milleiros de cabezas

> alimentación totalmente planificada e dependente da Industria, onde os medicamentos xogan un papel fundamental

> grande expansión das enfermidades en moi pouco tempo nos actuais mercados globalizados: tráfico de alimentos entre países e continentes

> o actual modelo de produción gandeira é cada vez máis antisocial: beneficios para menos xente, aumento da fame no mundo, incremento da inseguridade alimentaria

> as mesmas grandes corporacións que venden o alimento e os medicamentos nocivos para os animais, comercializan esa carne, e voltan vender os medicamentos e vacinas para as persoas vítimas das enfermidades que ese propio sistema provoca.

p1

A produción gandeira pasou nas últimas décadas de miles de granxas en cada sector con ducias ou centos de cabezas, a ducias ou centos de granxas con miles de cabezas (o sector porcino é un máis, pero non diferente).

Isto provocou, en primeiro lugar, a destrución de milleiros de postos de traballo, pero ademais significou pasar dunha alimentación racional e semellante á que os animais comen no seu estado natural, a unha alimentación totalmente planificada e dependente da industria, onde os medicamentos xogan un papel fundamental.

Cando os humanos comemos o produto final, tamén inxerimos os alimentos de produción industrial e os medicamentos subministrados nesas granxas superintensivas, con milleiros de animais e alimentación non natural, nas que se producen aberracións coma a redución do período de cría a menos da metade do normal.

p2

Estes “negocios” apoiados dende os gobernos cunha lexislación feita á súa medida, son o “caldo de cultivo” perfecto para a proliferación de enfermidades, maiormente debidas á masificación e á debilidade destes animais perante dos axentes externos.

Por outra banda, como a produción está cada vez máis concentrada en poucas granxas, cada vez hai que mover máis os animais, co que se consegue unha grande expansión das enfermidades en moi pouco tempo. Isto multiplícase exponencialmente nos actuais mercados globalizados co tráfico de alimentos entre países e continentes.

Dende o Sindicato Labrego Galego denunciamos que o actual modelo de produción gandeira é cada vez máis antisocial, xa que xera beneficios para cada vez menos xente e está totalmente en mans das grandes corporacións, ao tempo que aumenta a fame no mundo. Ao mesmo tempo, incrementa a inseguridade alimentaria, coa introdución e dispersión de enfermidades, e con “alimentos de laboratorio” que poñen en perigo a saúde dos consumidores e consumidoras (vacas tolas, gripe aviar, gripe porcina...).

Con estas circunstancias, e en troques de ver como tratamos cada ano unha nova pandemia, como alarmamos á sociedade, e como poñemos ricos ós laboratorios coa compra de medicamentos e vacinas; non sería máis razoábel que nos cuestionásemos se esta maneira industrial e intensiva de producir alimentos é a que nos convén aos seres humanos?

Porque as cifras de ingresos xa confirma que ás grandes corporacións si que lles convén, xa que son quenes venden o alimento e os medicamentos para os animais, tamén son quen comercializan a carne deses animais, e por se fora pouco volven a vender os medicamentos e vacinas para as persoas vítimas das enfermidades que o propio sistema provoca.

Os seres humanos somos claramente agredidos neste sistema de produción de alimentos a cambio de pingües beneficios para as grandes corporacións.