A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. FOUCE 323: Unha portada histórica coa aprobación da Carta de Dereitos Labregos na Organización das Nacións Unidas

    Portada Fouce 323 18 de Xaneiro do 2019 · 

    Esta semana está chegado ás casas o Fouce 323, correspondente aos últimos meses do ano 2018. Destacamos na portada a histórica votación na ONU coa que se aprobou a Carta de Dereitos Labregos e o primeiro Encontro LGTBIQ da Coordinadora Europea da Vía Campesina que se celebrou en Compostela. Tamén neste número encontrarás interesantes entrevistas como as que lle fixemos ao mestre queixeiro José Luís Martín ou á enóloga Cecilia Fernández.

  2. O SLG denuncia a privatización dos dereitos laborais d@s autónom@s no novo decretazo do Goberno do Estado

    Ministerio Seguridade Social 16 de Xaneiro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere denunciar un novo decretazo do Goberno do Estado co que se afonda aínda máis no proceso de privatización dos dereitos laborais dos traballadores e das traballadoras do Réxime de Autónom@s: a obriga de deixar a Seguridade Social por mutuas privadas dos autónomos e autónomas que cotizaban antes da reforma do 1 de xaneiro de 1998.

  3. O Sindicato Labrego Galego asina unha carta de solidariedade e apoio á comunidade zapatista de México

    Zapatistas 15 de Xaneiro do 2019 · 

    Nós, intelectuais, académic@s, artistas, activistas e persoas d eboa vontade, así como organizacións, asociacións e colectivos de varios países manifestamos a nosa solidariedade co Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) neste momento crucial da súa historia e rexeitamos tallantemente a actual campaña de desinformación, mentiras e calumnias dirixida en contra do zapatismo.

  4. O SLG reclama á Xunta a garantía pública de que a gandería sostible quedará exenta da obriga de enterrar os xurros

    Inxector de xurros 7 de Xaneiro do 2019 · 

    Comezamos 2019 e os sectores agrogandeiros seguen sen saber que vai ser deles coa obriga de enterrar os xurros cando se aplican para fertilizar a terra. Agora mesmo, na Galiza, non se poden utilizar sistemas de canón, pero permítese empregar os de abano -os máis usados na nosa terra- para esparexer grazas a unha moratoria que o Ministerio de Agricultura permitirá ampliar durante o presente ano. Pero, mentres non se faga oficial o contrario, a obriga de mercar maquinaria para enterrar os xurros e evitar penalizacións nas axudas da PAC segue vixente.

  5. O SLG denuncia que hai granxas con problemas para cobrar a PAC por culpa dos procesos de concentración parcelaria

    Parcelaria 26 de Decembro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego solicitará unha entrevista con responsábeis da Consellaría de Medio Rural para denunciar o impago das axudas da PAC a granxas que están afectadas por procesos de concentración parcelaria. Trátase dun problema xeneralizado en toda Galiza e no que a Consellaría de Medio Rural está a demostrar a máis absoluta desidia, deixando as granxas afectadas á súa sorte.

  6. Frouma publica o estudo "Territorios en común: Casas con fume, montes sen lume", sobre o monte veciñal na Galiza

    Vacas no monte 20 de Decembro do 2018 · 

    O 20 de decembro, presentouse no local da CMVMC de Balouta e Fontecova (Dodro) Territorios en común: casas con fume, montes sen lume. Trátase dun completo estudo promovido pola Asociación Frouma no que Lara Barros Alfaro (historiadora) e Diego Sánchez Agra (enxeñeiro forestal) afondan na historia e evolución dos montes veciñais e en man común na Galiza, con especial fincapé nos da provincia da Coruña e na función preventiva contra os lumes forestais que desempeñan. Este proxecto conta co financiamento da Deputación da Coruña. Se che interesa, podes descargar a obra premendo na icona que atoparás nesta páxina.

  7. Vítor Fernandez, Casa do Neiro: "Facemos pastoreo día e noite porque é o mellor para as vacas e para nós"

    Vítor Fernández 20 de Decembro do 2018 · 

    Vítor é un mozo de 33 anos que, coma moitos do rural, tentaron buscar mellores oportunidades fóra da aldea. Tras dez anos traballando como comercial, tivo que regresar á casa de Esmoriz (Chantada) e facerse cargo dunha granxa de leite cando “nunca muxira unha vaca”. Dende o primeiro minuto, sentiuse apaixonado polo traballo gandeiro, pero tamén contrariado por ter que organizalo baixo as directrices dun modelo produtivista pensado por e para o beneficio da industria a costa do benestar dos animais e das persoas. Nesta entrevista, Vítor cóntanos como nadou contracorrente para poder vivir dignamente el e súa nai, hoxe en día, muxindo pouco máis de vinte vacas en réxime de pastoreo.

  1. Mel

    O Sindicato Labrego Galego responde a enquisa do Ministerio de Agricultura sobre a etiquetaxe do mel

    18 de Decembro do 2018 · 

    Até o este mércores 20 de decembro está aberta unha consulta pública do Ministerio de Agricultura sobre a implantación e obriga dunha etiquetaxe máis detallada da orixe de mel. É importante que os consumidores e consumidoras teñamos información clara sobre a orixe dos produtos que mercamos, e os produtores e produtoras a oportunidade de defendernos ante as importacións masivas de mel de baixa calidade.

  2. Cadea de valor

    O Goberno esquece o sector produtor para defender só as grandes distribuidoras na regulación da venda a perdas

    17 de Decembro do 2018 · 

    O Sindicato Labrego Galego lamenta a falla de compromiso demostrada pola Xefatura do Estado cos labregos e labregas no Real Decreto Lei 20/2018 de Medidas Urxentes para o Impulso da Competitividade Económica na Industria e Comercio. Coa súa publicación, e coa regulación da prohibición da venda a perdas, o Goberno volve lexislar para as grandes empresas e perde unha oportunidade de reforzar e protexer a posición do sector produtor.

