O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar unha batería de escritos interpelando, por unha banda, ao Comité Científico da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo; e, por outra banda, ao Consello Científico de Parques Nacionais, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. De ambos comités, o SLG solicitou informes sobre a afección que terán sobre a Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo a planificada instalación dunha liña de alta tensión e seis parques eólicos, cun total de 43 aeroxeradores que poden alcanzar os 200 metros de altura, cuxos proxectos están agora mesmo en período de alegacións.
Co número 333 do Fouce, correspondente ao bimestre de marzo e abril de 2021, abrimos o camiño que nos levará ao décimo Congreso do Sindicato Labrego Galego. Nesta ocasión, damos un repaso á situación actual dos sectores da carne de vacún e vitivinícola a través das voces dos seus protagonistas, labregos e labregas de toda Galiza, xa que son estas producións as que centrarán o Congreso de Vacún de Carne, o 17 de abril, e a Asemblea Xeral do Viño, o 24 de abril, cos que inauguramos o devandito proceso congresual. Podedes descargar o voso exempla na icona que atoparedes no remate desta páxina.
As vogais do Sindicato Labrego no Consello Galego de Benestar, Margarida Prieto e Ana Eiras, veñen de solicitar a convocatoria urxente dun pleno extraordinario para que se informe en que fase se atopa o novo modelo de residencias no que a Consellaría de Política Social estaba a traballar; ou sobre os trinta proxectos que a conselleira, Fabiola García, anunciou que se van financiar cos fondos europeos de recuperación, e se estes van ser de iniciativa privada ou pública.
Seguimos tentando conter a avalancha de proxectos eólicos cos que queren acaparar a práctica totalidade dos nosos montes unhas poucas empresas amparadas polas políticas da Xunta de Galiza. Compartimos con vós o modelo de alegación contra o Parque Eólico de Pena Ombra (Guitiriz, Curtis e Sobrado dos Monxes), promovido por Greenalia cuxo prazo remata o 22 de abril. Podes descargar o modelo premendo na icona que atoparás a continuación:
O pasado 13 de marzo, medio cento de persoas concentrábanse na Portela da Cruz, na raia que divide os concellos de Beariz (Ourense) e A Lama (Pontevedra), para reclamar a caducidade do dereito mineiro Alberta I convocadas pola Plataforma SOS Suído-Seixo.
A Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego remitiu, o 30 de marzo, senllas cartas dirixidas ao ministro de Agricultura, Luís Planas, e á ministra de Igualdade, Irene Montero, para denunciar elementos discriminadores das mulleres na reforma da Política Agraria Común (PAC) que se está a deseñar para o Estado Español.
O pasado xoves o Consello da Xunta aprobou a proposta do goberno galego de proxectos para optar aos Fondos Europeos de Reconstrución Next Generation, que a nivel comunitario pretenden mobilizar até 750.000 millóns de euros para dar unha resposta á crise xerada pola COVID-19. O presidente Alberto Núñez Feijoó anunciou até 354 proxectos por un montante cercano aos 20.000 millóns de euros, mais sen dar absolutamente ningún detalle nin información sobre cales son os proxectos, que empresas hai detrás, que mecanismo se utilizou para escollelos e como se van repartir.
Seguimos tentando conter a avalancha de proxectos eólicos cos que queren acaparar a práctica totalidade dos nosos montes unhas poucas empresas amparadas polas políticas da Xunta de Galiza. Compartimos con vós o modelo de alegación contra o Parque Eólico de Troitomil (A Baña e Negreira), cuxo prazo remata o 7 de abril. Podes descargar o modelo premendo na icona que atoparás a continuación:
Seguimos tentando conter a avalancha de proxectos eólicos cos que queren acaparar a práctica totalidade dos nosos montes unhas poucas empresas amparadas polas políticas da Xunta de Galiza. Compartimos con vós o modelo de alegación contra o Parque Eólico de Gato (Aranga e Oza-Cesuras), cuxo prazo de presentación remata o 14 de abril. Podes descargar o modelo premendo na icona que atoparás a continuación:
O pasado 17 de marzo, tivemos noticia das primeiras resolucións do Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galiza que estiman as reclamacións interpostas contra as liquidacións de IRPF que fixera a Axencia Tributaria polas transmisións de dereitos de pago único entre cónxuxes casados en réxime de gananciais.
A Plataforma Por un Monte Galego con Futuro, da que o SLG fai parte, convoca para o vindeiro domingo, día 21 de marzo, ás 12:00 horas (agás en Ourense, que é ás 11:00), unha acción descentralizada en demanda da paralización do Plan Forestal imposto polo PP; da adopción de medidas específicas, a través dun regulamento, para aplicar de maneira efectiva a anunciada moratoria do eucalipto, impedindo novas plantacións mediante o reforzamento das medidas de control e vixilancia e en defensa dun monte con futuro.
