A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

Outros: 2019

  1. A CMR e a Subdireción Xeral de Gandaría seguen sen atender as consecuencias do baleirado sanitario nas granxas galegas

    ConcentraciónXuntaOurense 26 de Marzo do 2024 · 

    Esta mañá arredor de 150 de gandeiras/os do SLG-CCLL concentráronse na delegación da Xunta de Galicia en Ourense. O Subdirector Xeral de Gandaría e o Conselleiro de Medio Rural seguen desaparecidos. Solicitamos xuntanza en Compostela

  2. Concentración de protesta fronte ao sacrificio obrigatorio de centos de animais sans e as indemnizacións de miseria

    m26 22 de Marzo do 2024 · 

    O MARTES 26 DE MARZO, ás 11.30h., diante da Delegación da Xunta de Galicia en OURENSE. Esiximos unha reunión urxente ca Consellaría do Medio Rural para abordar o criterio de prevalencia 0 e medidas asociadas

  3. Denunciamos a absoluta indefensión da granxa de Manzaneda á que se lle obrigará a sacrificar 40 vacas sas

    marcaxe 19 de Marzo do 2024 · 

    A marcaxe das vacas para sacrificio paralizada a semana pasada co apoio de máis de 200 persoas tivo lugar na mañá de hoxe. O Conselleiro sigue desaparecido. Instamos a unha revisión urxente da catalogación da prevalencia 0 de tuberculose na Galiza

  4. Centos de gandeiros/as e veciñanza impiden a marcaxe de 40 animais sans para sacrificio nunha granxa de Manzaneda

    BaleiradoSanitario2 15 de Marzo do 2024 · 

    Acordan solicitar á CMR accións inmediatas en materia de saneamento, criterio de prevalencia e indemnizacións. Entre as demandas: xuntanza urxente ca CMR para abordar o baleirado sanitario. A marcaxe foi adiada para o vindeiro martes

  5. Demandamos medidas de apoio para as granxas que teñen que facer fronte a un baleirado sanitario

    vienesa 11 de Marzo do 2024 · 

    Dende o SLG-CCLL seguimos de preto o caso dunha granxa de Manzaneda, que terá que asumir perdas superiores aos 32.000€. O baleirado sanitario non só implica un prexuízo económico para as persoas gandeiras, senón tamén un impacto emocional

  6. Baleirado sanitario: un prexuízo económico e emocional para as explotacións gandeiras

    baleirado 12 de Febreiro do 2024 · 

    O SLG-CCLL demanda medidas de apoio para as persoas gandeiras que teñen que facer fronte a un baleirado sanitario. Facemos público o caso dunha granxa de Manzaneda (Ourense), que terá que asumir perdas superiores aos 32.000€

  7. Xornada sobre os beneficios económicos e sociais da alimentación en base a pasto

    XornadaAlimentaciónEnBaseAPasto 22 de Xaneiro do 2024 · 

    Centro Etnográfico de Teixeiro, xoves 25 de xaneiro, de 11 a 14h. Esta xornada informativa enmárcase na campaña de denuncia da industrialización da IXP Ternera Gallega/Vacún de Galicia

  8. A Consellaría do Medio Rural demora as axudas destinadas á EHE dende hai máis de 3 meses

    Primeiro plano dunha vaca 20 de Decembro do 2023 · 

    A Orde destinada ás axudas por Enfermidade Hemorráxica Epizoótica segue sen estar pública e as granxas sen poder solicitala nin cobrar por elas. É agora cando as gandeiras precisamos axuda económica para tentar compensar as perdas que estamos tendo nas granxas.

