A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Alerta ambiental

    A Xunta tenta aproveitar o estado de alarma para sacar adiante 1.000 proxectos industriais controvertidos

    5 de Maio do 2020 · 

    O Consello da Xunta do xoves 30 de abril do 2020 aprobou reactivar a tramitación administrativa en materia de valiación ambiental de 975 proxectos que estaban paralizados polo Estado de alarma. Froito diso, e cando aínda xiste unha seria crise sanitaria e a poboación segue confinada e sen poder desenvolver as súas actividades de forma ormalizada, a Xunta de Galicia dita unha Orde, publicada no DOG deste 4 de maio, para que comecen a correr os prazos de exposición pública destes proxectos industrias de grande impacto.

  2. SLG informa

    Novidades normativas na Fase 0 do proceso de desescalada no estado de alarma pola pandemia do Covid-19

    4 de Maio do 2020 · 

    Nos últimos días publicáronse varias novidades normativas no BOE e no DOG que afectan a cuestións de importancia como a autorización dos mercados alimentarios de proximidade na Galiza ou o acceso ás hortas de autoconsumo. Se queres coñecelas, descarga o boletín "SLG informa" premendo na icona que atoparás a continuación:

  3. Pataca Limia

    O SLG intermedia con Medio Rural para buscar saída a máis de 1'5 millóns de quilos de pataca de 11 produtores na Limia

    4 de Maio do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego dirixiuse, o 30 de abril, á Consellaría de Medio Rural para facerlle entrega dunha lista de once produtores e produtoras da Limia (Xinzo, Sandiás e Vilar de Barrio) que teñen almacenados máis de 1'5 millóns de quilos de pataca sen saída comercial aos que non se lles está a ofrecer ningún tipo de apoio ou axuda.

  4. Valedor do Pobo

    SLG e FRUGA levan á Valedora do Pobo a prohibición dos mercados alimentarios de proximidade

    30 de Abril do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galega (FRUGA) rexistraron, o 29 de abril, unha queixa diante da Valedora do Pobo para tentar resolver, dunha vez por todas, o grave problema que supón para miles de familias labregas manter prohibidos os mercados alimentarios de proximidade.

  5. Viñedos

    O SLG pide medidas de apoio contra a crise do viño e critica as restricións absurdas na viticultura de autoconsumo

    29 de Abril do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego quere expresar a súa disconformidade con que se siga impedindo o coidado dos viñedos para autoconsumo ou como actividade non profesional, limitando o acceso só para ribeiras que están no mesmo termo municipal da persoa titular ou a cinco quilómetros como máximo se están noutro concello. Ademais, pide que se activen axudas para apoiar o sector na forte crise que está sufrindo antes de que sexa demasiado tarde.

  6. DOG

    O SLG facilita o modelo de declaración responsable para desprazarse a hortas e viñedos de autoconsumo

    28 de Abril do 2020 · 

    A Consellaría de Medio Rural vén de permitir a agricultores e agricultoras profesionais poder desprazarse ás súas hortas ou viñedos para traballar. Fíxoo cunha modificación da Orde do 23 de marzo de 2020 pola que se adoptan medidas de carácter obrigatorio en relación co COVID-19 publicada hoxe, 28 de abril, no Diario Oficial de Galicia (DOG). Podes consultala AQUÍ

  7. Mercado San Agustín

    Máis de 700 organizacións do Estado advertimos que a agricultura a pequena escala segue á espera de respostas

    27 de Abril do 2020 · 

    Máis de 700 organizacións de todo o Estado seguen demandando ao Goberno e aos diferentes Ministerios implicados (Agricultura, Pesca e Alimentación, Consumo e Sanidade) a toma de medidas en consideración dos impactos da crise do COVID-19, na produción agroalimentaria de pequena escala e do ámbito agroecolóxico para unha resposta adecuada, coordinada e urxente, e instan a unha difusión maioritaria a través das redes cos cancelos #SOSCampesinado #SOSCampesiñado

  8. Modificación SETA

    O SLG pide ao Goberno a derrogación dos novos criterios de inclusión no Sistema Especial de Traballadores Agrarios

    25 de Abril do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar, o 24 de abril, un escrito diante da Delegación do Goberno en Galicia para solicitar a derrogación da modificación permanente dos novos criterios de inclusión no Sistema Especial de Traballadoras/es Agrarias/os (SETA). Estas modificacións están vixentes dende o 23 de abril, un día despois da súa publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) a través do Real Decreto-lei 15/2020 de medidas urxentes complementarias para apoiar la economía e o emprego.

  9. Acción polo clima 2020

    O MGPC anima á cidadanía a participar nunha nova Acción Global polo Clima o vindeiro venres 24 de abril

    22 de Abril do 2020 · 

    “Cando remate a crise xerada polo coronavirus, que sen dúbida é unha prioridade nestes intres, a emerxencia climática seguirá aí”, afirman dende o ecoloxismo galego. Para o Movemento Galego polo Clima (MGPC) a actual situación de urxencia xerada pola pandemia non nos debe facer esquecer que a mudanza climática e a perda de biodiversidade seguen a ser as principais ameazas para o planeta e a humanidade, e que os gobernos non están a facer dabondo para evitalas.

  10. Saneamento gandeiro

    O SLG pide adiar o saneamento gandeiro até que a situacion sanitaria garanta facelo sen perigo para a saúde

    22 de Abril do 2020 · 

    Dende o Sindicato Labrego Galego queremos expresar a nosa preocupación diante do anuncio de volver poñer en marcha as actividades de saneamento gandeiro en pleno estado de alarma e cando a pandemia polo Covid-19 semella que tan só está nos seus inicios.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. Seguinte

Arquivo