A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Suplemento especial do IV Foro labrego de Agroecoloxía

    Suplemento Agroecoloxía 22 de Xaneiro do 2020 · 

    Como ben sabedes, no Fouce 329 publicamos un suplemento especial cun resume dos contidos do IV Foro Labrego de Agroecoloxía, celebrado no Convento Franciscano de Herbón os días 16 e 17 de novembro. Agora, vimos de publicar por separado ese suplemento, que podes descargar na icona que atoparás nesta páxina.

  2. O SLG desmárcase das organizacións agrarias estatais e defende a suba do Salario Mínimo Interprofesional no agro

    Sementeira de euros 21 de Xaneiro do 2020 · 

    O Sindicato Labrego Galego, diante da posición contraria á suba do salario mínimo interprofesional (SMI) das tres principais organizacións agrarias do Estado, quere manifestar o seu total desacordo con esa postura. Pola contra, o Sindicato Labrego apoia a suba do SMI de maneira rotunda, clara e inequívoca porque manter o salario mínimo no nivel actual supón legalizar a pobreza e a exclusión social e económica de miles de traballadores e traballadoras do agro.

  3. O SLG convoca un encontro nacional para articular a defensa contra o acaparamento de terras na Galiza

    Xornada acaparamento de terras 21 de Xaneiro do 2020 · 

    O vindeiro 8 de febreiro, o Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada de encontro entre persoas e colectivos que están a loitar, dunha maneira ou outra, contra o acaparamento de terras. Eucaliptos, minaría, urbanización salvaxe, parques eólicos, privatización de montes comunais...  Galiza leva décadas sufrindo un proceso brutal de acaparamento de terras que socava a nosa soberanía alimentaria e nos condena a ser un dos territorios con menor superficie agraria da UE. Con esta convocatoria, dende o Sindicato Labrego Galego queremos tecer redes de ideas e accións para virar esta tendencia e facer que a nosa terra volva ser o sustento vital dos galegos e das galegas, e non un coto privado para a depredación de grandes empresas.

  4. O SLG pide a Mesa do Leite ante a conxelación dos prezos máis baixos do Estado na Galiza nun contexto de alza

    Sector Lácteo 20 de Xaneiro do 2020 · 

    O silencio e carencia total de iniciativas por parte da Consellaría de Medio Rural no sector lácteo fai que as industrias estean aproveitando o baleiro para extorsionar de novo ás granxas, obrigándoas a asinar contratos que conxelan os prezos nunha situación de alza xeneralizada. Ademais, os diversos indicadores subliñan que Galiza segue a ser a comunidade do Estado co prezo medio máis baixo (32,6 céntimos en novembro de 2019), a única que non supera os 33 céntimos, e moi lonxe da media española (34 céntimos) ou europea (35'31 céntimos).

  5. O SLG alerta sobre ataques directos das ratas toupa ás granxas e pide a prohibición da caza do raposo na zona

    Estragos rata toupa 17 de Xaneiro do 2020 · 

    Os últimos informes elaborados sobre a incidencia da rata toupa que está a causar estragos na montaña lucense constatan que están afectadas máis de 1.600 hectáreas, pero a cifra real podería chegar ás 2.000 segundo técnicos consultados polo SLG. Aínda que, até agora, os principais danos están a ser causados en praderías, dende o Sindicato Labrego Galego acabamos de recibir denuncias de estragos directos en granxas de Pedrafita do Cebreiro, con contiosas perdas na herba ensilada e na colleita de remolacha das granxas.

  6. A Mocidade do Sindicato Labrego Galego consolida as Xornadas de Granxas Abertas con dúas novas edicións

    Marta 16 de Xaneiro do 2020 · 

    Dende a publicación do último Fouce, a Mocidade do Sindicato Labrego Galego organizou dúas Xornadas de Granxas Abertas. A primeira delas foi no sur da bisbarra compostelá o 6 de novembro e estivo centrada en fincas hortícolas. En concreto, visitamos o proxecto Burbullas de Sol en San Mamede (Vedra), que rexentan Conchi e Miguel, producindo hortalizas e froita para vender directamente en mercados ou cestas. Un pouco máis ao sur, en Paradela (A Estrada), Óscar ensinounos as súas leiras e invernadoiros nos que produce para fornecer pequenos comercios da comarca.

