A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Decenio FAO

    La Vía Campesina, protagonista nun decenio da agricultura familiar para garantir a soberanía alimentaria no mundo

    7 de Agosto do 2019 · 

    O 20 de decembro de 2017, a Asemblea Xeral da ONU declaraba 2019-2028 como o Decenio da Agricultura Familiar. Máis recentemente, o pasado 29 de maio, a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) e o Fondo Internacional de Desenvolvemento Agrícola (FIDA) expuxeron o Plan de Acción Mundial para levar esta empresa a cabo. Neste acto inaugural celebrado en Roma, ao que asistiron máis de 300 representantes de diversos países e entidades labregas, participou tamén La Vía Campesina.

  2. Consello Galego das Mulleres

    O Consello Galego das Mulleres segue sen cumprir os seus obxectivos en materia de igualdade no rural

    5 de Agosto do 2019 · 

    O Consello Galego das Mulleres (CGM) constituíuse en mazo de 2014. É un órgano de carácter consultivo, de participación efectiva de mulleres para asesorar en materia de políticas de igualdade e, sobre todo, para traballar na prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. Porén, os poucos obxectivos que ten para avanzar en igualdade no rural seguen sen cumprirse e sen impulsar accións que inviten a pensar en que se vaia facer algún día.

  3. Becerros

    Tenreira Galega aproba elevar a idade dos becerros anellos de dez a doce meses co voto en contra do SLG

    2 de Agosto do 2019 · 

    O pasado 20 de xuño, o pleno do consello regulador da IXP Tenreira Galega reuníase en Compostela para debater unha proposta: o aumento da idade de venda dos becerros de 10 a 12 meses, como acontece no resto do Estado. Aínda que finalmente se aprobou a medida por maioría, o Sindicato Labrego Galego votou en contra. De seguido, explicamos por que.

  4. Encontro con Charo Arredondo

    A Dirección do Leite do SLG analiza o sector coa presidenta da Inlac, Charo Arredondo, e con Juan Castro do CIAM

    31 de Xullo do 2019 · 

    A Dirección do Leite do Sindicato Labrego Galego e medio cento de gandeiros e gandeiras do sector reuníronse en Compostela, o 30 de xullo, coa presidenta da Interprofesional Láctea (Inlac), Charo Arredondo, e co investigador do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), Juan Castro.

  5. Impulsores xenéticos

    Impulsores xenéticos: Os organismos xeneticamente modificados que poden rematar coa biodiversidade na Terra

    30 de Xullo do 2019 · 

    Nesta terceira entrega sobre os organismos xeneticamente modificados (OXMs) imos falar dos coñecidos como "impulsores xenéticos". A que nos referimos cando falamos de impulsores xenéticos? Trátase dunha nova técnica de enxeñería xenética que se usa para forzar a transmisión ás seguintes xeracións dun ou varios xenes en especies vexetais como animais.

  6. Concurso froita

    A reconquista da froita autóctona galega comezou no Eume

    29 de Xullo do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego está a desenvolver numerosas actividades relacionadas coa recuperación de froiteiras autóctonas. A última foi unha nova colaboración coa Asociación Herbamoura nas comarcas de Arzúa e Melide en forma de curso sobre enxertos que se celebrou a pasada primavera. Pero este labor de recuperación no que foi pioneira a Asociación Galega da Froita Autóctona (AGFA) do Eume xa ten moitos quilómetros percorridos.

  7. Fouce 326

    Fouce 326: Radiografía da especulación, acaparamento e concentración empresarial no sector vitivinícola galego

    24 de Xullo do 2019 · 

    O #Fouce236 xa vai camiño das casas. Neste número destaca unha reportaxe de investigación de cinco páxinas na que debullamos a especulación no mundo do viño, a concentración das axudas públicas nunhas poucas familias e adegas e o desembarco de grandes capitais que, paseniño, van acaparando os nosos viñedos. A maiores, tamén atoparás temas como os impagos de Tesgestacín (Logística Alimentaria), o obradoiro europeo no que analizamos a normativa hixiénico-sanitaria en alimentación, o perigo de perda das axudas agroambientais, as demandas da plataforma “Por un monte galego vivo”, a crónica das últimas Xornadas de Granxas Abertas, a crítica ao escaso labor do Consello Galego das Mulleres e moitas outras cuestións de actualidade. E, por certo, xa hai data posta para o III Festival Son Labreg@.Queres saber cando será? Descarga o Fouce na icona que atoparás no final desta páxina!

  8. Por un monte con futuro

    Por un monte galego con futuro” desmente a propaganda montada pola Xunta arredor do Pladiga

    18 de Xullo do 2019 · 

    Representantes da plataforma “Por un monte galego con futuro” conformada por organizacións ecoloxistas, sindicais e do mundo rural desmentiron esta mañá en Ourense, nunha rolda de prensa na que participou o noso compañeiro Xosé Manuel Parente, a propaganda institucional montada pola Xunta de Galiza arredor do Pladiga (Plan de Prevención e defensa contra incendios forestais de Galiza 2019). Denunciaron que “leva 12 anos sen se cumprir” e cualificárono como de “fomento da extinción, fronte a prevención dos lumes forestais”.

  9. Mercosur

    O SLG rexeita o acordo con Mercosur porque destruiría sectores esenciais como o vacún de carne ou o apícola

    11 de Xullo do 2019 · 

    O acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur resultará catastrófico para Galiza, especialmente para o medio rural, se realmente se acaba asinando. Sectores estratéxicos para a nosa economía agraria como o da carne de vacún resultarían arrasados. Outros, como o apícola, esencial para a biodiversidade, tamén verían fortemente ameazada a súa supervivencia.

  10. Diego Sánchez Agra

    Unha ducia de organizacións reclamamos unha nova política forestal co manifesto "Por un monte con futuro"

    9 de Xullo do 2019 · 

    Adega, Asociación Frouma, Asociación Galega de Apicultura (AGA), Asociación Pola Defensa da Ría (APDR), Amigos da Terra, Colectivo Agrocuir da Ulloa, Confederación Intersindical Galega (CIG), Comando Ghichas do Valmiñor, Federación Rural Galega (Fruga), Montegal, Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e Sindicato Labrego Galego (SLG) presentamos, o 8 de xullo en Compostela, a proposta conxunta “Por un monte galego con futuro” na que se cuestionan tanto a revisión do Plan Forestal que está a tramitar a Xunta de Galiza, como as medidas contempladas na Estratexia Galega contra o Cambio Climático. De seguido, compartimos con vós o manifesto:

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte

Arquivo