O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito dirixido á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal advertíndolle do efecto chamada que provocou o anuncio de impoñer unha moratoria na plantación de eucaliptos na Galiza. Se ben estamos de acordo coa moratoria, pensamos tamén que esta debe establecerse de maneira inmediata, cun regulamento concreto e claro para o seu desenvolvemento, e con suficientes recursos para garantir o seu cumprimento pois, do contrario, e contra máis se agarde, podería provocar un resultado oposto ao pretendido, isto é: Que aumente aínda máis a superficie de eucalipto.
Os colectivos que formamos parte de ContraMINAcción vimos de alertar sobre os resultados das analíticas das verteduras da mina de Varilongo, en Santa Comba, que evidencian altas concentracións de cadmio, cobre e cinc, superando varias veces os máximos legais permitidos. Dende ContraMINAcción denunciamos que estas drenaxes de mina con altas concentracións de metais pesados, algúns cancerixenos como o cadmio, contaminan o río Xallas a través dos regos dos Lagos e da Braña Ancha
As diversas axudas que convoca a Xunta para apoiar o sector do viño redundaron nos favoritismos de pasadas edicións, redundando con miles de euros públicos nas arcas dunhas poucas e afortunadas adegas que, pasaeniño, van acaparando máis capital e máis hectáreas de viñedos, decotío para potentes grupos empresariais cuxa matriz se atopa en denominacións de orixe non galegas como a Rioxa. Sen sorpresas, a cooperativa Martín Códax e a DO Rías Baixas volveron ser o burato negro que zuga a maior parte das súbvencións vitivinícolas galegas.
Este 8 de marzo de 2021, a labregas do SLG tamén apoiaremos a folga feminista. Hai un ano da última folga de mulleres e para as labregas, en cuestión de igualdade, a situación segue indo a peor. Seguimos sendo ese factor invisible que sostén o mundo rural co noso traballo nas granxas, cos nosos coidados ás persoas maiores e á rapazada. Porén, a maioría de nós segue sen ver recoñecida esta contribución á hora de adquirir algún tipo de compensación ou dereito como a maioría das traballadoras:
Coma todos os anos, debemos repetirnos ao dicir que sobran motivos para expresar a nosa indignación apoiando a folga do 8 de marzo, que sobran motivos por unha igualdade no rural e nas granxas que está ben lonxe de chegar. Sen dúbida, dende as diversas administracións e dende todas as ideoloxías partidistas, hoxe lembraranse moito de nós, pero mañá volveremos ser as grandes esquecidas Por iso, as traballadoras do SLG e as labregas participaremos activamente nos actos de protesta e manifestacións que se realizarán por toda Galiza durante a xornada de hoxe e non acudiremos aos nosos postos de traballo.De seguido, compartimos con vós a convocatoria de mobilizacións deste 8 de marzo na Galiza organizada por Galegas 8M:
O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu apoio e solidariedade coa veciñanza de Baamonde tras coñecerse unha nova agresión relacionada coa vaga destrutora de servizos que está a sufrir esta localidade rural co concello lucense de Begonte. Se nos últimos meses tivemos que criticar o peche do seu centro médico coa escusa da Covid-19 e, máis recentemente, a clausura do seu centro educativo a pesares de contar cunha trintena de alumnos e alumnas matriculadas; agora o banco que ten a única sucursal bancaria coa que conta a zona tamén anuncia o seu peche.
A plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” (*) denuncia que a moratoria non terá valor ningún se non se establecen a través dun regulamento de medidas específicas para aplicala de maneira efectiva impedindo novas plantacións de eucalipto mediante un reforzamento das medidas de control e vixilancia.
Esta semana sacamos do prelo o número 332 do Fouce. Desta vez, teñen relevancia cuestións como a Política Agraria Común (PAC) que están argallando nos despachos de Madrid en detrimento, coma sempre, de Galiza; o reparto entre amiguetes dos inxentes fondos de recuperación Next Generation (e outro tanto coas axudas ao sector vitivinícola); o Plan Forestal ad maiorem gloriam de Ence; o V Foro Labrego de Agroecoloxía; a loita contra os eólicos; a denuncia do peche de mercados labregos co gallo da Covid; unhas reflexións do profesor Xoán Carlos Carreira sobre a superficie agraria na Galiza; as mobilizacións globais de La Vía Campesina polo 8M; e un longo etcétera no que seguro atoparás textos do teu interese.Podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina.