  7. "Vén ao rural, traballa as viñas, fai viño... e complícate a vida como nunca pensaches", por Bernardo Estévez Villar

    Burocracia 15 de Xaneiro do 2020 · 

    Alguén pode pensar que iso de facer viño, estar entre cepas, non ter horario que te controle (sempre estás traballando, máis control imposible) ser dono do teu, mola, mola moito. E se engadimos que vas ter a hostia de axudas, que dende a Administración ten van guiar, tutelar, formar e aconsellar para que o teu proxecto arrinque, se consolide e poidas quedar vivir na aldea; e, quen sabe, que teñas, se podes e queres, nenos e nenas, e vivas, non sobrevivas, no rural galego, entón mola que te cagas. Pois perdoa por estragar as túas ilusións, pero mellor non penses en todo iso. Mellor, oposita. Pero se, así e todo, teimas e decides pensar neste modo de vida, dálle unha volta ao que che vou contar.

  8. O Fouce 329 vén cun suplemento especial dedicado integramente ao IV Foro Labrego de Agroecoloxía

    Fouce 329 14 de Xaneiro do 2020 · 

    Esta semana imprimimos o novo Fouce 329, correspondente ao último bimestre do ano, e no que poderás atopar, entre outros contidos, un caderno central sobre IV Foro Labrego de Agroecoloxía, a testemuña de como a Administración afoga as pequenas adegas nunha lameira burocrática de obrigas e papelame, unha ampla reportaxe na que damos voz a homes e mulleres de Touro que denuncian como impacta nas súas vidas a actividade mineira e industrial ou o resume das dúas últimas Xornadas de Granxas Abertas. Nos vindeiros días, iremos debullando contidos nas redes sociais. Se non queres agardar, daquela podes descargar o teu exemplar na icona que atoparás no remate desta páxina.

  9. O SLG agarda que a Xunta non utilice os premios a Erimsa como escusa para autorizar novos proxectos extractivos

    Premio Erimsa 4 de Decembro do 2019 · 

    Esta semana coñecemos a nova de que a empresa mineira Erimsa recibiu en Bruxelas un Premio de Desenvolvemento Sostible entregado pola Asociación Europea de Áridos (UEPG) polas “súas boas prácticas medioambientais na comarca de Ordes”. En outubro do ano pasado, recollía un galardón semellante de mans do mesmísimo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, no marco do V Congreso Estatal de Áridos, que se celebrou en Compostela.

  10. La Vía Campesina chama hoxe a unha xornada mundial de loita pola elimintación da violencia contra as Mulleres

    25N La Vía Campesina 25 de Novembro do 2019 · 

    Do 25 ao 30 de novembro de 2019, La Vía Campesina e, na Galiza, o Sindicato Labrego Galego, chama á Xornada mundial de loita pola eliminación da violencia contra as mulleres. Como cada ano, facemos esta convocatoria para seguir loitando por sociedades conscientes e ceibes, sen explotación dos seres humanos e da natureza. Asemade, denunciamos o sistema capitalista, heteropatriarcal, racista e colonizador, que explota, oprime e atenta contra a vida das mulleres e da humanidade.

  11. O SLG denuncia deficiencias nos servizos de rehabilitación do HULA que prexudican especialmente a montaña lucense

    HULA 15 de Novembro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego está a recibir numerosas queixas de afiliados e afiliadas por mor das deficiencias do servizo de rehabilitación que ofrece o Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), especialmente por parte de persoas que viven na montaña lucense.

