A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Outros>
  5. Que está a pasar coa vacina da lingua azul?

Que está a pasar coa vacina da lingua azul?

29 de Xullo do 2009

especulación farmacéutica

Unha afiliada da zona de A Estrada, infórmanos de que, logo de observar as extranas reaccións que se estaban a dar no seu gando e sometelo a observación durante semanas, decatouse de que é logo da aplicación da vacina contra a lingua azul cando comezan a aparecer enfermidades nas súas vacas, amosando dificultades para parir ou enfermando logo de facelo, tendo lugar o nacemento de crías en mal estado ou mortas.

Nestes últimos anos, parello ao enorme poder conquerido pola industria farmacéutica, estamos a asistir con inconsciente tranquilidade a reiteradas campañas de vacinación, humana e animal, argumentadas dende os laboratorios e aplicadas polos gobernos, que baixo unha premisa de obrigatoriedade en aras da protección da saúde pública, subministran masivamente estas sustancias á poboación e aos animais dos que nos alimentamos.

 

Este ambiente de sobremedicación estase intensificando cada ano sobre as nosas cabanas gandeiras, e tamén aquí estamos observando reaccións que obviamente non son as que se corresponden con substancias que pretende “curar” ou “inmunizar”.

 

En marzo deste ano foron os/as gandeiros/as de Aragón quenes deron a voz de alarma. Logo de comezar a vacinar contra a lingua azul, proliferaron as reaccións adversas na cabana gandeira, provocando abortos, descenso da produción láctea, infertilidade, patoloxías asociadas e a morte dos animais, diezmando as producións e acentuando inda máis a nula rendabilidade das explotacións gandeiras.

 

Perante da gravidade da situación, as gandeiras e gandeiros aragoneses reclamaron a constitución dunha Mesa de Seguimento coa participación da Facultade de Veterinaria e a análise da validez das vacinas empregadas.

 

Por esa mesma época tamén dende Asturias comezou a se falar de efectos secundarios nesta campaña de vacinación.

 

Pouco despois, no pasado mes de xuño, a Junta de Castilla y León recoñeceu oficialmente a morte de alomenos 2.503 ovellas en Palencia tras a vacinación por lingua azul. A nivel comunidade, a mes de xuño, levaban 5.651 ovinos mortos, 3.028 abortos e 111 vacúns mortos.

 

Agora, na Galiza, unha afiliada do SLG na zona de A Estrada, infórmanos de que, logo de observar as extranas reaccións que se estaban a dar no seu gando e sometelo a observación durante semanas, decatouse de que é logo da aplicación da vacina contra a lingua azul cando comezan a aparecer enfermidades nas súas vacas, amosando dificultades para parir ou enfermando logo de facelo, tendo lugar o nacemento de crías en mal estado ou mortas.

 

Por outra banda, na mesma zona, as ovellas dunha gandeira veciña sofreron o mesmo tipo de reaccións adversas, tendo como consecuencia a morte de corenta años.

 

Dende o SLG consideramos que, por moi duro que sexa afrontar que unha campaña de vacinación pode estar errada, a Administración non poden seguir obviando esta situación, máis cando mesmo tamén por parte do corpo veterinario se está a dar a voz de alarma aos gandeiros e gandeiras.

 

Non podemos permitir que continúe esta situación que, ademais de supor unha incongruencia en materia de saúde pública, está mermando inda máis a situación económica e tamén psicolóxica dos ganadeiros e gandeiras, que día a día ven como se lle morren os animais.

 

Primeiramente por saúde do noso gando e a nosa mesma, de produtores/as e consumidores/as, esiximos que se aclare que está acontecendo realmente coa vacina da lingua azul, polo que demandamos a clarificación dos datos referidos a reaccións nocivas logo da súa aplicación.

 

En segundo termo, posto que xa temos o problema enriba,  o Sindicato Labrego Galego esiximos dende xa compensacións económicas para estas explotacións que, en último termo, están a ser vítimas da especulación da industria farmacéutica alentada pola irresponsabilidade ou, no mellor dos casos, neglixente ignorancia, das administracións que lles proporcionan os marcos legais para que campen ás súas anchas.