A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Outros>
  5. A caída do prezo da carne de coello pon en graves risco ao sector cunícola. O ano pasado xa pecharon o 40% das granxas do Estado

A caída do prezo da carne de coello pon en graves risco ao sector cunícola. O ano pasado xa pecharon o 40% das granxas do Estado

25 de Xuño do 2009

Caída do prezo da carne de coello

O sector dos coellos en Galiza volve a estar en grave situación provocada por unha nova caída de prezos cuns custos de produción en alza e subindo día a día.
A caída do prezo foi de máis de 25 céntimos no último mes e medio, pasando dos 1.70, cifra moi próxima aos custos de produción, a baixar a 1,44 nas dúas últimas semanas.

Isto está a provocar que moitas granxas se estén prantexando en serio botar o peche, xa que nos últimos tempos non fan máis que acumular débedas. No conxunto do estado pecharon ó redor do 40 % no último ano.

A situación é ademais lamentábel para as cooperativas de produtores/as que son as primeiras que teñen que soportar os impagos. Aqueles/as que están producindo fóra de cooperativas, en moitos casos teñen problemas para que lles sirvan penso por débedas cos seus proveedores.

A situación non se debe, nestes momentos, ao exceso de carne de coello, que non sobra, pero a caída de prezo está aí, posibelmente provocada, unha vez máis, polas grandes ofertas das grandes superficies, que están a impor uns prezos para o consumidor/a que non cobre o gasto que a nós nos costa producila.

De prolongarse esta situación non tardarán en chegar os embargos en moitos casos, e en outros o peche da granxa, que en Galiza xa se reduciron á metade cos adversos acontecementos dos últimos tempos.

O SLG tentará reunir proximamente ó sector para mirar de iniciar algún tipo de mobilización ou de acción de denuncia desta situación.

Ficheiro adxunto