A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Outros: 2009

  1. frisona

    Taxa na Lonxa de Silleda, un novo golpe para as explotacións

    13 de Novembro do 2009 · 

    Dende a existencia da Lonxa Agropecuaria de Galicia, en Silleda, nunca antes se cobraran taxas pola asistencia do gando a dita feira.

  2. especulación farmacéutica

    Que está a pasar coa vacina da lingua azul?

    29 de Xullo do 2009 · 

    Unha afiliada da zona de A Estrada, infórmanos de que, logo de observar as extranas reaccións que se estaban a dar no seu gando e sometelo a observación durante semanas, decatouse de que é logo da aplicación da vacina contra a lingua azul cando comezan a aparecer enfermidades nas súas vacas, amosando dificultades para parir ou enfermando logo de facelo, tendo lugar o nacemento de crías en mal estado ou mortas.

  3. nós somos as primeiras interesadas en garantir a sanidade nas cabanas gandeiras

    Dubidosos criterios de saneamento nas explotacións de Estelo

    28 de Xullo do 2009 · 

    Nota de Prensa do 230709. Nas gandeirías extensivas dalgúns dos veciños e veciñas de Estelo, no concello lugués de Mondoñedo, aparecereu hogano un pequeno foco de tuberculose bovina, despois de preto de 20 anos sen que aparecera nengunha res positiva.

  4. nós somos as primeiras interesadas en garantir a sanidade nas cabanas gandeiras

    Dubidosos criterios de saneamento animal tamén en Abadín

    28 de Xullo do 2009 · 

    Logo dos problemas denunciados na semana pasada polo SLG e que afectaban ao Estelo, nesa ocasión en relación ás prácticas de sanidade animal perante da suposta detección de tuberculose, atopámonos arestora cunha problemática similar na mesma zona.

  5. Caída do prezo da carne de coello

    A caída do prezo da carne de coello pon en graves risco ao sector cunícola. O ano pasado xa pecharon o 40% das granxas do Estado

    25 de Xuño do 2009 · 

    O sector dos coellos en Galiza volve a estar en grave situación provocada por unha nova caída de prezos cuns custos de produción en alza e subindo día a día.
    A caída do prezo foi de máis de 25 céntimos no último mes e medio, pasando dos 1.70, cifra moi próxima aos custos de produción, a baixar a 1,44 nas dúas últimas semanas.

  6. intensiva carne porcina

    Novo virus AH1N1: a consecuencia dunha produción gandeira absolutamente irracional e insostíbel que rebenta por todas partes

    4 de Maio do 2009 · 

    As mesmas grandes corporacións que venden a alimentación e os medicamentos nocivos para os animais, comercializan esa carne, e voltan vender os medicamentos e vacinas para as persoas vítimas das enfermidades que este propio sistema provoca. O actual modelo de produción gandeira é cada vez máis antisocial: beneficios para menos xente, aumento da fame no mundo, incremento da inseguridade alimentaria