A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas>
  3. Gandería>
  4. Outros>
  5. Xornada informativa do SLG en Vilalba: Seguros agrarios no sector gandeiro

Xornada informativa do SLG en Vilalba: Seguros agrarios no sector gandeiro

23 de Marzo do 2010

gandaria

Enfocada ao sector no seu conxunto, prevese a asistencia de máis de sesenta persoas, xa que os temas a tratar son de interese tanto para colectivos como para cooperativas, asociacións de produtores/as de gandaría, ADS´s e tamén a nivel particular a gandeiros e gandeira de leite e de carne.

Dende as 11:00hrs. até as 14:00hrs. de mañá, mércores 24, o Sindicato Labrego Galego realizará no Hotel Terra Chá de Vilalba (Lugo) unha xornada informativa sobre os seguros agrarios no sector gandeiro.

En relación aos relatores, contaremos con axentes activos no seguro agrario dende distintos eidos, tanto da Administración central, coma do sector produtor e das empresas xestoras de seguros.

Mariano Pazos, Secretario de Formación e Servizos do SLG, será o encarregado de encetar a xornada.

 

Seguros agrarios no sector gandeiro

[Vilalba, 24 de marzo]

 

11,00h. Representante da Entidad Estatal de Seguros Agrarios (ENESA), do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño.

 

12,00h. Judit Sánchez, Responsábel Técnica da Coordinadora de Organizaciones de Agricultores y Ganaderos (COAG): As novas políticas nos seguros agrarios de gandaría na Galiza. Presente e futuro.

 

13,00h. Ramón Martín, Delegado de Zona de AGROSEGURO: Os seguros gandeiros na Galiza.

 

 

 seg

seg

seg