De cara á celebración do 8 de marzo, La Vía Campesina está a facer un chamamento a nivel internacional baixo o título “Contra o virus do patriarcado e o capitalismo, a vacina do feminismo e da solidariedade!” De seguido, compartimos con vós o texto íntegro.
Industrias leiteiras como Lactalis ou Reny Picot están obrigando a asinar os novos contratos para a seguinte campaña á baixa, segundo tivemos constancia no Sindicato Labrego Galego. No caso da multinacional gala, resulta un agravio comparativo insultante, xa que mentres en Francia Lactalis pactou subas de prezo coas granxas que lle fornecen, pagando un valor medio en 2020 de 36,9 céntimos; na Galiza segue forzando contratos á baixa, contribuíndo a termos o peor prezo medio do Estado e un dos máis cativos da Unión Europea, que non chega aos 33 céntimos. De feito, temos granxas que están a denunciar unha baixada dun céntimo no prezo do leite para os novos contratos que está a ofrecer Lactalis.
Despois de enviar unha moción a boa parte dos concellos galegos, as organizacións que estamos na Coordinadora por un Reparto Xusto dos Fondos Next Generation convocamos unha concentración de protesta o 23 de febreiro, ás 12:30 horas, diante do Parlamento de Galiza. O motivo é expresar o noso rexeitamento á Lei de Lei de Simplificación Administrativa e Reactivación Económica, coa que o PP achánzalle o camiño a grandes corporacións e empresas para seguir depredando o territorio e, por riba, financiadas cos fondos públicos de recuperación do Next Generation.
Representantes da Fronte de organizacións Por un Monte Galego con Futuro anunciaron esta mañá en rolda de prensa a convocatoria dunha concentración para o vindeiro martes, día 23 de febreiro, contra a revisión do Plan Forestal. Un texto que se debaterá ese mesmo día no Parlamento de Galiza, e que previsiblemente será aprobado cos votos do Partido Popular, do que advertiron que terá graves consecuencias para o medio rural galego, desde a organización do territorio, até o modelo de xestión dos nosos montes, a nosa riqueza forestal ou no combate aos lumes forestais. En representación das máis de 50 organizacións “Por un Monte Galego con Futuro”, compareceron Benito Andrade, Diego Sánchez, Xosé Alfredo Pereira, Manuel da Cal e Paulo Carril.
A equipa xurídica do SLG estuda iniciar accións legais para aclarar se as prohibicións de mercados labregos que se decretaron en ducias de concellos galegos coa escusa da Covid-19 se axustan a dereito. Ademais de presentar unha nova queixa diante da Valedora do Pobo, nun escrito que se rexistrará concello a concello, reclamarase dos gobernos municipais que informen sobre o instrumento legal utilizado para a adopción da medida de peche do seu mercado, así como onde e cando foi publicado, para analizar caso por caso se procede o emprendemento de accións legais.
Trala xuntanza mantida o pasado venres co grupo parlamentario do PP, representantes da fronte de organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicais que se opoñen á primeira revisión do Plan Forestal de Galiza (PFG) reuníronse hoxe, 9 de febreiro, co PSOE e o BNG no Parlamento de Galiza.
O ministro de Agricultura, Luís Planas, mantivo, o 15 de xaneiro, un encontro con representantes do agro galego entre os que se atopaba a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane. A reunión tivo lugar no Palacio de Congresos de Santiago e a ela acudiron, entre outras persoas, o conselleiro de Medio Rural, José González; o director xeral de Producións e Mercados Agrarios, Fernado Miranda; o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada; e representantes doutras organizacións e cooperativas agrarias.
As negociacións da Política Agraria Común entran nun momento decisivo a nivel europeo e estatal, que culminará na primavera de 2021 cando o Ministerio publique o borrador do chamado Plano Estratéxico Nacional, establecendo como van ser empregados os 34.124 millóns de pagos directos, os 5.069 millóns de medidas de mercado e os 8.531 millóns de desenvolvemento rural no Estado Español. Se se elixen como criterios para o reparto os dereitos históricos e a superficie, Galiza quedará unha vez máis marxinada na nova PAC e seguiremos con tristes records en aldeas abandonadas, número de incendios, expolio do rural ou destrución de emprego.A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, analízao neste artigo cuxa versión en castelán podes descargar no remate desta páxina.
