A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego (SLG), Isabel Vilalba Seivane, e o secretario técnico da Asociación Galega de Apicultura (AGA), Xesús Asorey, foron as persoas encargadas de rexistrar nos edificios administrativos de San Caetano (Compostela) hoxe, 19 de outubro, senllos escritos dirixidos ás consellarías de Industria e Medio Rural para que lle esixan ao Goberno do Estado os cambios lexislativos necesarios para posibilitar unha etiquetaxe transparente no mel na que se detalle, entre outros aspectos, o país ou países de orixe do produto. Posteriormente, ás 13:00 horas, ambos mantiveron unha xuntanza coa directora xeral de Comercio, Sol María Vázquez Abeal , para expoñerlle a problemática denunciada.
COAG, organización agraria da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, mantivo unha xuntanza bilateral con Mercadona esta semana para analizar a situación do sector cunícola e compartir inquedanzas e posíbeis actuacións de mellora, tanto da produción como na distribución. Ambas partes coincidimos en que a conxuntura do sector cunícola é crítica e consideramos necesario dar unha viraxe á situación, de tal maneira que se asegure a sostibilidade da cadea de valor do coello.
A Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), da que forma parte o SLG, trasladou hoxe ao Ministerio de Agricultura un documento de propostas para atallar a crise de prezos que padecen os produtores e produtoras de carne de coello dende hai varios meses. As propostas perseguen un dobre obxectivo: mellorar a situación económica das explotacións e favorecer a transparencia no mercado.
Na xuntanza mantida esta semana entre o Sindicato Labrego Galego e a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén Docampo (), trasladóuselle á Consellaría o empeoramento, nas últimas semanas, dunha situación que xa era insostible das persoas que viven na Galiza de producir coello.
Tras dous anos con prezos en orixe por baixo de custos, a COAG e o Sindicato Labrego Galego consideramos inadmisible a actuación dos grandes matadoiros que operan no sector cunícola. “Ao tempo que afirman que sobra o 30% da produción de coello para xustificar os baixos prezos, están a abrir granxas de integración e ameazando con deixar de recoller a produción das explotacións independentes. A transparencia na cadea de valor brilla pola súa ausencia. Estamos cansos e cansas de mentiras e de que todo o mundo leve a súa marxe a costa dos produtores e das produtoras”, subliñou Xosé Luís Santaclara, responsábel do sector cunícola de COAG e produtor na Galiza.
O Sindicato Labrego Galego ofreceu unha rolda de prensa, o 12 de febreiro, para denunciar os fortes recortes que están a sufrir as axudas agroambientais, retalladas que se traduciron na denegación de 2.244 solicitudes e na marxinación de proxectos que teñen que ver con gandería extensiva, sobre todo en zonas desfavorecidas de montaña. Na comparecencia ante os medios de comunicación participaron a secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, e un gandeiro e unha gandeira afectadas: Mercedes Maseda Martínez, produtora de carne de vacún en Pacios (Castro de Rei) e Alberto Santín González, produtor de ovino e caprino en Sarria.
A Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) e o Sindicato Labrego Galego (SLG) solicitamos do Ministerio de Agricultura e da Axencia Española de Consumo, Seguridade Alimentaria e Nutrición (AECOSAN) a adaptación da normativa hixiénico-sanitaria comunitaria para facilitar a venda directa da carne de coello dos produtores e produtoras aos consumidores e consumidoras.