  9. Aumentan as perdas por mor da EHE. Esiximos á CMR axudas que cubran a totalidade de custos derivados

    ehe2 30 de Outubro do 2023 · 

    Demandamos máis información ao sector, investigación pública, medidas preventivas e máis rapidez no servizo veterinario oficial. Iniciamos unha campaña de recollida de datos nas granxas ante a posibilidade de que a CMR estea a minimizar o impacto da EHE

  10. MANIFESTO DA CONCENTRACIÓN CONTRA A VESPA VELUTINA (LUGO)

    MANIFESTO DA CONCENTRACIÓN CONTRA A VESPA VELUTINA (LUGO) 11 de Outubro do 2023 · 

    Reproducimos o Manifesto lido esta mañá, por persoal do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, diante da Xunta de Galicia, en Lugo, solicitando con urxencia un plan de loita contra a Vespa Velutina.

  11. Máis dun cento de persoas esixen á Xunta de Galicia a activación dun Plan galego para o control da Velutina

    VelutinaLugo111023 11 de Outubro do 2023 · 

    Arredor de 150 persoas secundaron esta mañá en Lugo a concentración convocada polo SLG en demanda de medidas. Malia ao patente agravamento nestes últimos anos, a Xunta segue sen asumir as súas competencias fronte a esta especie invasora

  12. Concentración en LUGO para reclamar un plan de choque contra a Velutina

    CartazVelutinaLugo 6 de Outubro do 2023 · 

    O SLG-CCLL convoca unha mobilización para o vindeiro mércores 11 en LUGO, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia. Malia o patente agravamento nestes últimos anos, a Xunta segue sen asumir as súas competencias fronte a esta especie invasora

  13. A CMR ten as competencias para establecer medidas fronte a EHE, Conselleiro reacciona xa!

    mapa ehe 21 de Septembro do 2023 · 

    Preocupación nas granxas ante a posibilidade de que a ineficacia da CMR ca EHE acade o nivel de desleixo amosado ca lingua azul. Entre as medidas a activar, solicitamos que tanto a EHE como a lingua azul sexan incorporadas ao Agroseguro da ENESA

  14. Voltamos dirixirnos á CMR, e tamén ao Ministerio, ante a persistencia de problemas ca vacinación da Lingua Azul

    linguazaul2 21 de Agosto do 2023 · 

    Debido á mala planificación da campaña as granxas están tendo que financiar veterinarixs privadxs, incrementando os custos. Continúan as reaccións adversas á vacina na cabana gandeira, sen que se estea a realizar un seguimento rigoroso das mesmas

  15. A Consellería de Medio Rural abandona as gandarías ante os problemas que lles está a ocasionar a vacinacións fronte a Lingua Azul

    Linguazul 3 de Agosto do 2023 · 

    A descoordinación e falta de información da Consellaría do Medio Rural provoca preocupación e aumento de gastos nas granxas.  Sindicato Labrego Galego solicitou en varias ocasións unha xuntanza co Conselleiro José González, que sigue desaparecido

  16. O SLG reitera acordar unha xuntanza urxente coa CMR ante a problemática da lingua azul

    Lingua azul 20 de Xullo do 2023 · 

    O 11 de xullo dirixímonos á Consellería de Medio Rural solicitando unha xuntanza coa persoa responsábel da área de vacinación animal sen recibir resposta. O protocolo do que fala a CMR debera ser público e as persoas que se encargan da vacinación dos animais, deberan ter informado da súa existencia.

     
  17. Solicitamos xuntanza ca CMR para concretar as incidencias derivadas da vacina da lingua azul e abordar solucións

    vacinalinguaazulDIARIOSUR 11 de Xullo do 2023 · 

    Ao igual que nas campañas precedentes, persisten as reaccións adversas na cabana gandeira vacinada da lingua azul. O SLG-CCLL pide á Xunta de Galicia aclarar o número de animais afectados e traballar na procura de solucións a esta problemática

  18. Alertamos da elevada presenza de Vespa velutina e propoñemos unha batería de medidas á Xunta de Galicia

    TrampasVelutina 16 de Xuño do 2023 · 

    Foron detectadas velutinas durante o trampeo primaveral, e este mes en colmeas e apiarios, presaxiando un ano complicado. Dirixímonos a Medio Rural e Medio Ambiente para que asuman as súas responsabilidades no control de especies invasoras

