A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Portada 328

    A incompetencia da Consellaría de Medio Rural, protagonista na portada do Fouce 328

    11 de Novembro do 2019 · 

    Xa estamos repartindo o Fouce328 polas parroquias de Galiza. Neste número traemos denuncias potentes, como a desastrosa xestión da Consellaría de Medio Rural que deixou sen executar ao redor de 130 millóns de euros na “lexislatura do rural” ou o proceso xudicial que se está a xestar en todo o Estado contra o cártel de industrias lácteas que foron multadas por pactar prezos. Ademais, damos conta en informacións e reportaxes da actividade da Cooperativa A Carqueixa, das palestras do Festival Son Labreg@, da intensa actividade formativa do SLG, da vendima das Xornadas Intervegas ou da manifestación da plataforma “Por un monte galego con futuro”, entre outras. Xa podedes descargar o voso exemplar na icona que atoparedes no remate desta páxina.

  2. Xuízo leite

    O SLG inicia n'A Estrada unha campaña informativa por toda Galiza sobre a demanda xudicial contra o cártel do leite

    8 de Novembro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego puxo en marcha, o 7 de novembro, un intenso calendario de asembleas informativas en todas as comarcas leiteiras de Galiza para informar sobre a posibilidade de reclamar xudicialmente contra o cártel de industrias lácteas sancionadas pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia.

  3. Informe Contas 2018

    Medio Rural deixou 116 millóns sen executar en 2018 e agora quere eliminar as axudas agroambientais

    26 de Outubro do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego denuncia a intención de Medio Rural de rematar coas axudas agroambientais, das que se están a beneficiar ao redor de 4.000 granxas na Galiza, principalmente en Lugo e na montaña de Ourense. Sorprende isto cando o Informe de Contas do ano 2018 da Xunta, publicado esta semana, revela que Medio Rural deixou sen executar 116 millóns de euros ese ano, ou Agader 10 millóns (a metade do seu orzamento). Podes descargar o extracto do informe premendo na icona que atoparás ao remate desta nova.

  4. Isabel Vilalba e Diego Sánchez

    20-O: Multitudinaria manifestación da plataforma Por un monte galego con futuro en Compostela

    21 de Outubro do 2019 · 

    Tal e como estaba previsto, a plataforma Por un monte galego con futuro, da que forma parte o Sindicato Labrego Galego, organizou unha multitudinaria manifestación en Compostela o domingo 20 de outubro. Porque non queremos seguir sendo o almacén de celulosa para Ence, porque non queremos seguir enchedo as páxinas dos xornais coa Galiza arrasada por incendios, porque cremos e sabemos que os nosos montes poden ser unha fonte inesgotable e sostible de emprego e riqueza, porque o desafío de arrefriar o planeta para enfrontar o cambio climático así nolo esixe. Se queres coñecer as nosas demandas, consulta AQUÍ.

  5. Rolda Terra Chá

    Xuntos pola defensa dos nosos valores: Alcaldes e Comisión contra as Minas na Terra Chá fronte a Erimsa

    18 de Outubro do 2019 · 

    A Comisión contra as Minas da Terra Chá e os alcaldes de Abadín, A Pastoriza, Castro de Rei e Cospeito, en representación dos concellos da Terra Chá afectados polas concesións mineiras á empresa Erimsa, ofrecemos, o 18 de outubro, unha rolda de prensa para expresar a preocupación polo inicio de actividades extractivas de Erimsa na bisbarra. De seguido, compartimos o comunicado que emitiron.

  6. Cambio climático

    [Editorial do Fouce 327] Non digas "cambio climático": Chámalle emerxencia climática porque a é

    16 de Outubro do 2019 · 

    Este Fouce imprimiuse en vésperas do 27 de setembro, data dunha mobilización global en todo o planeta para esixir dos gobernos o recoñecemento de que nos atopamos diante dunha crise de emerxencia climática e o compromiso con políticas que minimicen a emisión de gases con efecto invernadoiro á atmosfera. Trátase de evitar que a temperatura global siga subindo como até agora e de non chegar a un punto de non retorno no que a catástrofe sería irreversible.

  7. Vaca en treboada

    Unha treboada perfecta asombra o sector da carne de vacún na Galiza coa complicidade do PP e do PSOE

    10 de Outubro do 2019 · 

    No Fouce 326 xa informabamos da negociación dun tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Mercosur (Arxentina, Brasil, Uruguai, Paraguai e Venezuela). Xa daquela advertiamos que este acordo comercial resultará catastrófico para Galiza, especialmente para o medio rural, se realmente se acaba asinando. Sectores estratéxicos para a nosa economía agraria como o da carne de vacún resultarían arrasados.

  8. Minas Terra Cha

    A Comisión contra as Minas na Terra Chá convoca os alcaldes tras constatar presuntas ilegalidades de Erimsa

    9 de Outubro do 2019 · 

    A Comisión contra as Minas da Terra Chá, integrada por máis dunha vintena de colectivos, mantivo, o 7 de outubro, unha xuntanza tras constatar o inicio de actividades por parte da empresa Erimsa. Dende a Comisión contra as Minas na Terra Chá non temos constancia de que esta mineira de capital noruegués e chinés teña título ou habilitación xurídica suficientes como para iniciar a súa actividade en ningunha das concesións aprobadas para extraer seixo en 2006 e que afectan 5.700 hectáreas nos concellos de Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Abadín, Vilalba e Riotorto.

  9. Coordinadora Persoas Maiores

    A Coordinadora das Persoas Maiores do SLG apoia a marcha a Madrid en defensa do sistema público de pensións

    3 de Outubro do 2019 · 

    A Coordinadora das  Persoas Maiores do Sindicato Labrego Galego apoia a marcha e manifestación convocada na Galiza polo Movemento en Defensa das Pensións (Modepen), que será en Madrid o vindeiro 16 de outubro.

  10. Dirección do leite SLG

    O debate sobre os prezos do leite segue a ser unha materia pendente na axenda da Interprofesional Láctea

    2 de Outubro do 2019 · 

    O pasado 29 de xullo, a Dirección do Leite do Sindicato Labrego Galego tivo dúas persoas invitadas de excepción: a actual presidenta da Interprofesional Láctea (Inlac), Charo Arredondo; e o técnico do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), Juan Castro. No Fouce 327 tratamos a fondo os debates e cuestións que tratamos aquel día con ambos, texto que compartimos agora contigo.

Arquivo