  12. O IV Foro Labrego de Agroecoloxía abordará os retos da emerxencia climática para a agricultura

    Presentación IV Foro 14 de Novembro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego volve colaborar na organización do Foro Labrego de Agrecoloxía, un evento que chega á súa cuarta edición en 2019 e que, desta vez, escolleu o Convento Franciscano de Herbón (Padrón) para desenvolver o seu programa os días 16 e 17 de novembro. Nesta ocasión, tal e como adianta o xogo de palabras que dá título ao Foro -”Soberanía climática, emerxencia alimentaria”-, as diversas palestras e obradoiros virarán ao redor dunha cuestión candente como a crise por emerxencia climática.Como en edicións pasadas, o Foro está organizado pola Asociación Herbamoura e ten o financiamento da Deputación da Coruña.

  13. Cooperativa A Carqueixa: Feireando por Internet

    A Carqueixa 12 de Novembro do 2019 · 

    A Asociación de Produtores de Carne de Montaña (Aprocam), coa colaboración do Sindicato Labrego Galego, desenvolveu un curso sobre comercialización de produtos cárnicos en Chantada ao longo do mes de outubro. Unha das partes máis interesantes destas aulas foi a saída de campo que se fixo a Cervantes, para coñecer de primeira man a experiencia da Cooperativa A Carqueixa, que dende hai medio ano puxo en marcha un anovador sistema de venda online que lles permite chegar co seu produto a calquera punto da Península Ibérica.

  1. Portada 328

    A incompetencia da Consellaría de Medio Rural, protagonista na portada do Fouce 328

    11 de Novembro do 2019 · 

    Xa estamos repartindo o Fouce328 polas parroquias de Galiza. Neste número traemos denuncias potentes, como a desastrosa xestión da Consellaría de Medio Rural que deixou sen executar ao redor de 130 millóns de euros na “lexislatura do rural” ou o proceso xudicial que se está a xestar en todo o Estado contra o cártel de industrias lácteas que foron multadas por pactar prezos. Ademais, damos conta en informacións e reportaxes da actividade da Cooperativa A Carqueixa, das palestras do Festival Son Labreg@, da intensa actividade formativa do SLG, da vendima das Xornadas Intervegas ou da manifestación da plataforma “Por un monte galego con futuro”, entre outras. Xa podedes descargar o voso exemplar na icona que atoparedes no remate desta páxina.

  2. Xuízo leite

    O SLG inicia n'A Estrada unha campaña informativa por toda Galiza sobre a demanda xudicial contra o cártel do leite

    8 de Novembro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego puxo en marcha, o 7 de novembro, un intenso calendario de asembleas informativas en todas as comarcas leiteiras de Galiza para informar sobre a posibilidade de reclamar xudicialmente contra o cártel de industrias lácteas sancionadas pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia.

  3. Informe Contas 2018

    Medio Rural deixou 116 millóns sen executar en 2018 e agora quere eliminar as axudas agroambientais

    26 de Outubro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia a intención de Medio Rural de rematar coas axudas agroambientais, das que se están a beneficiar ao redor de 4.000 granxas na Galiza, principalmente en Lugo e na montaña de Ourense. Sorprende isto cando o Informe de Contas do ano 2018 da Xunta, publicado esta semana, revela que Medio Rural deixou sen executar 116 millóns de euros ese ano, ou Agader 10 millóns (a metade do seu orzamento). Podes descargar o extracto do informe premendo na icona que atoparás ao remate desta nova.

  4. Isabel Vilalba e Diego Sánchez

    20-O: Multitudinaria manifestación da plataforma Por un monte galego con futuro en Compostela

    21 de Outubro do 2019 · 

    Tal e como estaba previsto, a plataforma Por un monte galego con futuro, da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, organizou unha multitudinaria manifestación en Compostela o domingo 20 de outubro. Porque non queremos seguir sendo o almacén de celulosa para Ence, porque non queremos seguir enchedo as páxinas dos xornais coa Galiza arrasada por incendios, porque cremos e sabemos que os nosos montes poden ser unha fonte inesgotable e sostible de emprego e riqueza, porque o desafío de arrefriar o planeta para enfrontar o cambio climático así nolo esixe. Se queres coñecer as nosas demandas, consulta AQUÍ.

