A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Vella con neno

    O SLG colabora con Solidariedade Interxeracional na atención social a maiores, dependentes e familias do rural

    26 de Maio do 2019 · 

    Co apoio da Xunta e da Consellaría de Política Social a través do 0'7% do IRPF, Solidariedade Interxeracional iniciou unha serie de servizos personalizados de atención domiciliaria e de proximidade para mellorar a calidade de vida das persoas maiores que viven no medio rural a través de programas de envellecemento activo, saudable e aprendizaxe ao longo da vida.

  2. Xornada horta SLG

    Radiografía do sector hortícola galego: Calidade, seguridade alimentaria e apandar prezos baixos

    24 de Maio do 2019 · 

    O 29 de marzo, o Sindicato Labrego Galego organizou unha xornada no Pazo de Tovar (Lourenzá) baixo o título “Retos e oportunidades para a produción de horta na Mariña”, á que asistiron unha trintena de afiliados e afiliadas e na que contamos con representantes de distribuidoras, da Xunta, consultorías técnicas e, como non podía ser doutro xeito, de labregos e labregas.

  3. Conchi Docampo

    Conchi Docampo: "Precisamos un plan integral para que a mocidade poida e queira vivir no rural"

    21 de Maio do 2019 · 

    Conchi Docampo foi das primeiras labregas que, tras denunciar a fiscalidade abusiva sobre as axudas de incorporación, recibiu unha sentenza favorable do Tribunal Superior Administrativo de Galicia. Este foi só un dos atrancos que tivo que superar para poder vivir da terra en Vedra, onde se afincou coa súa parella no ano 2005 para dar vida ao proxecto Burbullas de Sol, centrado na produción de hortalizas e froitas ecolóxicas e do que viven traballando dúas hectáreas de terras e mil metros de invernadoiro.

  4. Tala carballos

    Medio Rural rompe o seu compromiso de crear unha mesa de traballo para os lumes no Consello Forestal de Galicia

    21 de Maio do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego, Amigos da Terra e a Asociación Frouma veñen de rexistrar un escrito no que lle piden á Consellaría de Medio Rural a reformulación do funcionamento do Consello Forestal de Galicia (CFdeG), no que se refire á participación activa dos axentes sociais e sectoriais na elaboración de políticas forestais e de defensa do monte.

  5. Xavier Simón

    Observatorio Eólico de Galicia, unha ferramenta para mudar os resultados da eólica no medio rural

    20 de Maio do 2019 · 

    por Xavier Simón Fernández, coordinador do Observatorio Eólico de Galicia

    O Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), coordinado pola Universidade de Vigo (UV), nace pola vontade decidida da Fundación Juana de Vega (FJV) e a Fundación Isla Couto (FIS) de contribuír á conservación e desenvolvemento do medio rural, á preservación da súa contorna natural e humana e á mellora da súa base económica e das actividades con ela relacionadas. Ambas entidades privadas colaboran con diferentes institucións do País para promover os traballos, iniciativas e experiencias de acción comunitaria, económica e social, requiridos na actual situación de cambio en que vivimos para a pervivencia da nosa identidade colectiva galega nun contexto de maior xustiza social, tamén enerxética.

  6. Fouce 325

    A campaña en demanda de solucións polos danos da fauna salvaxe ou os Dereitos Labregos na portada do Fouce 325

    20 de Maio do 2019 · 

    Agardando que o servizo de Correos no rural estea saturado por mor das eleccións municipais e europeas e que o Fouce 325 poida sofrer atrasos na súa chegada ás casas, adiantámosvos aquí os seus contidos. Destacadas en portada, a campaña para esixir solucións ao problema da fauna salvaxe a entrada de Sonia Vidal no Comité Coordinador da ECVC, a chegada da marca "C'est qui le patron?!” a Galiza ou a lectura pública da Declaración de Dereitos Labregos.

  7. Manifestación Fauna Salvaxe

    Aperfasa, Fruga, Ovica e SLG inician unha campaña para demandar solucións aos danos da fauna salvaxe

    8 de Maio do 2019 · 

    A Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa), Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), Federación Rural Galega (Fruga) e Sindicato Labrego Galego (SLG) reuniron en Compostela, o 8 de maio, varios centos de gandeiros e gandeiras de toda Galiza para reclamar solucións urxentes aos danos provocados pola fauna salvaxe. E fixérono cunha marcha que comezou sobre as 12:00 na Consellaría de Medio Rural, en San Caetano, e transcorreu até a Consellaría de Medio Ambiente, en San Lázaro, para bater potas e tixolas diante da administración competente para ver se así escoita dunha vez por todas unhas demandas que levan anos desoíndo.

  8. Manifestación 8 maio faun a salvaxe

    Aperfasa, Ovica, Fruga e SLG farán marcha-cacerolada en Santiago para pedir solucións aos danos da fauna salvaxe

    29 de Abril do 2019 · 

    A Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa), Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (Ovica), Federación Rural Galega (Fruga) e Sindicato Labrego Galego (SLG) están ultimando os preparativos para realizar unha manifestación de protesta con cacerolada o 8 de maio en Compostela para esixir solucións urxentes para os danos da fauna salvaxe. Ese día, realizarase unha marcha dende os edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano até a sede da Consellaría de Medio Ambiente, en San Lázaro.

  9. Quen é o xefe

    O SLG apoia a presentación na Galiza da marca que está a revolucionar o mercado do leite francés con prezos de 0'39 €

    26 de Abril do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego oficiou hoxe, 25 de abril, como organización anfitrioa na presentación na Galiza do proxecto “C'est qui le patron?! La marque du consommateur / Quen é o xefe?! A marca d@ consumidor/a”, unha iniciativa nacida en Francia na que os consumidores e consumidoras elixen como queren que sexan os alimentos que consumen e remuneran cun prezo xusto aos produtores e produtoras.

  10. Bernardo Tahoces

    A Comisión contra as Minas na Terra Chá pide a dimisión do director xeral de Minas, Bernardo Tahoces

    22 de Abril do 2019 · 

    O 17 de abril, os medios de comunicación sacaban a luz a nova de que o director xeral de Minas, Bernardo Tahoces, deberá declarar como imputado diante da Fiscalía de Medio Ambiente o 2 de maio por presunta prevaricación ambiental. Tahoces terá que declarar por irregularidades denunciadas por Verdegaia na reapertura da Mina de San Finx (Lousame) tales como carecer de DIA (declaración de impacto ambiental) etc.

  1. Anterior
  2. 1
  3. 2
  4. 3
  5. 4
  6. 5
  7. 6
  8. 7
  9. Seguinte

Arquivo