A Soberanía Alimentaria, garantía de futuro

Menú Principal

Menú de Destacados

  1. Portada>
  2. Novas

Novas

  1. Quen é o xefe

    O SLG apoia a presentación na Galiza da marca que está a revolucionar o mercado do leite francés con prezos de 0'39 €

    26 de Abril do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego oficiou hoxe, 25 de abril, como organización anfitrioa na presentación na Galiza do proxecto “C'est qui le patron?! La marque du consommateur / Quen é o xefe?! A marca d@ consumidor/a”, unha iniciativa nacida en Francia na que os consumidores e consumidoras elixen como queren que sexan os alimentos que consumen e remuneran cun prezo xusto aos produtores e produtoras.

  2. Bernardo Tahoces

    A Comisión contra as Minas na Terra Chá pide a dimisión do director xeral de Minas, Bernardo Tahoces

    22 de Abril do 2019 · 

    O 17 de abril, os medios de comunicación sacaban a luz a nova de que o director xeral de Minas, Bernardo Tahoces, deberá declarar como imputado diante da Fiscalía de Medio Ambiente o 2 de maio por presunta prevaricación ambiental. Tahoces terá que declarar por irregularidades denunciadas por Verdegaia na reapertura da Mina de San Finx (Lousame) tales como carecer de DIA (declaración de impacto ambiental) etc.

  3. Contraminacción

    IV Encontro de ContraMINAcción: O día que uniu forzas na Galiza a loita contra a minaría destrutiva na Galiza

    11 de Abril do 2019 · 

    A Rede contra a Minaría Destrutiva na Galiza ContraMINAcción desenvolveu, do 15 ao 17 de febreiro, o seu IV Encontro. Nesta ocasión, acudiron representantes de catorce organizacións e plataformas de toda a Península Ibérica que están a enfrontar nos seus respectivos territorios a ameaza, o impacto directo ou as secuelas da actividade mineira. Precisamente, esta pluralidade de voces serviu para tirar varios denominadores comúns que se están a dar nesta loita. Tes unha crónica do encontro que xa publicamos nesta web AQUÍ Agora, compartimos con vós un resume das voces que se puideron escoitar eses días en Compostela.

  4. SLG Asperfasa

    SLG e Aperfasa convocan unha manifestación conxunta o 8 de maio para esixir solucións aos danos da fauna salvaxe

    9 de Abril do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego e a Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aperfasa) fixeron público, o 8 de abril, un acordo de colaboración para demandar solucións aos danos da fauna salvaxe na Galiza e anunciaron unha manifestación conxunta para o día 8 de maio. Desta maneira, o SLG suspende a convocatoria de protestas que tiña prevista para esta mesma semana, o 11 de abril.

  5. Inmoble agrario

    As granxas de Agolada temen quedar outro ano sen bonificación do IBI pola excesiva burocracia

    8 de Abril do 2019 · 

    Despois de que, en 2018, a maioría das granxas agolenses que podían solicitar a bonificación no IBI dos inmobles agrarios quedasen sen a axuda, en 2019 hai moitas que temen que poida acontecer outro tanto. Desta vez, e trala experiencia do ano pasado, as granxas solicitantes prepararon con suficiente antelación todos os documentos esixidos para tramitar a axuda en prazo. Algo nada doado pois, de feito, moitas granxas que podían beneficiarse da bonificación, especialmente aquelas rexentadas por persoas maiores, xa non pasaron o traballo de enlearse neste vía crucis burocrático e renunciaron a facer a solicitude.

  6. Manifestación velutina Ourense

    A Asociación Galega de Apicultura (AGA) convoca protestas en Ourense para esixir solucións á expansión da velutina

    3 de Abril do 2019 · 

    A Asociación Galega de Apicultura (AGA) convocou unha concentración de protesta para o xoves 4 de abril diante da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Ourense. Será ás 11:00 e con ela, unha vez máis, tentará chamar a atención da Consellaría de Medio Ambiente dunha praga que está a ser catastrófica para o sector apícola que se lle foi das mans ás autoridades competentes para controlala: a avespa velutina. De seguido, compartimos con vós os argumentos de AGA para saír á rúa.

  7. Lectura Dereitos Labregos

    O SLG presenta na Galiza a Declaración dos Dereitos Labregos da ONU cunha lectura pública dos seus artigos

    30 de Marzo do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego realizou, o 31 de marzo, unha lectura pública da Declaración dos dereitos dos labregos e das labregas e outras persoas que traballan nas zonas rurais, que foi aprobada definitivamente o 17 de decembro de 2018 pola Asemblea Xeral da ONU en Nova York. O acto tivo lugar no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Compostela, e nel participaron figuras públicas e representantes de organizacións e colectivos destacados na defensa da terra e dos dereitos humanos na Galiza. Cómpre destacar, neste senso, a presenza de Marina dos Santos, dirixente do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra do Brasil (MST).

  8. Sonia Vidal

    Sonia Vidal Lamas escollida para formar parte do Comité Coordinador da Vía Campesina en Europa

    28 de Marzo do 2019 · 

    Sonia Vidal Lamas, gandeira de Xunqueira de Ambía (Ourense) que forma parte da Executiva do Sindicato Labrego Galego, vén de ser escollida para formar parte do Comité Coordinador da Coordinadora Europea da Vía Campesina (European Coordination of Via Campesina-ECVC).

  9. Rolda SLG Fauna Salvaxe

    O SLG e Asperfasa convocan manifestación o 8 de maio para denunciar a indefensión cos ataques da fauna salvaxe

    26 de Marzo do 2019 · 

    O Sindicato Labrego Galego ofreceu, o 25 de marzo, unha rolda de prensa en Lugo para denunciar a indefensión que están a sufrir as granxas de toda Galiza diante dos ataques da fauna salvaxe. Aínda que, inicialmente, puxo o 11 de abril como data para realizar unha manifestación de protesta, acabou chegando a un acordo coa Asociación de Prexudicados pola Fauna Salvaxe (Aprefasa) e, de cara a unir forzas e facer unha convocatoria o máis ampla posible, pospoñeuse a marcha de protesta en Compostela para o 8 de maio.

  10. Fouce 324

    O Fouce 324 tinxe de lilá a súa portada para facer crónica da campaña da Secretaría das Mulleres do SLG polo 8M

    21 de Marzo do 2019 · 

     

    Como non podía ser doutro xeito, o Fouce 324 mudou a súa portada á cor lilá, dedicándolle especial atención á Folga do 8 de marzo e a toda a actividade desenvolvida pola Secretaría das Mulleres do SLG ao redor desta data, dende a campaña de encontros por varias comarcas rurais até o XIV Encontro de Labregas. Ademais, un caderno central de catro páxinas fala polo miúdo do IV Encontro de ContraMINAcción, Xabier Simón fálanos do Observatorio Eólico de Galicia, tratamos en profundidade a sentenza que avala as denuncias do SLG contra a fiscalización abusiva das axudas de incorporación -incluíndo unha entrevista na contraportada a Conchi Docampo ou, coma sempre, traemos a actualidade dos diversos sectores produtivos do noso agro.

    Se queres ler este Fouce 324, podes descargalo na icona que atoparás no remate desta páxina.

  1. Anterior
  2. 2
  3. 3
  4. 4
  5. 5
  6. 6
  7. 7
  8. 8
  9. Seguinte

Arquivo