  5. Rolda Terra Chá

    Xuntos pola defensa dos nosos valores: Alcaldes e Comisión contra as Minas na Terra Chá fronte a Erimsa

    18 de Outubro do 2019 · 

    A Comisión contra as Minas da Terra Chá e os alcaldes de Abadín, A Pastoriza, Castro de Rei e Cospeito, en representación dos concellos da Terra Chá afectados polas concesións mineiras á empresa Erimsa, ofrecemos, o 18 de outubro, unha rolda de prensa para expresar a preocupación polo inicio de actividades extractivas de Erimsa na bisbarra. De seguido, compartimos o comunicado que emitiron.

  6. Cambio climático

    [Editorial do Fouce 327] Non digas "cambio climático": Chámalle emerxencia climática porque a é

    16 de Outubro do 2019 · 

    Este Fouce imprimiuse en vésperas do 27 de setembro, data dunha mobilización global en todo o planeta para esixir dos gobernos o recoñecemento de que nos atopamos diante dunha crise de emerxencia climática e o compromiso con políticas que minimicen a emisión de gases con efecto invernadoiro á atmosfera. Trátase de evitar que a temperatura global siga subindo como até agora e de non chegar a un punto de non retorno no que a catástrofe sería irreversible.

  7. Vaca en treboada

    Unha treboada perfecta asombra o sector da carne de vacún na Galiza coa complicidade do PP e do PSOE

    10 de Outubro do 2019 · 

    No Fouce 326 xa informabamos da negociación dun tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Mercosur (Arxentina, Brasil, Uruguai, Paraguai e Venezuela). Xa daquela advertiamos que este acordo comercial resultará catastrófico para Galiza, especialmente para o medio rural, se realmente se acaba asinando. Sectores estratéxicos para a nosa economía agraria como o da carne de vacún resultarían arrasados.

  8. Minas Terra Cha

    A Comisión contra as Minas na Terra Chá convoca os alcaldes tras constatar presuntas ilegalidades de Erimsa

    9 de Outubro do 2019 · 

    A Comisión contra as Minas da Terra Chá, integrada por máis dunha vintena de colectivos, mantivo, o 7 de outubro, unha xuntanza tras constatar o inicio de actividades por parte da empresa Erimsa. Dende a Comisión contra as Minas na Terra Chá non temos constancia de que esta mineira de capital noruegués e chinés teña título ou habilitación xurídica suficientes como para iniciar a súa actividade en ningunha das concesións aprobadas para extraer seixo en 2006 e que afectan 5.700 hectáreas nos concellos de Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Abadín, Vilalba e Riotorto.

  9. Coordinadora Persoas Maiores

    A Coordinadora das Persoas Maiores do SLG apoia a marcha a Madrid en defensa do sistema público de pensións

    3 de Outubro do 2019 · 

    A Coordinadora das  Persoas Maiores do Sindicato Labrego Galego apoia a marcha e manifestación convocada na Galiza polo Movemento en Defensa das Pensións (Modepen), que será en Madrid o vindeiro 16 de outubro.

  10. Dirección do leite SLG

    O debate sobre os prezos do leite segue a ser unha materia pendente na axenda da Interprofesional Láctea

    2 de Outubro do 2019 · 

    O pasado 29 de xullo, a Dirección do Leite do Sindicato Labrego Galego tivo dúas persoas invitadas de excepción: a actual presidenta da Interprofesional Láctea (Inlac), Charo Arredondo; e o técnico do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), Juan Castro. No Fouce 327 tratamos a fondo os debates e cuestións que tratamos aquel día con ambos, texto que compartimos agora contigo.

Arquivo