Esta semana, o Consello de Ministros e Ministras de Agricultura da UE chegaba a un acordo en Bruxelas para a nova Política Agraria Común (PAC). A PAC acordada segue a ser unha PAC na que uns poucos ingresarán millóns e a gran maioría repartirá migallas ou quedará sen nada. Galiza é unha das grandes marxinadas no Estado da PAC, xa que o Ministerio de Agricultura aposta por favorecer modelos agrícolas do sur fronte á nosa realidade. Por iso, reunímonos con todos os partidos políticos presentes no Parlamento de Galicia e fixemos unha chamada de atención aos eurodeputados galegos para que promovan unha PAC que respecte os intereses de Galiza.
O Sindicato Labrego Galego, en representación da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC) vén de enviar unha carta dirixida aos tres representantes da Galiza no Parlamento Europeo para que defendan os intereses das pequenas e medianas explotacións labregas na reforma da Política Agraria Común (PAC) que se está a negociar en Bruxelas. A misiva, asinada por Sonia Vidal Lamas, membro do Comité Coordinador da ECVC, envióuselle a Ana Miranda (BNG), Francisco José Millán Mon (Partido Popular) e Nicolás González Casares (PSOE), e di o seguinte:
Nesta sección poderás atopar todas as propostas lexislativas que hai agora mesmo sobre a mesa para regular a vindeira Política Agraria Común (PAC). Tamén incluímos as estratexias a través das que a UE quere camiñar cara ao obxectivo de converterse no primeiro continente neutro dende o punto de vista climático e que afectarán de cheo ás políticas agrarias: O Pacto Verde.
O Sindicato Labrego Galego iniciou, en outubro, unha rolda de contactos cos partidos políticos con representación no Parlamento de Galicia para expoñerlles a necesidade de adoptar unha postura común de país para defender unha Política Agraria Común (PAC) que beneficie os nosos sectores agrogandeiros e a singularidade do noso rural (Puedes descargar la traducción íntegra al español del presente texto en el icono que encontrarás al final de esta página).
Máis que unha reforma da PAC é un gran cambio. Non é unha reforma porque o fondo segue igual, pero vai cambiar tanto que é moi probable que non cobremos o mesmo. Agora mesmo, non temos maneira de saber como imos quedar con estes cambios. O Ministerio de Agricultura xa o debería saber (e supoño que o sabe), pero non é público e o que imos sabendo da súa postura e a doutras comunidades autónomas é por xornadas ou por declaracións.
A Política Agraria Común é un fracaso non só na Galiza, senón en toda Europa. Cada tres minutos desaparece unha granxa na UE. E o obxectivo de equiparar as rendas das persoas labregas á media de cada Estado tampouco se conseguiu. Aínda que o modelo fracasou, a PAC no fondo non ten previsto cambiar.
En outubro, dende o Sindicato Labrego Galego enviámoslle unha carta aos e ás representantes de Galiza no Parlamento Europeo: os eurodeputados Francisco José Millán Mon (PP) e Nicolás González Casares (PSOE); é á portavoz do BNG nas institucións comunitarias, Ana Miranda. Nesta misiva, asinada por Sonia Vidal Lamas como membro do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), pedímoslles o seguinte:
O fondo da PAC non cambia, pero pode cambiar moito o que cobramos. De feito, os debates que hai no Estado e na Galiza son polos cartos, nada máis.Os outros debates non interesan e non saen nos medios de comunicación: prezos, custes de produción, renda, negociación colectiva dos prezos, desaparición da agricultura e da gandería familiar, quen nos alimenta, as consecuencias de que a UE sexa o maior importador e exportador de produtos primarios, as consecuencias dos tratados de libre comercio, as consecuencias da produtividade e competitividade infinitas, cando seremos o suficientemente grandes para o sistema agroalimentario, a función de labregos e labregas de ser subministradores de materia prima barata para a industria, a autoexplotación, a función das integradoras, a soberanía alimentaria, etc. Explicámoscho nesta segunda entrega dos Papeis da PAC (podes descargala ao remata da páxina).
As negociacións para deseñar a nova Política Agraria Común (PAC) para o período 2021-2027 comezaron en 2017. A intención inicial era comezar a aplicar a nova PAC en 2021, pero non vai ser posible até 2023. Como farán entón as autoriades comunitarias para desenvolver esta nova PAC? Explicámoscho de seguido. Podes descargar unha ficha didáctica con toda a explicación premendo na icona que atoparás no remate desta páxina.
A PAC elimina labregos e labregas. Desde moitas instancias pénsase que a Política Agrícola Común debería cambiar substancialmente debido ao fracaso en canto ao mantemento da agricultura familiar no territorio e tamén polo fracaso en canto ao establecemento de rendas dignas para as produtoras e produtores. A substitución destes por explotacións intensivas que producen grandes cantidades de materia prima barata para a agroindustria e para a exportación parece imparable. Na teoría seguen dicindo que en Europa e en Galiza hai necesidade de numerosas persoas no territorio con producións diversificadas para responder á demanda duns alimentos de calidade. Na práctica non é posible soster a esas persoas no territorio: cada tres minutos desaparece unha granxa en Europa.