  19. Solicitamos a corrección do RD4/2023 eliminando o límite mínimo de colmeas e a condición de trashumante

    Apicultura 2 de Xuño do 2023 · 

    O Ministerio de Agricultura ignora a realidade apícola galega establecendo criterios que deixan fóra á maioría de produtoras. Reiteramos a urxencia en que a CMR active unha Mesa da Seca galega e adopte medidas específicas para os nosos apiarios

  20. Esiximos ao Director Xeral de Gandaría solucións inmediatas para as eivas da campaña de sanemento animal

    Saneamento 8 de Marzo do 2023 · 

    O SLG acompañou a gandarías afectadas na Terra Chá a unha xuntanza co Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias. Dende outubro granxas afectadas veén denunciando numerosas problemáticas vinculadas ás deficiencias do saneamento animal

  21. O sector apícola traslada ás súas reivindicacións ás Consellarías e Ministerio a través do SLG

    api 10 de Febreiro do 2023 · 

    Demandamos apoio á produción, racionalización da burocracia, transparencia na comercialización, PAC e loita contra a velutina. O SLG activará unha campaña multisectorial para reivindicar á Xunta unha estratexia real de loita contra contra a vespa velutina

  22. Segunda xuntanza en Abadín de granxas afectadas polas eivas da campaña de saneamento

    abadinsaneamento2 3 de Novembro do 2022 · 

    As/os gandeiras/os están recabando apoios para presentar un escrito á CMR denunciando a situación e propoñendo medidas. Solicitan que se concrete á maior brevidade posíbel unha xuntanza co conselleiro do medio rural, José González Vázquez

  23. GRANXAS DE ABADÍN AFECTADAS POLO MAL FUNCIONAMENTO DA CAMPAÑA DE SANEAMENTO ORGANÍZANSE PARA DEMANDAR MEDIDAS URXENTES Á CONSELLARÍA DO MEDIO RURAL

    saneamento 29 de Outubro do 2022 · 

    Realizarán unha segunda xuntanza o vindeiro 2 de novembro para articularse e demandar medidas para paliar os prexuízos. Chaman a atención sobre o feito de que algunhas parroquias pasaron súbitamente dun 0% de positividade a un 80%

  24. As granxas denuncian unha sensíbel merma na calidade dos crotais subministrados polas OAC da CMR

    crotais6b 12 de Xullo do 2022 · 

    A perda dun ou dos dous crotais dun animal implican tempo, gastos, penalizacións na PAC e outras medidas administrativas. O SLG-CCLL solcitará reunirse coa Consellaría do Medio Rural para que recupere a calidade destes identificadores animais.

  25. Alegamos ao borrador do RD de Normas Básicas de Ordenación das Granxas Bovinas

    RDBOVINO 8 de Abril do 2022 · 

    Solicitamos limitar a carga burocrática e ter en conta os aportes sociais e medioambientais das pequenas e medianas granxas. Expresamos a nosa preocupación polo plantexamento adaptado ao modelo agroindustrial subxacente no borrador do RD.

  26. Denunciamos o despropósito de lexislar sobre o gando do medio rural como se foran animais das cidades

    vaca_201221 20 de Decembro do 2021 · 

    O Sindicato Labrego Galego – Comisións Labregas amosa a súa preocupación e desconformidade ca ordenanza aprobada polo concello ourensán Castrelo do Val que establece restricións ao paso, estancia e tránsito do gando polo casco urbano.

  1. Manifestación velutina Ourense

    A Asociación Galega de Apicultura (AGA) convoca protestas en Ourense para esixir solucións á expansión da velutina

    3 de Abril do 2019 · 

    A Asociación Galega de Apicultura (AGA) convocou unha concentración de protesta para o xoves 4 de abril diante da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense. Será ás 11:00 e con ela, unha vez máis, tentará chamar a atención da Consellaría de Medio Ambiente dunha praga que está a ser catastrófica para o sector apícola que se lle foi das mans ás autoridades competentes para controlala: a avespa velutina. De seguido, compartimos con vós os argumentos de AGA para saír á rúa.