A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Outros: 2007

  1. 12 de abril, xornada sobre "Viabilidade da comercialización de aves e coellos das granxas artesanais"

    Polos 27 de Marzo do 2018 · 

    O 12 de abril, o Pazo de Mariñán (Bergondo) acollerá unha xornada sobre “Viabilidade da comercialización de aves e coellos das granxas artesanais a través de espazos de sacrificio colaborativos”. Interesante iniciativa que abordará unha das fases máis dificultosas para as granxas de aves e coellos e, ao mesmo tempo, das que máis potencial e futuro teñan para as explotacións avícolas e cunícolas familiares: o sacrificio na propia granxa e a comercialización directa da carne. Para inscribirte, tes que chamar ao 686 783 800 ou enviar un email cos teus datos a arrexo4@gmail.com Podes descargar o programa na seguinte icona.

  1. Campamento de avicultura en Francia

    A afiliación do SLG viaxa a Francia para coñecer a avicultura extensiva

    30 de Abril do 2007 · 

    Tras realizar, durante o primeiro trimestre do ano, un curso sobre avicultura extensiva, o Sindicato Labrego da comarca do Deza e Tabeirós organizou unha viaxe formativa a Francia para coñecer un xeito alternativo de producir aves ao modelo intensivo imperante. As explotacións visitadas demostraron que se poden ter grandes producións respectando o medio am-biente, alimentando de xeito natural ás aves e creando sólidas estruturas económicas e sociais no medio rural. Velaí a crónica desta xente viaxeira do Sindicato Labrego Galego.