Partindo dunha análise non exhaustiva dos datos dos que dispoñemos, vemos que Galiza ten certas diferenciacións con respecto ao resto do Estado, se pensamos nos pagos actuais da PAC:
O Sindicato Labrego Galego pensa que a desigualdade das mulleres, o diagnóstico das súas causas e a abordaxe de modelos máis igualitarios non están entre as prioridades do Plan Estratéxico da PAC nin nos Regulamentos da PAC.
Un dos cambios máis importantes do novo periodo da PAC (2023-2027) vai ser a aplicación dos requisitos medioambientais. Neste artigo, elaborado polo técnico Andrés Castro, explícasenos como vai ser esa nova arquitectura verde (condicionalidade reforzada, ecoesquemas e agroambientais) e analiza polo miúdo a proposta que temos enriba da mesa do Ministerio para os ecoesquemas (podes descargar o texto completo en castelán na icona que atoparás no remata da páxina).
Sabemos que somos algo pesadas con isto da PAC, pero pensade que só no período 2014-2020 o Estado Español recibiu 47.500 millóns de euros de Europa neste concepto. Resulta incomprensible que semellante cantidade de cartos non estea fiscalizada pola sociedade no seu conxunto -especialmente na Galiza, a comunidade máis prexudicada polos criterios vixentes de reparto- pois con eses cartos decidimos sobre algo tan básico como os alimentos que levamos á boca.
Unha fronte de organizacións sociais, ecoloxistas, agrarias e sindicais1, entre as que se atopa o Sindicato Labrego Galego, veñen de iniciar unha campaña de rexeitamento á primeira revisión do Plan Forestal de Galiza (PFG), que se comezará a debater no Parlamento Galego o vindeiro 23 de febreiro.
Santi comezou a traballar moi novo, con tan só 17 anos, sempre en empregos que dunha maneira ou outra dependían do boom inmobiliario, até que tomou a decisión de non volver traballar para ninguén. Non foi doado e tivo que superar a súa falta de experiencia a base de erros, pero hoxe xa asentou con dúas hectáreas de horta repartidas entre as que ten a súa familia en Amedo e as que lle cede a veciñanza en Vilar da Ponte, a parroquia de Cartelle onde vive.
Diversas organizacións ecoloxistas, sindicais e colectivos sociais galegos imos realizar este sábado, 30 de xaneiro, accións de protesta diante de diferentes sedes administrativas do Goberno do Estado e da Xunta de Galicia para denunciar o escurantismo e a falta de participación pública no reparto dos fondos europeos de recuperación Next Generation, que nos vindeiros anos mobilizarán até 750 mil millóns de euros.
Un cento de persoas, entre as que se atopaban boa parte dos homes e mulleres que venden alimentos na feira dominical de Melide, encheron a praza do Convento nunha concentración de protesta para esixir ao goberno municipal a reapertura inmediata do mercado labrego, sempre baixo o cumprimento estrito dos protocolos marcados polas autoridades sanitarias de cara a evitar a expansión da Covid 19.
En vista de que o Concello de Melide é incapaz de sentir a máis mínima empatía pola cidadanía e polos labregos e labregas que dan vida ao mercado alimentario dominical na vila -prohibido unha vez máis coa escusa da Covid-19-, e sabendo que o peche desta forma de compravenda de alimentos incrementa a posibilidade de contaxios entre a poboación, dende o Sindicato Labrego Galego convocamos unha concentración para esixir a súa reapertura inmediata.
O pasado 16 de decembro de 2020 saíu publicada no DOG a exposición pública do proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e proxecto de restauración referentes á solicitude de concesión de explotación mineira Marís 7134, situada no concello de Frades (A Coruña) e promovida pola sociedade Explotación de Rocas Industriales y Minerales, S.A. (Erimsa).
O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar un escrito dirixido á Consellaría de Economía, Empresa e Innovación para que non aplique o Plan Sectorial Eólico de Galicia por ser ilegal ao abeiro da lexislación ambiental actual. Isto é así porque o Plan Eólico vulnera a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de Avaliación Ambiental, que é de rango superior, ao non adaptar o seu articulado a ela.
Na última semana, houbo varios concellos que decretaron unilateralmente o peche dos seus mercados de alimentos labregos (Melide, Cambre...), adoptando unha decisión que, sen dúbida, pode contribuír a incrementar os contaxios.