A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Outros>
  5. Dubidosos criterios de saneamento nas explotacións de Estelo

Dubidosos criterios de saneamento nas explotacións de Estelo

28 de Xullo do 2009

nós somos as primeiras interesadas en garantir a sanidade nas cabanas gandeiras

Nota de Prensa do 230709. Nas gandeirías extensivas dalgúns dos veciños e veciñas de Estelo, no concello lugués de Mondoñedo, aparecereu hogano un pequeno foco de tuberculose bovina, despois de preto de 20 anos sen que aparecera nengunha res positiva.

Este feito non suporía maior inconvinte se soio se eliminaran as reses que deron positivo na campaña, pero o problema é que Sanidade Animal decideu someter a toda a cabana á proba do gamma interferón, co cal, entre menos de 20 explotacións teñen máis de un cento de reses positivas, que non terían dado se a proba fose a habitual da tuberculina, e de feito non deron positivas na primeira proba.

Queremos denunciar dende o Sindicato Labrego Galego que se sacrifique toda esta cantidade de gando sabendo que moitos van ser falsos positivos, tomando medidas desproporcionadas pra eliminar os focos de enfermidade, matando vacas a discreción, e sen ningún plan económico que permita ás explotacións repoñer ese gando sen empeñarse con préstamos.

Sinceramente pensamos que ten que haber outros métodos de eliminar o foco de enfermidade sen eliminar a metade da cabana gandeira, e se é preciso matar todo ese gando ten que haber diñeiro para que non morran con el as explotacións afectadas.

Se non é así os gandeiros e gandeiras afectadas acabarán pensando que a campaña de saneamento, lonxe de sanear as explotacións elimínaas.