  3. Concentración apícola

    SLG e AGA esixen unha etiquetaxe transparente para o mel de cara a evitar a venda fraudulenta de produtos foráneos

    11 de Decembro do 2018 · 

    A Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG) organizou unha campaña de accións en 18 cidades do Estado para denunciar a normativa que regula a etiquetaxe do mel, por amparar a fraude e prexudicar directamente o mel de calidade dos nosos apicultores e das nosas apicultoras.Na Galiza, fomos o Sindicato Labrego Galego e a Asociación Galega de Apicultura as organizacións encargadas de secundar esta mobilización, cunha concentración no Centro Comercial As Cancelas, en Compostela. De seguido, compartimos con vós o manifesto:

  4. Mel COAG

    SLG e AGA farán unha protesta o 11 de decembro en Compostela en defensa do noso mel

    5 de Decembro do 2018 · 

    O sector apícola da Coordinadora de Organizacións Agrarias e Gandeiras (COAG), da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, organizou unha serie de mobilizacións para o 11 de decembro en Almería, Córdoba, Guadalaxara, Xaén, As Palmas, Logroño, Málaga, Menorca, Murcia, Oviedo, Pamplona, Salamanca, Santander, Santiago de Compostela, Sevilla, Tenerife, Valencia e Zaragoza, para denunciar os abusos da industria do mel a produtores e produtoras, por unha banda, e ás persoas que consumen, por outra.

  5. Sen prexuízos no rural

    O SLG fixo tres obradoiros para traballar polos dereitos das mulleres que sofren violencia e do colectivo LGTBIQ

    4 de Decembro do 2018 · 

    A finais de novembro, baixo o título “Sen prexuízos no rural”, a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego rematou unha serie de tres obradoiros cos que tentamos achegarnos máis á realidade que sofren as mulleres que padecen situacións de violencia e ás persoas dos colectivos LGTBIQ que viven no rural, especialmente o da comarca compostelá. Esta actividade fíxose co apoio económico da Concellaría de Igualdade do Concello de Santiago, e contou co acompañamento da facilitadora Tareixa Ledo Regal.

  6. Foro Agroecoloxía

    O III Foro Labrego de Agreocoloxía no Fouce 322: Proxectos agroecolóxicos coa forza das redes e do colectivo

    3 de Decembro do 2018 · 

    A falta de espazo no Fouce 322 fixo que non puidésemos darlle unha extensión suficiente a varios contidos do III Foro Labrego de Agroecoloxía que foron do máis interesante. Un bo exemplo é o da palestra de proxectos agroecolóxicos celebrada o primeiro día, que convocou catro experiencias do máis diverso co denominador común de seren iniciativas cooperativas ou colectivas. De seguido, compartimos con vós o texto íntegro orixinal que tivemos que resumir para publicar na edición impresa do Fouce.

  7. II Festival Son Labrego

    O II Festival Son Labreg@ no Fouce 322: "Sangue novo para pór a andar a agroecoloxía e a cultura no rural"

    30 de Novembro do 2018 · 

    No Fouce 322, publicamos unha crónica de dúas páxinas sobre os principais contidos que encheron as palestras do II Festival Son Labreg@. Esas dúas páxinas quedaron curtas, polo que agora compartimos con vós o texto orixinal ampliado no que damos voz a labregos e labregas como Alberte Santín, Ana Corredoria, Xosé García ou Mónica Llenderrozos; e a activistas culturais do rural como Anxo Moure, Lola Tourón, Xosé Bocixa ou Vanesa Castro. 

  8. Mani CNA Lisboa

    Campaña de mobilizacións e emendas da ECVC para dar unha viraxe labrega á Política Agraria Común

    29 de Novembro do 2018 · 

    A menos dunha semana da presentación das emendas aos informes do Parlamento Europeo sobre a Política Agraria Común (PAC) post 2020, a Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) está a desenvolver unha campaña en toda Europa para insistir na necesidade de definir un modelo agrícola que sexa sostible e constitúa un verdadeiro apoio para as zonas rurais.

  9. Marchas da Dignidade en Touro

    Manifestación das Marchas da Dignidade o sábado en Touro contra a depredación empresarial da Galiza

    26 de Novembro do 2018 · 

    Este sábado, 1 de decembro, as Marchas da Dignidade, das que formamos parte o SLG, convocamos unha manifestación contra a depredación que leva décadas sufrindo o noso territorio, de norte a sur e de leste a oeste, de Lourizán a Corcoesto, da Limia ao Courel, coa complicidade vasala do meirande das administracións con respecto aos intereses empresariais. O lugar para realizar a marcha será Touro, pola súa especial significación que acadou nos últimos meses nesta loita contra a depredación sen límites e para expresar o apoio das organizacións que formamos parte das Marchas da Dignidade á loita contra o proxecto de Atalaya Mining. De seguido, compartimos con vós o manifesto:

  10. Vendima

    A caída na produción e a estabilidade nos prezos marcou o panorama xeral da vendima de 2018

    26 de Novembro do 2018 · 

    Este ano, a colleita de uva veu condicionada, como xa informamos no anterior Fouce, por fortes ataques de fungos como o mildiu ou o black roth, que afectaron de maneira desigual, dependendo da zona, e se cebaron especialmente cos viñedos traballados en ecolóxico, con abondosas perdas. No #Fouce322 falamos cos nosos vocais nas diversas denominacións de orixe para que nos contasen como foi esta campaña en cada rexión vinícola galega.

Arquivo